Alfonso Molina
Alfonso Molina Brandao, nado na Coruña o 15 de maio de 1907 e finado en Río de Xaneiro o 25 de novembro de 1958, foi alcalde da Coruña entre 1947 e 1958.
Homenaxe a Alfonso Molina no porto da Coruña. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1907 A Coruña, España |
Morte | 25 de novembro de 1958 (51 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 28 de novembro de 1958 – Sergio Peñamaría de Llano → Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958 Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
1 de xuño de 1947 – 6 de abril de 1949 ← Eduardo Ozores Arráiz Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde da Coruña | |
1947 – 1958 ← Eduardo Ozores Arráiz – Sergio Peñamaría de Llano → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | Enxeñeiro Político |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarNado nunha das máis coñecidas familias coruñesas, o seu avó Alejandro Brandao fora alcalde e o seu pai (Raimundo Molina) un dos promotores do porto a comezos do século XX.
Enxeñeiro de camiños, canais e portos pola Universidade de Madrid especializouse en Urbanismo. En 1934 obtivo praza de enxeñeiro director de vías e obras da Deputación da Coruña. Iniciada a Guerra Civil foi nomeado presidente da Cámara da Propiedade da Coruña e no 1938 nomeado concelleiro ata 1944. En 1947 foi nomeado alcalde, posto que ocupou ata a súa morte con 51 anos.
No seu mandato como rexedor da Coruña proxectou unha avenida interior, que partise desde a ponte da Pasaxe, subise até Palavea e descendese cara ao río Monelos, e que na Ponte da Pedra se dirixise cara á antiga estación de ferrocarril para ao cabo chegar á praza do Espiño (hoxe praza de Madrid), que se inaugurou co nome de Avenida de Lavedra (deturpación castelanizante do topónimo galego A Vedra[1], correspondente a un antigo lugar polo que pasa a avenida).
A súa morte produciuse durante unha viaxe a Brasil. A chegada do seu cadaleito á cidade foi un acto multitudinario, 100.000 persoas acompañaron o cortexo fúnebre dende o Concello ata o cemiterio de Santo Amaro[2]. Inmediatamente despois da súa morte, foi homenaxeado a título póstumo coa Gran Cruz de Beneficencia e máis coa Medalla de Ouro da Coruña, foi nomeado Fillo Predilecto da cidade e a Avenida de Lavedra pasou a chamarse Avenida Alfonso Molina[3].
Notas
editar- ↑ Alfonso García López (2009). "Alcalde Alfonso Molina (avenida)". En Espacio Cultura Editores. Calles con historia (en castelán).
Es conocida popularmente como Lavedra, resultado de la castellanización del lugar conocido como A Vedra, que se encontraba entre la Fábrica de Armas y el Barrio de Palavea.
- ↑ ""Avenida de Alfonso Molina: El más peculiar de los alcaldes. La Opinión"". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 06 de outubro de 2012.
- ↑ "Llegan a Madrid los restos del alcalde de La Coruña". El Pueblo Gallego nº 11.534 (en castelán). 27 de novembro de 1958. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfonso Molina |
Ligazóns externas
editar- Necrolóxica de Alfonso Molina en ABC (en PDF) Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
Predecesor: Eduardo Ozores Arráiz |
Alcalde da Coruña 1947 – 1958 |
Sucesor: Sergio Peñamaría de Llano |