Abrir o menú principal

A Rolda de Outeiro[1] é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende a Avenida do Exército, nas proximidades do Porto, ata a Avenida de Gerardo Porto, un tramo do Paseo marítimo.

Rolda de Outeiro
Ronda outeiro a coruna.JPG
Cruzamento coa Av. de Fisterra
TipoloxíaRonda de circunvalación
Dimensións
Lonxitude4,5 km
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioAvenida do Exército
FinAvenida de Gerardo Porto (Paseo marítimo)
LocalidadeA Coruña
Cómo chegar
BusCor5.jpg Cor7.jpg Cor12A.jpg Cor14.jpg Cor20.jpg
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

Índice

HistoriaEditar

A ronda de Outeiro aparece tal como se construíu, dende A Gaiteira ata Labañou, no Plan de 1948 de Jacobo Rodríguez-Losada e Pablo Iglesias Atocha. Este plan supuxo a modificación do proxecto de ordenamento de César Cort (1945), no que se recollían algunhas roldas para a cidade, incluídos algúns tramos da ronda de Outeiro.[2]

O nome de Outeiro deullo o pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do cruzamento da Ronda coa avenida de Fisterra, o lugar máis alto de toda a estrada.[3]

DescriciónEditar

Hoxe en día a Ronda de Outeiro é a rúa máis longa da Coruña. A ronda achega os dous extremos costeiros da cidade pero non estivo rematada ata a construción do polígono dos Rosales en 1994.

Tódalas estradas que entran e saen da cidade da Coruña dan á Ronda de Outeiro o que a fai unha estrada saturada en horario punta. A rede semafórica está controlada e programada en función do número de vehículos que circulan por ela.

NotasEditar

  1. O Concello establece este domingo 23 un dispositivo especial de tráfico pola celebración do maratón Coruña42
  2. González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904. 
  3. Blog. Ronda de Outeiro: La más larga y de costa a costa Arquivado 01 de xullo de 2012 en Wayback Machine. 10 de xullo de 2009 (en castelán).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar