Abrir o menú principal

A Avenida de Oza é unha rúa da cidade da Coruña, que atravesa os barrios da Gaiteira e Os Castros.[1]

Avenida de Oza
Barrioloscastros.JPG
Tipoloxíaavenida
Dimensións
Lonxitude1,78 km
Localización
InicioPraza de Catro Camiños
FinAvenida da Pasaxe
Avenida de Oza (antes General Sanjurjo).002 - A Coruña.JPG

HistoriaEditar

Orixinariamente a rúa formaba parte da estrada da Pasaxe. Coa súa urbanización foi bautizada en dous tramos como avenida de García Prieto, ata a Gaiteira, e de Francisco Ferrer a partir dese punto. En 1936 bautizouse como avenida do general Sanjurjo.[2]

O nome actual lembra o antigo concello de Oza e foi proposto en 2009, chegando a colocarse algunhas placas.[3][4] Finalmente o 5 de abril de 2016 modificouse o nome para cumprir a Lei da memoria histórica.[5]

O 30 de abril de 1987 a sucursal do Banco Pastor da avenida sufriu un atentado terrorista que causou importantes danos materiais, tanto na propia oficina coma nos predios veciños, consecuencia da onda expansiva.[6]

ArquitecturaEditar

Entre os edificios catalogados na avenida de Oza están:[7]

No número 117 da avenida sitúase o antigo concesionario de Citroën, de Andrés Fernández-Albalat Lois (1964), que chegou a ter licenza de derrubamento en 2012.[9][10]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar