Abrir o menú principal

AP-9

autoestrada no oeste de Galicia entre Ferrol e Portugal

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

AP-9
Autoestrada do Atlántico
AP-9.svg
TipoloxíaAutoestrada de peaxe
RedeRede de estradas do Estado
Ruta europea E01 
Dimensións
Lonxitude219,6 km
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioFerrol
FinFronteira con Portugal
Circulación
Velocidade máxima120 km/h

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

Índice

HistoriaEditar

En 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo un investimento duns 1.428 millóns de euros. O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto[1].

O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.

En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón". Ao ano seguinte abríuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra" (1992).

Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene". De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". Ademais, no 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol" e amplióuselle a concesión até o ano 2048.

Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".

DatosEditar

A Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.

En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46 870 000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118 290 000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.

TarifasEditar

 
Resgardo da peaxe.

A tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) é de[2]:

Tarifas  
Categoría Vehículos
1 Motocicletas, turismos, furgóns e furgonetas de 2 eixos e 4 rodas, microbuses de 2 eixos... 20,15
2 Autocares de 2 ou 3 eixos e autocares de 2 eixos con remolque de 1 eixo, camións de 3 eixos e camións de 2 eixos con remolque de 1 eixo, turismos de 2 eixos e 4 rodas con remolque de 1 eixo con roda xemelga... 34,50
3 Camións e autocares de máis de 4 eixos 43,90

TramosEditar

Denominación Tramo Km
AP-9 Ferrol - Intercambiador 37,5
AP-9 A Coruña - Vigo 153,5
AP-9 Teis - Tui 28,6

Zonas libres de peaxeEditar

 
Peaxe á entrada de Santiago de Compostela desde o sur.

Dende o fin da autoestrada en Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene. Dende Sigüeiro ata a saída da SC-20 é a AP-9 e formando parte da circunvalación de Santiago de Compostela.

Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamén pasa a ser AP-9, formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.

Saídas AP-9Editar

Tramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol"Editar

Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
  Guísamo continúa en dirección A Coruña e Santiago de Compostela por  AP-9   AP-9 
  0F   A Coruña
Santiago de Compostela
 AP-9 
  Peaxe de Guísamo
  2F Guísamo  N-VI 
  3F Bergondo - Sada  AC-161 
Ponte da ría de Betanzos (lonxitude 1.050m)
  12F   Miño  AC-154 
     Área de Servizo de Miño
    Túnel de Campolongo 540m
  21F   Cabanas - Pontedeume  N-651   AC-564 
    Túnel de Pedra de Couto 1000m.
  25F (en sentido Ferrol) Fene Sur
  Peaxe de Fene
  27F Fene Norte  N-651 
    Túnel de Sartego 1048m.
  31F Narón - Neda  AC-115 
  34F Freixeiro  AC-115 
  35F   Vilalba
Ferrol
 AG-64 
 FE-13 
  Ferrol continúa por  FE-15    

Tramo AP-9: "A Coruña - Tui"Editar

Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
  A Coruña continúa en dirección Coruña  AC-11   AC-11 
  3  Avenida Alcalde Alfonso Molina 
 Ponte da Pasaxe 
 AC-11 
 AC-12 
  6      Área de Servizo do Burgo
  7 Cambre - Aeroporto de Alvedro  N-550 
  12 (en sentido Coruña) Cambre  AC-214   AC-221 
  15   Ferrol - Pontedeume  AP-9F 
  Peaxe de Guísamo
  16   Madrid - Lugo - Arteixo  A-6 
Área de Descanso de Piadela
     Área de Servizo de Ameixeira
  41 Ordes  AC-524 
  55 (en sentido Portugal) Sigüeiro - Aeroporto da Lavacolla
  Peaxe de Sigüeiro
Área de Descanso de Marantes
  67   Santiago de Compostela
Lugo - Aeroporto da Lavacolla
 SC-20 
 A-54 
  72A  (en sentido Portugal) Ourense
A Estrada
 AP-53 
 AG-56 
  72 Santiago de Compostela
Ourense
 SC-11 
 N-525 
  75   Santiago de Compostela - Milladoiro
Noia
 SC-20 
 AG-56 
  Peaxe de Teo
     Área de Servizo de Compostela
  93 Padrón
Ribeira
 N-550 
 AG-11 
  104 (en sentido Coruña) Ribeira - Catoira
Valga
 PO-100 
 N-550 
  110 Caldas de Reis - Vilagarcía de Arousa  N-640 
     Área de Servizo do Salnes
  119 Sanxenxo - O Grove  AG-41 
  Peaxe de Poio
  129 Pontevedra  PO-531 
  132A   Pontevedra
Ourense
Vigo
 PO-10 
 N-541 
 N-550 
  132B   Marín
Pontevedra
 PO-10 
 PO-12 
Área de Descanso de Bértola
  137 Redondela - Vilaboa  N-550 
  Peaxe de Figueirido
     Área de Servizo de San Simón
  146 Moaña - Cangas  CG-4.1 
  148 (en sentido Coruña) Redondela  N-552 
  151   Vigo - Chapela
Teis
 AP-9V 
 N-552 
  Túnel de Madroa 440m
  Túnel de Candeán 860m
  157 Redondela - Aeroporto de Vigo  N-556 
  159   Vigo - Tui
Madrid - Ourense
 A-55 
 A-52 
  161   Vigo
Nigrán - Baiona
 VG-20 
 AG-57 
  166 Porriño
Vigo - Tui
Ourense

 A-55 
 A-52 
  Peaxe de Porriño
  178   Tui
Vigo - Portugal

 A-55 
  Tui continúa en dirección Portugal por  A-55   A-55 

Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo"Editar

Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
  Continúa en dirección Coruña e Portugal por  AP-9   AP-9 
  0V   A Coruña
Portugal
 AP-9 
  1V (en sentido Vigo) Teis - Chapela  N-552 
  2V (en sentido Vigo)  Avenida Bos Aires  - Aeroporto de Vigo
  4V (en sentido Vigo)  Avenida García Barbón  - Porto de Vigo
  Vigo

Uso do galegoEditar

Malia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes. En 2013 Audasa recibiu 54 denuncias da Garda Civil por rotular en galego os sinais da autoestrada. Estas sancións foron anuladas e o Ministerio de Fomento ordenou que se rotulasen as peaxes da autoestrada en galego, castelán e inglés[3].

Xestión e propiedadeEditar

A AP-9 pertencía á Empresa Nacional de Autopistas (ENA) que en 2003 vendeuna por 1.586 millóns a un consorcio formado por SCH, Caixanova, Caixa Galicia e Caja de Ahorros de Huelva e Sevilla. A AP-9 está xestionada por Audasa (Autopistas del Atlántico SA) con sede na cidade da Coruña, do grupo Itinere. A propiedade da AP-9 foi trocando de mans co tempo sendo propiedade de Kutxa (16,3%), Sacyr (15,5%) e Abanca (3,8%) estando entón valorada en 1.300 millóns de euros. En 2018 Globalvía mercou por 723 millóns de euros o 55,6% de Itinere.[4] Globalvía pertence a fondos de pensións controlados por tres compañías: a canadense USS, a holandesa OPTrust e PGGM, de Reino Unido. En 2019 Liberbank vendeu por 77 millóns de euros o 5,67% a Corsair chegando a ter o 43,6% de Audasa.[5]

Accionistas de Audasa
país compañía % custe
      Globalvía 55,6 % 723 millóns
  Corsair Capital 43,6%

NotasEditar

Véxase taménEditar