Itínere Infraestructuras, S.A. é un dos principais xestores de infraestruturas españois. Posúe actualmente 6 concesións de autoestradas que suman un total de 609 quilómetros.

Itínere Infraestructuras S.A
TipoSociedade Anónima
Fundación1996
LocalizaciónLugo
Persoas claveJuan María Nin (presidente), Javier Pérez Gracia (conselleiro delegado)
IndustriaAutoestradas
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Naceu dentro do grupo Sacyr Vallehermoso en 1996. En 2003 multiplicou os seus activos ao adxudicarse o 100 % da Empresa Nacional de Autopistas e colócase como segunda empresa en número de quilómetros de autoestradas de España.

En xuño de 2009 Citi Infrastructure Parterns lanzou unha oferta pública de adquisición polo 100 %, desprendéndose posteriormente de varias concesións de autoestradas en favor de Abertis, Sacyr e Atlantia.

Concesións editar

As súas concesións concéntranse case todas no norte de España:

Concesionaria Autoestrada Tramos
Autoestradas de Galicia AG-55 A Coruña - Carballo
Autoestradas de Galicia AG-57 Puxeiros - Baiona
Audasa AP-9 Ferrol - Tui
Aucalsa AP-66 Campomanes - León
Audenasa AP-15 Tudela - Irurzun
Acega AP-53 Santiago de Compostela - Alto de San Domingos (Dozón)