Dozón
Coordenadas: 42°35′43″N 8°2′48″O / 42.59528, -8.04667
Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.
Dozón | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | castrense/castreño |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Deza |
Poboación | 1.028 hab. (2022)[2][3] |
Área | 74,2 km²[3] |
Densidade | 13,85 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[4] |
Capital do concello | O Castro |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Adolfo Campos Vázquez (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 6 Outros: UCIN 1 |
Eleccións municipais en Dozón | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 94,37% |
Na rede | |
http://www.dozon.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.
Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m. O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) e A Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e Coto da Lebre (770 m).
Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia. Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século XIX.
DemografíaEditar
Censo total | 1174 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 66 (5,62 %) |
Entre 15 e 64 anos | 669 (56,98 %) |
Maiores de 65 anos | 439 (37,39 %) |
Evolución da poboación no intervalo 2000 - 2013:

Evolución da poboación de Dozón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2750 | 2636 | 2506 | 2492 | 2030 | 1781 | 1744 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
Nun documento do ano 832 hai unha referencia a Dezón, manténdose este topónimo até o século XIII. En 1226 aparece o topónimo actual, nun documento no que Gonzalo Rodríguez subscribe coma primeiro titular o establecemento do arcediagado de Dozón.
No termo municipal está establecido o nacemento do lendario rei Vamba[8] , se ben a tradición oral matiza e sinala que Wamba, era fillo do rei visigodo Recesvinto e dunha das súas criadas, que ao ser expulsada da Corte, veu vivir ao que hoxe coñécese como “Castro Real de Dozón”.[9] Unha vez falecido o fillo lexítimo de Recesvinto, este mandou ós seus cabaleiros a buscar a Wamba, xa maior. Cando chegaron, Wamba estaba arando na terra e negouse a marchar con aqueles homes, se ben tralas presións e as amezas, aquel home aceptou, reinando posteriormente como Wamba.[10]
No século X converteuse en Real Couto de Dozón por iniciativa do rei Sancho I de León e da súa muller, logrando privilexios coma a exención do pago de impostos. O Real Couto foi orixinariamente señorío da abadesa do mosteiro de San Pedro de Dozón, pero máis tarde converteuse en señorío do abade do mosteiro de Oseira, do que aínda se conservan escudos nalgún dos edificios máis senlleiros da bisbarra.
Durante o reinado de Filipe II, Dozón converteuse en Reguengo.
PatrimonioEditar
A vila do Castro aséntase sobre un dos moitos castros fundados na idade de Bronce, dos que aínda se conservan numerosas pegadas. Destacan polo seu bo estado de conservación o castro de San Breixo, en Maceiras, e o de Santa María, na parroquia de Dozón.
Do período da romanización consérvanse as súas pontes e restos dunha calzada cara ás terras de Camba.
A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico do século XII. A igrexa de Santa María de Dozón ten elementos pertencentes ao barroco. Ademais das outras igrexas parroquiais, están as ermidas de San Domingos en Sanguiñedo, a de Santo Amaro e O Pilar, no Sisto, e a da Virxe da Pena de Francia.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Dozón.
Nados en DozónEditar
- Véxase tamén: Categoría:Nados en Dozón.
ParroquiasEditar
Lugares de DozónEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dozón vexa: Lugares de Dozón.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Dozón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 03 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Dozón". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Risco, Vicente (1952). Historia de Galicia. Galaxia. p. 60.
- ↑ Vidal Neira, Antonio. [ttps://historiadeza.wordpress.com/2018/06/23/el-condado-de-deza-en-la-edad-media/ "Historia do Deza na época sueva e visigoda"]. Consultado o 05/08/2022.
- ↑ Vaqueiro, Víctor (1998). Guía da Galicia máxica, mítica e lendaria. p. 300. ISBN 84-8288-205-8.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dozón |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |