Adolfo Campos Panadeiros

empresario e político galego

Adolfo Campos Panadeiros, nado en Dozón o 1 de agosto de 1934 e finado en Santiago de Compostela o 24 de maio de 2021,[1] foi un empresario e político galego, alcalde de Dozón de 1987 a 2020.

Infotaula de personaAdolfo Campos Panadeiros
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1934 Editar o valor em Wikidata
Dozón, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Dozón Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAdolfo Campos Vázquez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Venezuela. Retornou a mediados dos sesenta e instalouse en Lalín, invertendo co seu irmán Ovidio en negocios de hostalería e espectáculos e despois nunha fábrica de pensos. Como empresario foi presidente de Nucamsa e administrador do Matadoiro Comarcal de Deza Lalín, ademais de rexentar unha gasolineira.

Comezou a súa carreira política como concelleiro de Lalín en 1976. Afiliouse á UCD e nas primeiras eleccións democráticas presentouse no segundo posto desa candidatura en Lalín e foi elixido concelleiro. En 1983 encabezou a lista do Partido Galeguista á alcaldía de Dozón que acadou cinco concelleiros, pero non obtivo a maioría. Nas eleccións municipais de 1987 foi o cabeza de lista de Independentes de Dozón, que aínda que só obtivo 3 dos once concelleiros, grazas a unha tripla alianza logrou proclamarse alcalde. Conseguiu a maioría absoluta nas municipais de 1991, xa no Partido Popular. Desde entón revalidou sempre a maioría. Foi condenado por prevaricación en febreiro de 2008 a nove anos de inhabilitación por adoptar unha serie de resolucións contrarias aos dereitos da funcionaria municipal Ana Lois Navaza, que o denunciou por acoso laboral.[2] Logo da apelación de Campos, a Audiencia Provincial declarou en xullo de 2008 a nulidade parcial da sentenza e o reenvío da causa ao Xulgado do Penal para que ditase unha nova resolución.[3]

En novembro de 2015 foi detido no marco da Operación Qatedra,[4] pedindo días despois a súa baixa como militante do PP, e continuando na alcaldía como non adscrito, se ben volveu a encabezala candidatura popular no 2019.

En xuño de 2020 dimitiu de alcalde e de concelleiro, por razóns de saúde, e foi substituído na alcaldía polo seu fillo Adolfo Campos Vázquez. Campos Vázquez xa viña presidindo os plenos municipais uns meses antes, precisamente pola saúde do pai.[5]

O 21 de xullo de 2020 foi condenado pola Audiencia de Pontevedra a dous anos de prisión e o pago dunha multa de 1080 euros como autor do delito continuado de falsidade en documento público. Tamén foron condenados o exsecretario e unha exconcelleira e tesoureira.[6]


Predecesor:
Manuel Crespo Vázquez
  
Alcalde de Dozón
 
1987 - 2020
Sucesor:
Adolfo Campos Vázquez

Vida persoal editar

Casou con María Vázquez Diéguez e foi pai de Adolfo, Mónica e Alejandro Campos Vázquez.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar