Manuel Crespo Vázquez
político galego
Manuel Crespo Vázquez, nado en Dozón en 1902 e finado no Castro o 11 de xaneiro de 2007,[1] foi un político galego, alcalde de Dozón.
Manuel Crespo Vázquez | |
---|---|
Nacemento | 1902 |
Lugar de nacemento | Dozón |
Falecemento | 11 de xaneiro de 2007 |
Lugar de falecemento | O Castro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Concelleiro de Dozón dende 1940.[2] Foi alcalde de Dozón dende principios dos anos 50 até 1987. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse como independente, obtendo a maioría. Nas municipais de 1983 presentouse pola Coalición Popular, volvendo repetir a maioría. Nas eleccións municipais de 1987 arrebatoulle a alcaldía Adolfo Campos Panadeiros o cabeza de lista de Independentes de Dozón, que aínda que só obtivo 3 dos once concelleiros, grazas a unha tripla alianza logrou proclamarse alcalde.
Predecesor: Casiano Galego Rodríguez |
alcalde de Dozón 1950 - 1987 |
Sucesor: Adolfo Campos Panadeiros |