Coalición Popular
coalición electoral española
Coalición Popular foi a marca electoral do pacto entre varios partidos para concorrer xuntos ás eleccións municipais de 1983[1] e eleccións xerais de 1986. A coalición formábana os seguintes partidos:
- Alianza Popular (AP)
- o Partido Demócrata Popular (PDP)
- e Unión Liberal (UL), posteriormente fusionado co Partido Liberal.
Coalición Popular | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Nome curto | CP ![]() | ||
Tipo | coalición electoral ![]() | ||
Ideoloxía política | conservadorismo e democracia cristiá ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1986 ![]() | ||
Disolución | 1989 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Madrid ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Tamén se integraron os partidos de carácter autonómico:
Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne, e obtivo 5 247 677 votos (o 25,97%) e 105 deputados (69 de AP, 21 de PDP, 12 de PL, 2 de UPN e 1 de CdG).
Despois destas eleccións, o Partido Demócrata Popular abandonou a coalición. Logo de concorrer en solitario nas eleccións locais de 1987 ó obter un mal resultado, pasou a denominarse Democracia Cristiá e, liderado por Javier Rupérez, integrouse en 1990 no Partido Popular.