Wamba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Wamba[1] ou Vamba,[2] finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 672 e 680.
Wamba | |
---|---|
Nacemento | 633 |
Lugar de nacemento | Penamacor |
Falecemento | post. 680 e c. 688 |
Lugar de falecemento | Pampliega |
Soterrado | Pampliega e Toledo |
Nacionalidade | Reino visigodo de Toledo |
Relixión | cristianismo niceno |
Ocupación | monarca, guerreiro e monxe cristiano |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
A morte de Recesvinto levou á nobreza a proclamalo rei, a pesar de rexeitar o nomeamento debido á súa avanzada idade. Wamba foi forzado pola nobreza a aceptar o trono na localidade de Gérticos, despois chamada Wamba (situada na actual provincia de Valladolid, a 19 km da capital) na súa honra. Por iniciativa propia esixiu ser coroado en Toledo o 20 de outubro de 672.
Foi o último rei que deu esplendor aos visigodos. Coa súa morte comeza a decadencia. O seu reinado non foi fácil, pois o pasou case enteiramente sufocando as loitas internas da nobreza contra a monarquía, os nobres entre si, os católicos contra os arianos e a poboación hispanorromana contra os visigodos. Ademais tivo que sufocar unha rebelión dos vascóns, e no 672 houbo de enfrontarse a un novo e descoñecido perigo: a invasión de norteafricanos ou árabes, que tentaron pasar á Península por Alxeciras, intento que foi rexeitado polos visigodos.
Crese que o metropolitano de Toledo, Xiao II, interveu na conxura que acabou co poder do rei Wamba. O rei foi enganado e narcotizado e unha vez nese estado, tonsurárono, vestírono cun hábito de monxe e obrigárono a renunciar á coroa no ano 680.
Durante o seu reinado celebrouse o terceiro concilio de Braga.
Notas Editar
- ↑ "Wamba". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2202.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wamba |
Bibliografía Editar
- "Vamba". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos Editar
Predecesor: Recesvinto |
Rei dos visigodos 672-680 |
Sucesor: Ervixio |