Terceiro Concilio de Braga
(Redirección desde «Terceiro concilio de Braga»)
O terceiro concilio de Braga tivo lugar en 675, sendo prelado Leodegisius, e baixo o reinado de Vamba.
Foron promulgados oito decretos, todos eles demandando gran simplicidade e un maior respecto cara á relixión tanto por parte dos fieis como do clero.
Os principais acordos tomados foron:
- Non se debe ofrecer en sacrificio leite ou uvas, senón pan e viño mesturado cun pouco de auga nun cáliz; tampouco se debe ofrecer pan mollado no viño.
- En caso de utilizar os obxectos sagrados para fins profanos, os clérigos deben ser excomungados e os relixiosos privados do seu oficio.
- Os sacerdotes non debían ter muller algunha na súa casa, agás as súas nais.
- Os bispos, mentres leven as reliquias dos mártires en procesión, deben camiñar por si mesmos cara á igrexa, e non ser levados nunha cadeira, por diáconos vestidos de branco.
- Non se deben inflixir castigos corporais aos novos eclesiásticos, abades ou sacerdotes, agás en caso de falta grave.
- Non se deben aceptar doazóns para os santos sacramentos, e os reitores das igrexas non deben pedir aos membros da súa parroquia que traballen nas súas propias granxas. En caso de facelo, deben indemnizar á igrexa polo dano feito.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Concilium Bracarense tertium, texto da Collectio Hispana Gallica Augustodunensis (Biblioteca Vaticana, 1341) (en latín).
- "Councils of Braga", artigo na Catholic Encyclopedia (en inglés).