O Irixo
Coordenadas: 42°30′43″N 8°07′06″O / 42.511944444444, -8.1183333333333
O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).
O Irixo | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | irixence (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Carballiño |
Poboación | 1.366 hab. (2022)[2][3] |
Área | 121 km²[3] |
Densidade | 11,29 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Susana Iglesias Nogueira (XPI[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 2 Outros: XPI: 3 |
Eleccións municipais no Irixo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 91,19% |
Na rede | |
https://irixo.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Boborás.
Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada. Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal. A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista. Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías. Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta. Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.
Hidrografía Editar
No concello hai tres ríos principais: Viñao, Pedriña e Lobagueira. Este último, xunto co seu afluente Redondo, escavaron pequenos vales profundos ao discorrer por terreos abundantes en lousa, mentres que os dous primeiros discorren por solos de granito e formaron os amplos vales de Cusanca e Loureiro.
O río Viñao, citado como Miñao no Catastro de Ensenada, nace na parroquia de San Cosmede de Cusanca, nas altas fontes do Conde, e atravesa o val de Cusanca. No lugar das Campinas recibe as augas de varios regatos procedentes da Cruz da Grade. Recibe os nomes de río Bulgallo en Zacarade e da Ponte de Xoán Loro en Carballal. Desemboca no río Avia.
O río Pedriña ou das Fontes nace nas fontes dos lugares de Amieiros, Lousado e Valduíde, todos da parroquia de Loureiro, na aba sur dos montes da Madanela. Desemboca no río Arenteiro logo de atravesar as parroquias de Cangues e Corneda. No seu curso hai numerosos muíños.
O río Lobagueira é afluente do Viñao, e nace no monte Testeiro, xunto cos seus afluentes o Redondo e o Froufe. Cruzan as parroquias de Espiñeira, Froufe e Parada de Labiote.
Historicamente houbo rateos das augas para o regadío, conservándose documentación da repartición das augas da parroquia de Loureiro de 1854.
Demografía Editar
A poboación do concello está diseminada en pequenas comunidades rurais, abranguendo 108 aldeas, xeralmente nas zonas máis baixas e a carón dos ríos e das principais vías de comunicación. O Irixo é un dos concellos máis avellentados de Galicia:
Censo total | 1.600 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 74 (4.62 %) |
Entre 15 e 64 anos | 732 (45.75 %) |
Maiores de 65 anos | 794 (49.62 %) |

Evolución da poboación do Irixo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.787 | 6.685 | 6.357 | 4.350 | 2.033 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Acadou a súa maior poboación en 1927 con 6.826 habitantes, manténdose aproximadamente esa cifra até as décadas de 1960-70. A partir de entón houbo un forte descenso poboacional, común ao resto de municipios rurais da comarca, por mor da emigración. Entre 1900 e 1960 esta dirixiuse principalmente cara a América, tanto do sur (a Arxentina, o Brasil, Venezuela e o Uruguai) como en menor medida ao norte (México e os Estados Unidos). Entre 1960 e 1980 a emigración pasou a ser cara países de Europa, principalmente Francia, Alemaña e Suíza. Existiu tamén emigración interior cara ás cidades de Ourense e Vigo, e dentro de España ao País Vasco, Cataluña e Madrid.
Cultura Editar
Patrimonio Editar
A casa do concello tivo a súa sede primeiro nos lugares de Ponte lrixo e As Campinas, os dous na parroquia de Campo. O edificio actual foi construído en 1937 e remodelado en 1996.
Símbolos Editar
O escudo municipal está partido e surmontado por coroa. No campo esquerdo, leva unha arracada en ouro sobre fondo azul. O campo dereito está partido horizontalmente en dous; no campo superior hai un bidueiro na súa cor, lucindo doce ramas -seis por lado- coas follas respectivas en sinople; no campo inferior hai dous torsos de teixugos enfrontados tocándose coas garras dunha das súas patas dianteiras, en sabre. A coroa é de ouro, lucindo diversos esmaltes en goles e sinopie.
A arracada é un pendente de ouro de 18 quilates atopado en 1905 en Grota, entre os lugares do Cardedo e Menaz (parroquia de Campo), conservado no Museo de Pontevedra. O bidueiro fai alusión á súa madeira, pola importancia da artesanía local de zocos e eixos de carros. As doce ramas e as follas respectivas indican as doce parroquias do territorio. O teixugo é un animal representativo do territorio. A coroa alude á antiga xurisdición exercida en parte do territorio polo Conde de Monterrei.
Sendeirismo Editar
O Irixo conta cunha ruta homologada de sendeirismo: o PR-G 189 "Ruta dos castros do Irixo".
É unha ruta sendeirista lineal duns 6 km, entre Irixo de Arriba e Valdesoiro. Discorre polos lugares de Irixo de Arriba, Muíño de Valcobo, Campo da Cruz, Igrexa de Santa Mariña da Cidá, Paredes, Os Casares e Valdesoiro. Unha variante achégase ata o Coto do Castro.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Irixo.
-
Igrexa de Santa María de Campo.
-
Igrexa de Santo Estevo do Cangues.
Parroquias Editar
Lugares do Irixo Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Irixo vexa: Lugares do Irixo.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "O Irixo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "Xuntos e o PSdeG xa gobernan O Irixo após a primeira moción de censura tras o 28-M". Nós Diario. 29 de agosto de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Irixo |