O Regueiro, O Irixo
parroquia civil do concello do Irixo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Regueiro.
San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 28 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe coa parroquia homónima do Regueiro do concello de Boborás.
O Regueiro | |
---|---|
![]() Vista de Candosa. | |
Concello | O Irixo[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°30′38″N 8°13′13″O / 42.51054943, -8.22019318 |
Poboación | 34 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No Diccionario Madoz (1849) aínda non aparece a parroquia constituída como tal, e varias das súas aldeas dependían da parroquia de Parada de Labiote[2].
O Regueiro na literatura popular
editar- Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas [3].
Lugares e parroquias
editarLugares do Regueiro
editarLugares da parroquia do Regueiro no concello do Irixo (Ourense) | |
---|---|
As Antas | Candosa | Cerdeira de Abaixo | Cerdeira de Arriba | Espiñeiros | O Paraño |
Parroquias do Irixo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Madoz, Pascual (1849). "PARADA DE LABIOTE". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XII. Madrid. p. 679.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo.