Abrir o menú principal

San Xoán de Froufe é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 39 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Froufe
Igrexa e paisaxe de Froufe.jpg
Conxunto parroquial de San Xoán e paisaxe de Froufe.
ConcelloO Irixo
Poboación64 hab. (2017)
Entidades de poboación9

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial é de comezos do século XVII, con modificacións posteriores. Nesa época modificouse o templo primitivo medieval, construíndose unha porta lateral. De 1634 é o retablo maior. A igrexa foi ampliada na segunda metade do século XVIII, restaurándose a porta lateral en 1763, construíndose a tribuna en 1765, a cuberta en 1778 e a espadana en 1779. En 1786 construíuse un púlpito, que xa non se conserva. En 1802 reedificouse a sancristía, e en 1811 construíuse o arco que dá acceso á capela maior desde a nave. Xa en 1900 repintouse o retablo maior e colocouse un machón de granito para sostelo. A fachada é lisa con porta de arco de medio punto e espadana rematada en frontón con dous ocos para as campás, construída en 1779.

O retablo maior é de orixe manierista, sendo modificado posteriormente. Ten banco con pinturas manieristas sobre táboa representando temas en relación coa Paixón do Señor, dous corpos e ático. Leva unha talla dun Santo Antón, dunha Inmaculada pisando o dragón infernal e de San Roque. No ático hai unha imaxe de San Xosé e alusión popular ós Evanxelistas Marcos e Lucas nas representacións escultóricas dos extremos. Consérvase o sagrario-expositor primitivo do retablo. O retablo esquerdo é neoclásico, de 1834, coa imaxe da Virxe do Carme. O retablo dereito é barroco, da segunda metade do século XVII.

O 6 de novembro de 1678 foi ratificada de forma solemne a confraría de San Xoán de Froufe. Na entrada do templo hai un cruceiro con pousa de comezos do século XIX. E Subirol hai un peto de ánimas de 1992, cunha pequena imaxe de María Auxilladora.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar