Boborás
Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boborao ou boborés[8].
Boborás | |
---|---|
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | boborao/boborá boborés/boboresa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Carballiño |
Poboación | 2.219 hab. (2022)[2][3] |
Área | 87,8 km²[3] |
Densidade | 25,27 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias[4] |
Capital do concello | Boborás |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Ana Patricia Torres Madureira (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 10 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Boborás | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 74,65% |
Na rede | |
http://boboras.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poboación editar
Censo total | 2510 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 142 (5,66 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1245 (49,6 %) |
Maiores de 65 anos | 1123 (44,74 %) |

Evolución da poboación de Boborás Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
7399 | 7066 | 6919 | 5113 | 3214 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{2022}}} | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía editar
O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia editar
Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Patrimonio histórico e artístico editar
A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
Galería de imaxes editar
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Boborás
-
Pazo de Moldes.
-
Igrexa de Astureses
-
Igrexa de San Martiño da Cameixa
-
Igrexa románica de Moldes
Parroquias editar
Lugares de Boborás editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boborás vexa: Lugares de Boborás.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Boborás".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boborás |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |