Río Arenteiro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arenteiro.
O río Arenteiro é un curso fluvial galego, afluente do río Avia. Nace a unha altura de 840 m na Pena de Francia. Tamén recibe as súas primeiras augas desde riba da aldea da Cabana (no concello de San Cristovo de Cea), un pouco máis abaixo da Pena Bico. Pouco despois para pola aldea de Arenteiriño.
Tipo | curso de auga río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | provincia de Ourense, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España | |||
Localización | río Avia | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
Características | ||||
Dimensións | 33 () km | |||
Tras recibir pola banda esquerda o río Oseira baña a vila do Carballiño. Ao final, desemboca no Avia, na parroquia de Pazos de Arenteiro, Boborás, tras percorrer 33 km en dirección NL-SO. Segundo Edelmiro Bascuas, o hidrónimo Arenteiro procede de Argentarium[1], facendo referencia á prata atopada no curso fluvial.
Notas
editar- ↑ Bascuas, E. (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Verba. Anuario galego de filoloxía. Universidade de Santiago de Compostela. p. 29.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |