San Cristovo de Cea
Coordenadas: 42°28′N 07°58′O / 42.467, -7.967
San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».
San Cristovo de Cea | |
---|---|
Praza do reló e, á dereita, a casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | ceés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Carballiño |
Poboación | 2.042 hab. (2022)[2][3] |
Área | 93,9 km²[3] |
Densidade | 21,75 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 parroquias[4] |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | José Luis Valladares Fernández (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 8 |
Eleccións municipais en San Cristovo de Cea | |
Uso do galego[7] (2014) | |
Galegofalantes | 81,17% |
Na rede | |
https://www.concellodecea.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía Editar
O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.
O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.
O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.
Demografía Editar
Censo total 2014 | 2.418 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 139 (5.75 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.276 (52.77 %) |
Maiores de 65 anos | 1.003 (41.48 %) |

Evolución da poboación de San Cristovo de Cea Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.441 | 6.102 | 6.043 | 5.358 | 2.994 | 2.418 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia Editar
Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.
En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.
Cultura Editar
Toponimia Editar
O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira"[8].
A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.
Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero nese ano pasou a ser chamado San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).[9]
Patrimonio Editar
Patrimonio arquitectónico Editar
Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.
Patrimonio cultural Editar
No concello está o Museo Etnográfico de Liste.
Economía Editar
O concello basea o seu sustento económico no sector primario. As parroquias de Oseira e Vales contan con explotacións leiteiras, e a zona sur do concello ten granxas porcinas, avícolas e de coellos, integradas en COREN. Por outra banda, a agricultura inclúe a recollida do trigo que serve para facer o pan de Cea, con denominación de orixe, habendo máis de 40 fornos de cocción.
A feira local celébrase os días 6 e 22, e o primeiro domingo de xullo celébrase a festa do pan de Cea.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de San Cristovo de Cea.
-
Torres Mosteiro Oseira.
-
Altar Maior Igrexa Abacial de Oseira
-
Monumento ás panadeiras e panadeiros.
-
Placa altimétrica Concello
-
Escudo de San Cristovo de Cea.[10]
-
Paseo pola rúa Calvo Sotelo.
Parroquias Editar
Lugares de San Cristovo de Cea Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Cristovo de Cea vexa: Lugares de San Cristovo de Cea.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "San Cristovo de Cea".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Eleccións 2023". Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Historia. concellodecea.com
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
- ↑ Decreto 296/1989, do 28 de decembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de San Cristovo de Cea (Ourense) Cortado, Primeiro de prata, o penedo de sinople, terragado do mesmo e empinantes. Ó tronco dous osos de sable. Segundo, de azul, cesta de prata e tres -poias- de pan, de ouro, perfiladas de sable. Orla Xeral de prata, cargada da lenda, en letras de azul: Concello de San Cristovo de Cea. Ó timbre coroa real pechada. DOG 13, 18 de xaneiro de 1990 páxina 284.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Cristovo de Cea |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |