Maside
Coordenadas: 42°24′47″N 8°1′27″O / 42.41306, -8.02417
Maside | |
---|---|
![]() ![]() | |
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | masidao - masidá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Carballiño |
Poboación | 2.767 hab. (2018) |
Área | 40,0 km² |
Densidade | 69,18 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias |
Política (2019[2]) | |
Alcalde | José Manuel Iglesias Araújo (PSdeG[3]) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 7 |
Eleccións municipais en Maside | |
Uso do galego[4] (2011) | |
Galegofalantes | 59,83% |
Na rede | |
http://www.concellodemaside.gal/ | |
Maside é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.906 habitantes (3.157 en 2003).
PoboaciónEditar
Censo total 2014 | 2.906 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 282 (9.7 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.597 (54.95 %) |
Maiores de 65 anos | 1.027 (35.34 %) |
Evolución da poboación de Maside Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
6.339 | 5.877 | 5.808 | 5.160 | 3.121 | 3.096 | 2.906 | {{{13}}} | {{{14}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
SituaciónEditar
O concello de Maside é bastante chao. Atópase entre a Serra do Faro e os Montes do Testeiro no oeste e a bacía do río Miño no suroeste, con alturas entre os 200 m e os 500 m coas alturas do Alto do Bolo (544 m), o Pico Piñeiro (443 m) e Amarante (430 m). É de notar a presenza de mananciais de augas termais do parque da Rañoa. O territorio está cuberto por unha superficie forestal moi ampla e a superficie agrícola é moi fértil.
HistoriaEditar
Hai restos castrexos en Piñeiro, Maside e Listanco. Os romanos explotaron a arsenopirita no Puzo do Lago e talvez o ouro (de onde se pensa que se orixinou a lagoa actual).
Na Idade Media Maside pertenceu ao Conde de Ribadavia e a parroquia de Garabás ostentou o título de "vila".
PatrimonioEditar
Pódense ver boas mostras do románico rural de carácter austero (século XIII) nas igrexas de Garabás, Santa Comba de Trevoedo, Santa María de Louredo e, especialmente na de San Tomé de Maside Vello, de fins do século XII. Da mesma época é a ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño, construído probabelmente sobre un romano anterior.
Entre as construcións civís destaca o hórreo de Listanco, o pazo de As condomas, do século XIII, e o pazo de Armeses, en Listanco, do século XIX. O reloxo do concello procede do mosteiro de Oseira.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Maside.
ParroquiasEditar
Lugares de MasideEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Maside vexa: Lugares de Maside.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Maside". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maside |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |