O Carballiño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Coordenadas: 42°25′50″N 8°4′45″O / 42.43056, -8.07917
O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2018 tiña 13.939 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés[8].
O Carballiño | |
---|---|
Casa consistorial do Carballiño | |
Situación | |
Xentilicio[1] | carballiñés/carballiñesa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca do Carballiño |
Poboación | 13.932 hab. (2022)[2][3] |
Área | 54,4 km²[3] |
Densidade | 256,1 hab./km² |
Entidades de poboación | 16 parroquias[4] |
Capital do concello | O Carballiño |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Francisco Fumega Piñeiro (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 9 Outros: ESCO 3 |
Eleccións municipais no Carballiño | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 54,15% |
Na rede | |
http://www.carballino.gal/gl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros curso fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.
DemografíaEditar
O Carballiño é o segundo concello máis poboado da provincia de Ourense.
Censo total | 13 999 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1721 (12,29 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8494 (60,68 %) |
Maiores de 65 anos | 3784 (27,03 %) |

Fonte INE; 1857-2011
Evolución da poboación de O Carballiño Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
8447 | 9274 | 9841 | 11039 | 13226 | 14.114 | 14.145 | 14.246 | 14.355 | 14.123 | 13.999 | 13.913 | 13.854 | 13.939 | 14.027 | 14.089 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, á súa vez dependente do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.
Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios cartos que foron investidos en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos, e introduciuse na vida política liberal da comarca.
A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa vía de alta capacidade AG-53.
CulturaEditar
No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).
FestasEditar
- Festa do polbo - 2º domingo de agosto
- Festas de setembro
DeporteEditar
O club máis importante da cidade é o Carballiño FS que milita na Primeira Nacional "A", a terceira categoría en importancia do fútbol sala español. O Carballiño FS é un dos clubs con máis afluencia de espectadores da categoría.
O Club Deportivo Arenteiro é o club de fútbol da cidade e xoga na Terceira División.
O Sporting Carballiño é o outro club da vila e xoga actualmente na 3ª Autonómica Gr.XIII.
O Carballiño na literatura popularEditar
- O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [9].
- O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [10].
- O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [10].
- Si tu víra-lo que eu vin/ na feira do Carballiño,/ vinte cinco xastres xuntos/ bebendo un neto de viño [11].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Carballiño.
ParroquiasEditar
Lugares do CarballiñoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Carballiño vexa: Lugares do Carballiño.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "O Carballiño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "O Carballiño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Gran Enciclopedia Galega: s. v. arrieiro.
- ↑ 10,0 10,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Si tu vira lo que vin/ na feyra do Carballiño,/ vinte cinco xastres juntos/ bebend'un neto de viño.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Carballiño |