Primeira Federación
A Primeira Federación de España é a terceira categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Chamada inicialmente Primeira División RFEF, foi introducida en 2021 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Segunda División RFEF.[1] A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol, da que toma o nome. A súa condición é semiprofesional e, a pesar de non ser membro da LFP, gran parte dos seus clubs teñen unha organización profesional.[2]
Nome na lingua orixinal | (es) Primera Federación |
---|---|
Tipo | liga de fútbol |
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
Parte de | Ligas de fútbol de España |
Liga superior | Segunda División Española |
Liga inferior | Segunda Federación e Segunda Federación |
Número de participantes | 40 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 2021 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | rfef.es… |
Historia
editarEn 2020 a Real Federación Española de Fútbol anunciou unha restruturación do sistema de ligas español, coa creación dunha nova categoría semiprofesional, a Primera División RFEF, situada xusto por debaixo da Segunda División e por riba da Segunda DIvisión B, que á súa vez pasou a denominarse Segunda División RFEF.[1]
Dos 40 equipos participantes na primeira tempada da competición (2021/22), catro accederon ao descender directamente da Segunda División 2020/21 e 36 ascenderon da antiga Segunda División B, despois da disputa da correspondente fase de ascenso.[3] O Racing de Santander e o Andorra foron os dous primeiros campións dos correspondentes grupos 1 e 2, sendo o club cántabro o primeiro campión absoluto, tras derrotar na final de campións ao equipo andorrano.[4]
A partir da tempada 2022/23 a competición mudou de nome, pasando a denominarse Primeira Federación.[5]
Sistema de competición
editarA Primeira Federación está formada por un total de 40 clubs divididos en dous grupos de 20 equipos distribuídos por proximidade xeográfica. O sistema de competición é o mesmo que nas outras categorías do sistema de ligas do país. Celébrase anualmente, comezando a principios de setembro e rematando en xuño do ano seguinte.
Os vinte equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de trinta e oito xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.
Ao final da tempada, un número de equipos por determinar, entre os que acumulan máis puntos en cada grupo, excluíndo os equipos filiais, clasifícanse para a próxima edición da Copa do Rei.
Ascensos e descensos de categoría
editarDúas das prazas de ascenso quedan reservadas para os campións de cada un dos grupos, mentres que as outras dúas saen dun playoff disputado polos equipos clasificados do segundo ao quinto posto de cada grupo e durante o cal se xogan dúas eliminatorias nas que as posicións obtidas durante a fase regular determinan os cruces. Neste playoff, as eliminatorias son a dobre partido (excepto na tempada 2021/22 que foron a partido único), con prórroga, pero sen quenda de penaltis (en caso de empate clasifícase o que obtivera a mellor posición na primeira fase) agás nos duelos entre equipos coa mesma posición. durante a fase regular.[6]
Polo que respecta ao descenso, os últimos cinco equipos de cada grupo (do 16º ao 20º), xogarán en Segunda División RFEF na seguinte tempada.
Campión
editarOs equipos clasificados en primeiro lugar en cada un dos dous grupos enfróntanse entre si na final para determinar quen resulta campión da Primeira Federación. O gañador obtén a clasificación directa para a segunda rolda da Copa do Rei, así como o trofeo que o acredita como Campión da Primeira Federación.[7][8][9]
Equipos filiais
editarOs equipos filiais poden participar na Primeira Federación se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior da Liga Española de Fútbol, isto é a Primeira ou Segunda División. Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división ou noutra superior, polo tanto, se un equipo descende a Segunda División e o seu filial gaña o ascenso a esta categoría, o filial debe permanecer necesariamente na Primeira Federación. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Segunda División, agás casos moi excepcionais, non pode xogala se o primeiro equipo xoga nesa categoría. Neste caso, é substituído polo seguinte clasificado do seu grupo que pode ascender. Non será así se o primeiro equipo xoga en Segunda División, clasifica para a fase de ascenso a Primeira División, entra entre os dous primeiros equipos da Segunda División ou mantén opcións matemáticas de estar nunha das dúas situacións anteriores ao momento de comezar as roldas clasificatorias de ascenso.
Esta competición só a pode xogar un segundo filial dun club (ou equipo "C"), se o primeiro equipo participa na Primeira División e, ademais, o primeiro filial (ou "B"), participa na Segunda División.
Historial
editarEn negra, campións absolutos da categoría.
Tempada | Campión Grupo 1 | Campión Grupo 2 | Outros equipos ascendidos | Máximo goleador |
---|---|---|---|---|
2021/22 | Racing de Santander | Andorra | Albacete, Villarreal B | Ferran Jutglà (19) |
2022/23 | Racing de Ferrol | Amorebieta | Alcorcón, Eldense | Rodri (20) |
2023/24 | Deportivo da Coruña | Castellón | Córdoba, Málaga | Pau Víctor (18) |
Palmarés
editarEn negra, campións absolutos da categoría.
Equipo | Campión de grupo | Campión absoluto | Ascensos | Temporadas campión de grupo |
---|---|---|---|---|
Racing de Santander | 1 | 1 | 1 | 2021/22 |
Amorebieta | 1 | 1 | 1 | 2022/23 |
Deportivo da Coruña | 1 | 1 | 1 | 2023/24 |
Andorra | 1 | 0 | 1 | 2021/22 |
Racing de Ferrol | 1 | 0 | 1 | 2022/23 |
Castellón | 1 | 0 | 1 | 2023/24 |
Albacete | 0 | 0 | 1 | - |
Villarreal B | 0 | 0 | 1 | - |
Alcorcón | 0 | 0 | 1 | - |
Eldense | 0 | 0 | 1 | - |
Córdoba | 0 | 0 | 1 | - |
Málaga | 0 | 0 | 1 | - |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ "La Federación desvela el misterio: La nueva Segunda B se denominará Primera División RFEF". ABC (en castelán). 14 de setembro de 2020. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Diario As (ed.). "Así es la nueva y liosa Segunda B explicada a la perfección: grupos ascensos, descensos...". Consultado o 8 de outubro de 2020.
- ↑ "El Racing se convierte en el primer supercampeón de la Primera RFEF". Marca (en castelán). 3 de xuño de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ "Normas reguladoras y bases de competición de Primera Federación" (PDF). Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024.
- ↑ Arés, Ruby (15 de abril de 2021). "Así será el formato de la nueva Primera División RFEF". As (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Real Federación Española de Fútbol. "Normas reguladoras y bases de la competición de Primera Federación. Temporada 2023/2024" (PDF) (en castelán). pp. 39–40. Consultado o 19 de mayo de 2024.
TERCERA. - CONSECUENCIAS CLASIFICATORIAS. I. Campeones. Resultará campeón de Primera Federación el equipo vencedor de la final de campeones que tendrá lugar entre los equipos clasificados en el primer puesto de cada grupo de la fase regular, a doble partido, disputándose el primero de ellos en el terreno de juego del equipo con menor coeficiente. El vencedor obtendrá en propiedad el trofeo de Campeón de Primera Federación, así como la clasificación directa a la segunda eliminatoria del Campeonato de España/Copa de S.M. el Rey en la próxima temporada.
- ↑ Real Federación Española de Fútbol. "Normas reguladoras y bases de la competición de Primera Federación. Temporada 2022/2023" (PDF) (en castelán). p. 32. Consultado o 12 de xuño de 2024.
TERCERA. - CONSECUENCIAS CLASIFICATORIAS. I. Campeones. Resultará campeón de Primera Federación el equipo vencedor de la final de campeones que tendrá lugar entre los equipos clasificados en el primer puesto de cada grupo de la fase regular, a doble partido, disputándose el primero de ellos en el terreno de juego del equipo con menor coeficiente. El vencedor obtendrá en propiedad el trofeo de Campeón de Primera Federación, así como la clasificación directa a la segunda eliminatoria del Campeonato de España/Copa de S.M. el Rey en la próxima temporada.
- ↑ Real Federación Española de Fútbol. "Circular nº 96. Normas reguladoras y bases de la competición de Primera Federación. Temporada 2021/2022" (PDF) (en castelán). p. 31. Consultado o 12 de xuño de 2024.
TERCERA. - CONSECUENCIAS CLASIFICATORIAS. I. Campeones. Resultará campeón de Primera RFEF el equipo vencedor de la final de campeones que tendrá lugar entre los equipos clasificados en el primer puesto de cada grupo, a partido único y en terreno neutral. El vencedor obtendrá en propiedad el trofeo de Campeón de Primera RFEF, así como la clasificación directa a la segunda eliminatoria del Campeonato de España / Copa de S.M. el Rey en la próxima temporada.