Segunda Federación

Cuarta categoría do fútbol masculino en España
Para ver a competición de nome semellante que existía ata 2021, véxase Segunda División B.

A Segunda Federación[1], coñecida tamén como Segunda División RFEF, ou Segunda B - Segunda RFEF[2], é o cuarto nivel do sistema de ligas de fútbol masculino de España. É a categoría posterior á Primeira Federación e anterior á Terceira Federación. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol, e de aí que lle dea nome (RFEF).

Modelo:Competición deportivaSegunda Federación
Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor en Wikidata
Liga superiorPrimeira Federación Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorTerceira Federación Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrfef.es… Editar o valor en Wikidata

Naceu na temporada 2021-22, a partir dos equipos peor clasificados na extinta Segunda división B e dos mellores de Terceira división, na reorganización[3] que xurdiu como consecuencia das dificultades competitivas que trouxo a covid-19 aos equipos semiprofesionais e afeccionados (supresión de descensos, mantemento de ascensos, e polo tanto aumento de equipos nas competicións superiores).

Na temporada 2022-23, a Segunda Federación ten cinco grupos con cadanseus 18 equipos; os equipos galegos atópanse encadrados no primeiro deles, a canda outros doutras comunidades autónomas veciñas. O seu status é semiprofesional.

Sistema de competición

editar

A Segunda Federación dispútana 90 clubs divididos en cinco grupos de 18 equipos, emparellados por proximidade xeográfica. Esa distribución xeográfica faise a cada ano, de maneira que os equipos que se manteñan na categoría dun ano para outro poderán mudar de grupo (e polo tanto de rivais). Todos os anos ascenderán a esta categoría automaticamente os campións de Terceira división e algúns dos mellores clubs desa categoría, que se enfrontarán entre si nunha competición eliminatoria.

Na primeira temporada, os 90 equipos iniciais tiveron a seguinte orixe:

O sistema de competición é o mesmo ca no resto de categorías do sistema de ligas masculinas. Empézase a xogar todos os veráns (a finais, entre agosto e setembro), e remata todas as primaveras do ano seguinte (entre maio e xuño). Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos, dúas veces, unha no campo dun, e outra no campo do outro. En total son 34 xornadas, durante as que non se enfrontan con equipos que estean a xogar en grupos diferentes. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O equipo que vence leva tres puntos, o que empata un, e o que perde ningún.

Na primeira edición, 2021-22, os equipos galegos estiveron encadrados no mesmo grupo ca asturianos, castelán-leoneses e madrileños. Na segunda, 2022-23, por asturianos, cántabros e castelán-leoneses.

Ascenso e descenso de categoría

editar

Ascenderán á Primeira Federación dez equipos. Os campións de cada un dos cinco grupos subirán directamente. Os clasificados do segundo ao quinto de cada grupo (20 equipos) disputarán dúas eliminatorias en sedes neutrais, mesturándose agora si contra os doutros grupos, para determinaren as cinco prazas de ascenso restantes.

Descenderán os cinco últimos de cada grupo (do 14º ao 18º). Os catro peores décimo terceiros disputarán unha eliminatoria, tamén en sede neutral e a un só partido, da que sairán dous equipos que tamén descenderán á Terceira División.

Equipos filiais

editar

Os equipos filiais poden participar en Segunda Federación se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior. Como os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división, establécense as seguintes regras para o ascenso e descenso:

  • se un equipo primeiro descende a Segunda Federación, automaticamente o seu filial descende á Terceira división, aínda que non lle corresponda por postos.
  • se un equipo primeiro compite na Primeira Federación e o seu filial se clasifica en postos que lle darían paso a xogar directamente ou a través de play-off na Primeira Federación, non ascenderá nin xogará play-offs, agás que o primeiro equipo poida ascender a Segunda división ao mesmo tempo.
  • se un equipo primeiro acaba por descender de Segunda división a Primeira Federación, mentres que o filial obtén o ascenso de Segunda federación a Primeira Federación, o filial deberá renunciar ao ascenso conseguido e quedar ba Segunda Federación. Neste caso, substitúeo o seguinte clasificado do seu grupo ou do seu carreiro clasificatorio que si poida ascender.

Palmarés

editar
Club Campión Temporada (grupo)
Pontevedra CF
1
2022 (I)
Osasuna "B"
1
2022 (II)
CD Numancia
1
2022 (III)
Córdoba CF
1
2022 (IV)
CF Intercity
1
2022 (V)


Equipos galegos con participación na Segunda Federación

editar
Club Número de participacións Temporadas
CD Arenteiro
2
2022, 2023
Bergantiños FC
2
2022, 2023
SD Compostela
2
2022, 2023
Coruxo FC
2
2022, 2023
Pontevedra CF
1
2022
Arousa SC
1
2022
Polvorín FC
1
2023
Ourense CF
1
2023
  1. Casas, Tania (2021-07-29). "Tenemos logos oficiales para Primera, Segunda y Tercera RFEF". Footters.com (en castelán). Consultado o 2022-08-30. [Ligazón morta]
  2. "Resultados Segunda B-Segunda RFEF". www.rfef.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-30. 
  3. "Artículo 209. Competiciones oficiales de ámbito estatal." (PDF). RFEF. Reglamento general. Edición Julio 2022. p. 187. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2022. Consultado o 9 de agosto de 2022.  (en castelán)