Polvorín Fútbol Club

equipo de fútbol de Lugo
(Redirección desde «Polvorín FC»)

O Polvorín F. C., anteriormente Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín e tamén coñecido como CD Lugo B, é un club de fútbol galego da cidade de Lugo. Foi fundado en 1991 e trátase do equipo filial do Club Deportivo Lugo. Actualmente compite na Terceira Federación. Leva o seu nome en honra do Club Deportivo Polvorín, equipo que en 1953 se xuntou coa Ximnástica Lucense para fundar o principal equipo da cidade.

Polvorín
NomeSociedade Deportiva e Cultural Polvorín
Fundación1991
EstadioCampo do Ceao,
Lugo, Galiza
PresidenteGalicia Tino Saqués
AdestradorGalicia Dani Galán
Liga3ª RFEF – Grupo 1
2023–2413ª
VestimentaKappa
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
Sitio web oficial
Titular
Alternativo

Historia

editar

A Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín foi fundada no ano 1991, tomando o nome do campo de fútbol situado na Rúa Xosé Novo Freire e do antigo Club Deportivo Polvorín, un dos fundadores do Club Deportivo Lugo xunto coa Ximnástica Lucense. A orixe do club hai que procurala no SDC San Roque, equipo de fútbol que a finais dos anos 80 vivía malos momentos institucionais, con continuos enfrontamentos internos.[1] Debido a esta difícil situación o equipo divídese, e para poder competir nos anos seguintes ten que buscar o amparo do CD Castro (1990-91) e do SCD San Lázaro (1991-92). Con todo, o club quere volver ter unha estrutura propia e, nese contesto, en maio de 1991 inscribese no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia a Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín. O primeiro partido de competición oficial dun equipo da SDeC Polvorín data de setembro de 1992.[1]

Así, Na temporada 1992-93 o Polvorín bota a andar cun equipo xuvenil, un equipo cadete, un equipo infantil e un equipo alevín.[2] Ao ano seguinte a Xunta Directiva, presidida por María Dolores Real, decide a crear un equipo sénior de afeccionados que, co paso do tempo, sería o principal club da entidade. No seu segundo ano de existencia o Polvorín consegue quedar primeiro no seu grupo de Segunda Autonómica, conseguindo o ascenso de categoría. Porén, o equipo non consegue manter a categoría e descende despois de só un ano. Tras uns anos de transición, en 1999 consegue retornar á Primeira Autonómica tras finalizar a campaña en segunda posición. Esta vez a sorte sería distinta e o equipo consegue manter a categoría, mais na temporada 2000-01 descende de novo.[2]

En 2003 dimite o que era presidente do club, Manuel Núñez, poñéndose en perigo a continuidade do equipo. Finalmente un grupo de voluntarios faise cargo do mesmo baixo a presidencia de Elías Veiga. Tras salvarse ao club da desaparición, o Polvorín regresa á Primeira Autonómica en 2005, onde permanece até o ano 2009. Nestes anos consegue chegar ademais a dúas finais da Copa Deputación: a primeira en 2007 fronte á SD Outeiro de Rei, que finalizaría na quenda de penaltis, e a segunda en 2009 fronte o RC Vilalbés no Estadio Anxo Carro, que remata coa vitoria por 2-0 para os chairegos.[3] Mentres, en 2007, é nomeada nova presidenta do club María del Carmen Télez López. Desde ese momento o club segue a medrar, destacando a creación no ano 2011 da Escola de Fútbol Polvorín. O 13 de agosto de 2015 o club converteuse no filial do Club Deportivo Lugo, que naquel entón competía na Segunda División.[4]

Cadro actual

editar

Xogadores

editar
Datos do 18 de agosto de 2017.
Posto País Xogador
POR   Pablo Cacharrón
POR   Manu Cedrón
POR   Javi Liz
DEF   Juan Bautista
DEF   Pedro López
DEF   Dinarte Pita
DEF   Pablo Rey
DEF   Asier Santalla
MED   Luis Díaz
MED   Marcos González
MED   Giovanni Lunger
Posto País Xogador
MED   Manu Núñez
MED   Agustín Pereira
MED   Dani Renda
MED   Javi Rey
MED   Óscar Rivas
DIA   Manu Calvo
DIA   Fernando Cuadrado
DIA   Dani Escriche
DIA   Coki Jiménez
DIA   Denis López

Temporadas

editar
Temporada Nivel División Posto
1993−94 7 2ª Rex. 10º
1994−95 7 2ª Rex.  
1995−96 6 1ª Aut. 17º  
1996−97 7 2ª Rex.
1997−98 7 2ª Rex.
1998−99 7 2ª Rex.  
1999−00 6 1ª Aut. 11º
2000−01 6 1ª Aut. 16º  
2001−02 7 2ª Rex.
2002−03 7 2ª Rex.
Temporada Nivel División Posto
2003−04 7 2ª Rex.
2004−05 7 2ª Rex.  
2005−06 6 1ª Aut.
2006−07 6 1ª Aut. 12º
2007−08 6 1ª Aut. 11º
2008−09 6 1ª Aut. 17º  
2009−10 7 2ª Rex.
2010−11 7 2ª Rex.
2011−12 7 2ª Rex.  
2012−13 6 1ª Aut. 11º
Temporada Nivel División Posto
2013−14 6 1ª Aut. 16º
2014−15 6 1ª Aut. 13º
2015−16 6 1ª Aut.  
2016−17 5 Preferente
2017−18 5 Preferente  
2018−19 4 10º
2019−20 4 11º
2020−21 4 /
2021−22 5 3ª RFEF  
2022−23 4 2ª RFEF 17º  
2023−24 5 3ª RFEF 13º
2024−25 5 3ª RFEF 13º

Palmarés

editar
  1. 1,0 1,1 "1990-1992. O nacemento do Clube". Polvorín.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "1992-2003. Núñez e Montero". Polvorín.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  3. "2003-2011. Un novo club". Polvorín.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  4. "Sellado el convenio de filialidad CD Lugo – Polvorín FC" (en castelán). 13/08/2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar