Club Deportivo Polvorín

Para o club de fútbol lucense fundado en 1991 véxase: Polvorín Fútbol Club. O Club Deportivo Polvorín foi un equipo de fútbol galego da cidade de Lugo. Fundado en 1946 e desaparecido en 1953 foi o xermolo, xunto coa Sociedade Ximnástica Lucense, do actual Club Deportivo Lugo. Chegou a competir durante dúas temporadas na Terceira División (daquela terceira máxima categoría).

CD Polvorín
NomeClub Deportivo Polvorín
Alcume(s)Polvorín
Fundación1946
Desaparición1953
EstadioOs Miñóns,
Galicia Lugo, Galiza
Na casa

Historia editar

 
Xogador do Polvorín

En pleno apoxeo da Ximnástica Lucense, en 1946 é fundado o Club Deportivo Polvorín,[1] o cal recibía o nome do campo do Polvorín, situado no barrio de Montirón da cidade amurallada. Fundado como equipo para xuntar aos rapaces da cidade, xa pronto comezou a gañar diversos títulos a nivel local e provincial. O Polvorín, que vestía con camisola albivermella e pantalón negro (moi semellante ao uniforme do CD Lugo), xogaba no antigo estadio Anxo Carro (coñecido na época como Os Miñóns).

Entrados os anos 1950[1] o Polvorín remata segundo no Grupo Norte da Primeira Categoría, na que xa xogara a finais da anterior década, chegando a quedar segundo en 1949. Na fase final consegue o ascenso á Terceira División, tan só seis anos despois da súa fundación, tras vencer ao Fabril S.D. da Coruña. Grazas ás súas vitorias o club comezou a chamar a atención dos seareiros lucenses, contando o equipo cada vez con máis popularidade. Con Delio Rodríguez como presidente, o Polvorín mantívose na terceira categoría dúas tempadas máis, 1951-52 e 1952-53, ano no que remataron no sétimo posto. Con todo ese sería o último ano do Polvorín na categoría. Por mor dunha crise institucional e a dimisión do seu presidente, Emilio Núñez faise cargo do club.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Masià, Vicent (2012). "CD Lugo. Orígenes y antecedentes". La Futbolteca. Consultado o 23 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar