Real Club Deportivo Fabril
O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Deportivo B, é un equipo de fútbol galego centenario,[2] filial do Deportivo da Coruña. Fundouse o 21 de febreiro de 1914[3][4][5] e na tempada 2023/24 competirá na Segunda División RFEF, cuarta categoría do fútbol español.
Deportivo Fabril | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Club Deportivo Fabril[1] | |||
Alcume(s) | Fabril Dépor B | |||
Fundación | 21 de febreiro de 1914 (110 anos) | |||
Estadio | O Mundo do Fútbol, Abegondo, Galicia | |||
Inauguración | 2003 | |||
Capacidade | 3.000 | |||
Presidente | Antonio Couceiro | |||
Adestrador | Óscar Gilsanz | |||
Liga | 2ª Federación – Grupo 1 | |||
2022–23 | 1º (3ª – Grupo 1) | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Estrella Galicia | |||
Na rede | ||||
http://www.rcdeportivo.es/gl | ||||
| ||||
Historia
editarO Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro. Nesta etapa, destaca a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.
Durante os anos trinta e corenta, o club participa nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941, é obrigado a eliminar os estranxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.
En 1948, o club asina un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comeza a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista na final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.
A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica.
Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, despois de quedar segundo do seu grupo. Na primeira eliminatoria eliminou á SD Ponferradina, tocándolle como rival para a seguinte eliminatoria a Gimnástica de Torrelavega. O Fabril venceu por 2-1 na Coruña, mentres que en Torrelavega o resultado foi o mesmo pero gañando o equipo cántabro, polo que se tivo que xogar un partido de desempate. Este encontro disputouse dous días despois no Molinón de Xixón e o resultado foi de empate a 2. Xogouse entón un cuarto partido ao día seguinte para desfacer a igualdade e esta vez acabou en derrota do equipo coruñés, despois de que a Gimnástica remontase con dous goles no último minuto a diana inicial de Pito.[6] Ricardo Badás era o adestrador daquel equipo e nel xogaban entre outros Antonio Giráldez, Manolete, Beci e Pellicer.[7]
Foi nese momento cando o Fabril asinou un acordo definitivo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. Ademais nese intre o Fabril, que daquela estaba presidido por José González Dopeso, fusionouse co Deportivo Xuvenil e cambiou as cores da súa vestimenta ao branco e azul.[8][7]
Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador, despois de quedar cuarto na liga e saír vencedor do seu grupo da fase de ascenso, na que conseguiu superar ao Caudal Deportivo, CF Fuenlabrada e SD Almazán. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.
En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo da Coruña B. Na 1993-94 rematou segundo do seu grupo, a un punto do campión, o Bergantiños. Xogou entón a fase de ascenso quedando encadrado nun grupo co Atlético Bembibre, o Club Deportivo Lealtad e o Real Aranjuez, sendo este último o que conseguiu finalmente o ascenso.
Foi na tempada 1994-95 cando o Deportivo B volveu ascender a Segunda B, tras quedar cuarto na liga regular e ser o dominador do seu grupo na fase de ascenso, gañando 4 dos seis partidos que disputou contra os seus rivais, que foron Rayo Majadahonda, Atlético Bembibre e Caudal Deportivo. Ao ano seguinte, na que era a súa segunda tempada na categoría, o equipo acabou no quinto posto, e na edición seguinte, a 1996–97, conseguiu meterse na fase de ascenso, despois de rematar en cuarta posición. Quedou encadrado co Elche, Córdoba e Barakaldo pero só conseguiu gañar dous dos seis partidos. Na 1997–98 xogou de novo a liguiña de ascenso a Segunda División, tras rematar 3º. Enfrontouse ao Recreativo de Huelva, ao Espanyol B e de novo ao Barakaldo, sendo este último o único ao que logrou vencer nun dos encontros.
O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. Xogou dúas novas fases de ascenso nas tempadas 2002-03 e 2003-04, pero non logrou ascender. Tampouco o conseguiu na 2005-06 a pesar de ter sido campión da categoría. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar o CD Anguiano e ó CD Don Benito na fase de ascenso.
Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.
Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División. Xogou unha nova fase de ascenso na 2012-13 sen conseguir subir e na tempada seguinte acabou en 9ª posición. A continuación disputou outras tres promocións nas tres tempadas seguintes, acadando o ascenso na última delas, a 2016-17, na que foi campión e conseguiu vencer ao Club Polideportivo Cacereño no play off.[9]
O 10 de xullo de 2017 o equipo recuperou o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.[10] Na primeira tempada da súa nova etapa en Segunda B, tivo como adestrador a Cristóbal Parralo, e dende outubro a Gustavo Munúa, despois de que Parralo se convertese en adestrador do primeiro equipo. O Fabril rematou ese ano subcampión do seu grupo e disputou a fase de ascenso, pero quedou eliminado na primeira eliminatoria fronte ao Extremadura UD.[11] Foi con todo, o mellor resultado histórico do club.
Na tempada seguinte volveu descender á Terceira División despois dun mal ano no que o club tivo tres adestradores diferentes: Tito Ramallo, Sergio Pellicer e Luisito.[12] Este último continuou na tempada 2019-20 na que o equipo ocupaba a sétima praza cando a liga foi suspendida debido á pandemia por coronavirus.[13]
Nomes do club
editar- Fabril Foot-ball Club (1914–1926)
- Sporting Fabril (1926–1941)
- Fabril Sociedad Deportiva (1941–1964)
- Fabril Deportivo (1964–1993)
- Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993–2017)
- Real Club Deportivo Fabril (2017– )
Estadio
editarO Fabril xoga habitualmente no campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo, con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.
Datos do club
editar- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 11
- Tempadas en 3ª: 50 (Incluída a 2020/21)
- Tempadas en Rexional: 6
- Debut en Segunda B: 1991–92
- Mellor resultado na liga: 2º (2ª B, tempada 2017-18)
- Promocións de ascenso a Segunda: 3 (0 ascensos)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 14 (6 ascensos)
- Clasificación histórica dos equipos filiais: 21º
Historial na liga
editar
|
|
|
|
|
Xogadores
editarCadro actual
editar- Datos do 10 de xaneiro de 2023[14]
|
|
Adestradores
editar- Chacho e Waldo Botana (1948)[15]
- Eduardo Toba (1952-1953)[16]
- Manuel Neira (1953-1959)
- Alfonso Rico (1959-1960)[17][18]
- Enrique Nieto "Henry" (1960)[15]
- Manuel Neira (1961-1963)
- Ricardo Badás (1963-1964)[17]
- Arsenio Iglesias (1967-1970)
- Rodrigo García Vizoso (1970-1971)[19]
- Benito Joanet (1971-1973)
- José López (1976-1977)
- Luis Rodríguez Vaz (1978-1981)[15][20]
- Paco Melo (1988-1993)[21]
- José Manuel Corral (1993-1995)
- Carlos Ballesta (1995–1999)
- José María Blanco Rodríguez (1999–2001)
- Tito Ramallo (2001–2012)
- José Luis Devesa (2012–2014)
- Manuel Mosquera (2014–2016)
- Cristóbal Parralo (2016–2017)
- Rubén Coméndez (interino) (2017)
- Gustavo Munúa (2017–2018)
- Tito Ramallo (2018)
- Sergio Pellicer (2018–2019)
- Luisito (2019–2020)
- Juan Carlos Valerón (2020–2021)
- Óscar Gilsanz (2020–)
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Serie A (2): 1953/54, 1976/77
- Campionato Galego de Afeccionados (1): 1953/54
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 1995/96
- Copa Deputación da Coruña (4): 1994, 1997, 2001, 2019
- Subcampión da Copa Galicia (1): 1963
Torneos estatais
editar- Terceira División (5): 2005–06, 2006–07, 2009–10, 2016–17, 2022–23.
- Subcampión da Segunda División B (1): 2017-18
- Subcampión da Terceira División (6): 1963–64, 1989–90, 1993–94, 1999–00, 2002–03, 2014–15
Torneos amigables
editar- Trofeo Ciudad de Betanzos (2): 2007, 2009
- Torneo Victoria - Memorial Moncho Rivera (2): 2011, 2013
- Trofeo Sporting Sada (1): 2009
- Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
- Trofeo de Vimianzo (1): 2010
- Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010
- Inauguración Campo Novo de Curtis (1): 2010
- Memorial Manolo Martín (1): 2012
- Trofeo President (1): 2013
- Memorial Luis de Carlos (1): 2015
- Memorial Esteban Lareo (1): 2015[22]
- Trofeo Vila de Foz (1): 2015
- Torneo 'tres en uno' en Viveiro (1) 2017
Notas
editar- ↑ Ficha do equipo na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ El Fabril cumple cien años - CanalDeportivo
- ↑ Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. “B” lafutbolteca.com (en castelán)
- ↑ "Cien años de «Fabriquín»" La Voz de Galicia, 23 de febreiro de 2014. (en castelán)
- ↑ Historia do Fabril rcdeportivo.es
- ↑ "2-1: El Fabril perdió en el último minuto". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xuño de 1964. p. 4.
- ↑ 7,0 7,1 "Historia do Fabril". Real Club Deportivo. Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ Deportivo Juvenil y Fabril, dos equipos distintos DEPOR Sport (en castelán)
- ↑ Antelo, Iván (28 de maio de 2017). "Un final de película para el ascenso del Fabril a Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril
- ↑ "El Extremadura se clasifica tras eliminar al Deportivo Fabril, pese a perder por 3-2 en el duelo de vuelta" (en castelán). 27 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ Falcón, Susana (14 de maio de 2020). "Luisito deja de ser entrenador del Fabril" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ Sanz, Miguel (9 de maio de 2020). "Luces y sombras en un curso de transición: Así ha sido la temporada del Fabril" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ Cadro Deportivo Fabril 2022/2023 (en galego)
- ↑ 15,0 15,1 15,2 "Historia del Fabril". geocities.ws. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ "Neira, entrenador del Fabril". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de xaneiro de 1953. p. 4.
- ↑ 17,0 17,1 Pepe Guillín. Depor Sport (2 de xuño de 2010). "El Deportivo B y el Fabril de los años 60". Archived from the original on 13-04-2016. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ Pepe Guillín. Depor Sport (3 de marzo de 2010). "Guillermo, un jugador surgido en el colegio de los Salesianos". Arquivado dende o orixinal o 13-04-2016. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ ""Cortés en el Deportivo"". Historias del Deportivo. Arquivado dende o orixinal o 23-06-2016. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ "Vicente Celeiro". aupadeportivo.com. Arquivado dende o orixinal o 25-06-2016. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ "Cuerpo Técnico". forzadepor.8m.com. Arquivado dende o orixinal o 13-04-2016. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ Galifutbol.com (16 de agosto de 2015). "El Dépor B conquista el Memorial Lareo ante el Silva en un intenso derbi herculino". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2015.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |