Juan Carlos Escotet

economista venezolano

Juan Carlos Escotet Rodríguez, nado en Madrid en 1959, é un banqueiro venezolano de orixe española. Fundador de Banesco, a maior entidade bancaria de Venezuela, é tamén o máximo accionista de Abanca, o banco máis grande de Galicia. Dende outubro de 2024 ocupa tamén a presidencia do Deportivo da Coruña, do que é o propietario de facto a través de Abanca.[1]

Modelo:BiografíaJuan Carlos Escotet
Biografía
Nacemento(es) Juan Carlos Escotet Rodríguez Editar o valor en Wikidata
23 de xullo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Deportivo da Coruña
11 de outubro de 2024 –
← Álvaro García Diéguez
Presidente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCaracas Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Miami
Universidade Católica Andrés Bello (pt) Traducir
University of Miami School of Business Administration (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, banqueiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Católica Andrés Bello (pt) Traducir
Grupo Banesco
Banesco Banco Universal
Abanca Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesMiguel Ángel Escotet, curmán entregue
Michelle Clemente Escotet, sobriña Editar o valor en Wikidata

Facebook: JuanCarlosEscotetRodriguez Twitter: jescotet Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Juan Carlos Escotet, fillo de nai asturiana e pai leonés residente en Asturias,[2] naceu en Madrid en 1959 cando a súa familia xa emigrara desde Asturias a Venezuela. Parte da súa infancia transcorreu en España, onde fixo os seus primeiros estudos, e pasou moitos veráns cos seus tíos en Asturias.[2]

Tras estudar Economía en Venezuela fixo unha Mestría en Ciencias de Xerencia Profesional na Universidade de Miami (Florida). Iniciou a súa vida profesional en 1976, como Corredor Público de Títulos Valores e Asesor de Investimentos,[3] desempeñando tamén altos cargos executivos en diferentes empresas da área financeira até 1991. Neste último ano fundou Banesco Organización Financiera, a través da cal desenvolve Banesco Banco Universal,[4] unha das marcas bancarias máis importantes do sistema bancario venezolano. En 1995 adquire un grupo de seis entidades de aforro e préstamo, que posteriormente fusionou para dar paso á Caja Familia E.A.P., que pasou a ser a primeira entidade de aforro e préstamo do seu país, con máis do 30 % de cota de mercado en dito sector.[5]

En maio de 2000 esa entidade fusiónase co Banco Unión Banco Comercial, 4° banco do sistema bancario venezolano, para dar paso a Unibanca Banco Universal e, con iso, converterse na segunda organización bancaria de Venezuela. Posteriormente Banesco Banco Universal absorbe en proceso de fusión a Unibanca dando como resultado a nova institución denominada Banesco Banco Universal, que ocupa o primeiro lugar do mercado venezolano.[5]

Banesco Organización Financiera inicia a súa presenza internacional a partir de 1992 coa fundación de Banesco Internacional Panamá (Banesco, S.A.). A este sumouse en xaneiro de 2006, BBU Bank, en Miami, Florida, que máis tarde opera tamén en Porto Rico, e a finais dese ano o Grupo iniciou operacións na República Dominicana.[5]

No transcurso deses anos, adicionalmente Escotet exerceu cargos na área financeira, tales como presidente do Comité de Mercadeo da Federación Latinoamericana de Bancos, até 2001, vicepresidente segundo do Consello Bancario Nacional de Venezuela (2002-2003), vicepresidente segundo da Asociación Bancaria Nacional Venezolana de 1996 a 2001, e de membro da Xunta Directiva de Visa Internacional para América Latina e o Caribe desde 2003 a 2007. Desde marzo de 2010 é o presidente da Asociación Bancaria de Venezuela.[5]

Dedícase tanto persoal como profesionalmente á axuda de institucións sen fins de lucro tales como "Fundana", organización benéfica a favor de nenos abandonados, da cal é presidente da Xunta Consultiva, e "Fe y Alegría", organización dedicada á educación de nenos de escasos recursos, entre outras.

Actividades en España e en Galicia

editar

As compañías de Escotet utilizan desde 2007 o paraugas financeiro do Banco de España por varios motivos, entre eles o tratamento do réxime fiscal para as sociedades detentoras de accións e a seguridade xurídica para os seus investimentos noutros países, á marxe das autoridades financeiras venezolanas.[6]

O holding Grupo Banesco en España conta coas participacións en entidades en Panamá, a República Dominicana, os Estados Unidos, Porto Rico e Colombia. Así, desde Madrid controla o 100 % de Banesco Panamá, de Banesco Banco Múltiple (Santo Domingo) e de varias filiais de medios de pago. Nos últimos meses (2013), de forma discreta, o banco presidido por Escotet procedeu a impulsar cambios na súa estrutura societaria en España, coa vista posta en crecer. Así, o grupo procedeu en agosto a constituír Banesco Holding Hispania, froito da integración doutras filiais, entre elas Banesco Holding Latinoamérica, Banesco Corporación Holding Hispania e Banesco Holding Financiero 2. Así mesmo, en marzo, procedeu á fusión do seu holding en España con Banesco Dutch Holding BV, domiciliada en Holanda polas súas grandes vantaxes fiscais. O patrimonio absorbido pola matriz ascendeu a 77 millóns de euros, dos cales 71 millóns pertencían ás participacións de Banesco.[6]

En Galicia

editar

O banco de Escotet procedeu a realizar estas operacións cando xa tiña medio pé en España. De feito, o Banco Etcheverría alcanzou en 2012 un acordo coa entidade venezolana para que se incorporase ao seu accionariado. A entrada do primeiro banco privado de Venezuela incluía a compra do 44,7 % que posuía Novagalicia. Posteriormente, coa saída de parte da familia fundadora, os Etcheverría, Juan Carlos Escotet facíase con máis do 70 % do centenario banco.[6] [7]

Coa súa saída do Etcheverría, Novagalicia iniciaba un novo plan de desinvestimentos segundo os mandatos de Bruxelas e, á súa vez, a entidade con sede en Betanzos aceleraba o seu crecemento na nosa comunidade autónoma coa apertura de 50 oficinas e a creación de ao redor de 200 postos de traballo. Tras a entrada de Banesco, Javier Etcheverría continúa como presidente, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, lidera o novo proxecto, á fronte do seu actual equipo.[6] [7]

O 18 de decembro de 2013, o FROB anunciou a adxudicación da poxa por Novagalicia Banco, ante a sorpresa da maioría dos observadores, que apostaban por un banco español, especialmente La Caixa, ao banco venezolano Banesco, que presentou a oferta como Banco Etcheverría/Grupo Banesco. A adxudicación foi por 1.003 millóns de euros, e sen solicitude de axudas públicas. Banco Etcheverría/Grupo Banesco asumiu o control da entidade galega co compromiso de manter a xestión, a sede e a obra social en Galicia, e o emprego, así como abordar a concesión de novos créditos a familias e PEMEs por un importe superior aos 9.000 millóns de euros.[8]

O 8 de abril de abril de 2014, Banesco, anunciou que, unha vez rematada a compra ao FROB de Novagalicia Banco suprimiría esta marca, que se substituiría por unha nova.[9] O 26 de xuño de 2014, a nova marca Abanca foi presentada en Santiago de Compostela.[10]

Ó día seguinte a marca comercial Novagalicia Banco foi substituída pola marca Abanca.[10]

Está previsto que as oficinas de Banco Etcheverría pasen a operar tamén, nuns meses, baixo a marca Abanca. A marca Banco Etcheverría podería quedar para banca privada a partir do próximo ano.[11]

Distincións

editar
  • Orde "Samán de Aragua" (1993).
  • Orde ao "Mérito del Buen Ciudadano" (1985).
  • Orde "Naranjo Ostty" (1997).
  • Orde "Alberto Adriani" (2002).
  • Orde ao "Mérito Bolsa de Valores de Caracas" (2007).
  1. "Escotet, ratificado como novo presidente do Deportivo". 11 de outubro de 2024. Consultado o 12 de outubro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 El empresario astur-venezolano Juan Carlos Escotet se hace con Novagalicia. Diario La Nueva España, Oviedo, 18/12/2013.
  3. Superintendencia Nacional de Valores. "Asesores de Inversión". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2013. 
  4. Banesco Banco Universal. "Directiva". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Juan Carlos Escotet. Biografía Arquivado 21 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine..
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Un banco antichavista con estructura "durmiente" en España Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. Economía Digital, 18/12/2013.
  7. 7,0 7,1 El Banco Etcheverría anuncia la apertura de 70 oficinas en Galicia La Voz de Galicia, 29/04/2013.
  8. Banco Etcheverría Grupo Banesco ganó subasta de NCG Arquivado 06 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Banesco. 18 de decembro de 2013.
  9. "Banesco suprimirá la marca Novagalicia". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  10. 10,0 10,1 Nace Abanca, «un banco para Galicia»
  11. Banco Etcheverría y Novagalicia Banco serán 'Abanca'

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar