Michelle Clemente Escotet

futbolista venezolana

Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.[1][2]

Infotaula de personaMichelle Clemente Escotet
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Caracas, sendo filla de Gonzalo Clemente e Aurora Escotet.[3] Súa nai é irmá do multimillonario Juan Carlos Escotet, a maior fortuna de Venezuela.[4] Estudou no colexio Humboldt de Caracas, onde practicou varios deportes (fútbol, atletismo, tenis, natación e voleibol), antes de continuar os seus estudos na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill.[3]

Foi internacional coa selección sub-17 de Venezuela, coa que disputou a Copa do Mundo sub-17 de 2010 en Trinidad e Tobago, e coa selección sub-20.[5] En 2017 instalouse xunto ao seu irmán en Galicia. Xestionou negocios de hostalaría na Coruña e fichou polo Deportivo da Coruña Feminino para xogar co seu filial na Liga Galega, logrando o ascenso á Primeira Nacional na tempada 2018/19, na que marcou 8 goles en 23 partidos.[4][6]

En xuño de 2023 converteuse en novo membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña.[7]

Notas editar

  1. De la Cruz, Luis (4 de novembro de 2022). "Juan Carlos Escotet, dueño del Depor, quinto más rico de España". As (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  2. Quintás, Paula (8 de xullo de 2023). "¿Quiénes son los nuevos presidente, secretario y cuatro consejeros del Deportivo?" (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "2012 Women's Soccer Roster" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Portabales, Pablo (7 de xuño de 2020). "Una «Buenasuegra» en la calle Real". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  5. "FIFA U-17 Women's World Cup Trinidad & Tobago 2010". FIFA. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  6. "L.G.F. 1ª DIVISION FEMENINA, GRUPO UNICO". Real Federación Galega de Fútbol. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  7. "Álvaro García Diéguez, Álex Bergantiños García, Carlos Ballesta Edreira, Michelle Clemente Escotet e Vicente Fernández Rodríguez propostos para o Consello do RC Deportivo". 8 de xullo de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar