Abanca

banco galego

Abanca, ABANCA Corporación Bancaria S.A., é un banco con sede en Galicia. Creouse no 2011 tras a "bancarización" da caixa de aforros de NovaCaixaGalicia. Opera nas comunidades autónomas de Galicia e Asturias e noutras partes de España e Portugal. Ten oficinas bancarias no Reino Unido, Francia, Suíza, Brasil, Venezuela, Panamá, México e Estados Unidos. Opera baixo o nome de Abanca dende o 27 de xuño de 2014, substituíndo á anterior marca Novagalicia Banco.[1]

ABANCA Corporación Bancaria S.A.
Abanca logo.svg
TipoSociedade anónima
MatrizABANCA Corporación Bancaria S.A.
Localizaciónr/ Cantón Claudino Pita nº 2. Betanzos, A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveJuan Carlos Escotet
IndustriaBanca
ProdutosServizos financeiros
Beneficio50 784 millóns de euros (activos en 2017)
Na rede
https://www.abanca.com/
Facebook: SomosAbanca Twitter: SomosABANCA Instagram: somosabanca Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

 
Anuncio de Abanca na Coruña.
 
Anuncio de Abanca ó lado da Sede Afundación na Coruña.

En abril de 2014, Banesco, foi o vencedor da poxa de NCG Banco a través de Banco Etcheverría. Pagou 1000 millóns de euros por unha entidade rescatada con 9000 millóns do erario público que nunca foron recuperados.[2]

A empresa anunciou que suprimiría a marca Novagalicia Banco e se substituiría por unha nova.[3] O 26 de xuño de 2014, a nova marca Abanca foi presentada en Santiago de Compostela.[4] O 27 de xuño de 2014, a marca comercial Novagalicia Banco foi substituída pola marca Abanca.[1]

Está previsto que as oficinas de Banco Etcheverría pasen a operar tamén baixo a marca Abanca. A marca Banco Etcheverría podería quedar para banca privada a partir do próximo ano.[5]

CaracterísticasEditar

Abanca é «un nome en galego, para un banco con alma de caixa que nace co obxectivo de merecer servir ós galegos»[6], en palabras de Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco. Co azul e o branco como cores predominantes, a nova marca do banco galego vai acompañada dun lema, "Sentir Común", «que aglutina tódolos valores do novo banco que nace con esta marca: a responsabilidade, a confianza, a calidade, a sinxeleza, a innovación».[4][6]

Desde a súa adquisión o banco non deixou de acumular beneficios,[7] ao tempo que reducia as súas oficinas, deixando sen servizo amplas zonas de Galiza.[8] Desde a súa creación o banco relega o galego a un uso testemuñal.[9] A xunta de Galiza autorizou a empresa a creación dunha universidade privada.[10]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Abanca culmina el cambio de imagen corporativa" La Región, 27/6/2014 (en castelán).
  2. "O venezolano Banesco queda cos restos das caixas galegas". Praza Pública. 2013-12-18. Consultado o 2022-08-25. 
  3. "Banesco suprimirá la marca Novagalicia" finanzasdigital.com 9/4/2014
  4. 4,0 4,1 "Nace Abanca, «un banco para Galicia»" ABC, 26/6/2014 (en castelán).
  5. "Banco Etcheverría y Novagalicia Banco serán 'Abanca'" ileon.com (en castelán).
  6. 6,0 6,1 Cita orixinal en castelán, tradución da Galipedia.
  7. Diario, Nós (2022-02-02). "Abanca gañou 323,3 millóns de euros en 2021 e recupera valores previos á Covid". Nós Diario. Consultado o 2022-08-25. 
  8. Diario, Nós (2021-11-04). "Abanca fechou medio cento de sucursais na Galiza no último ano". Nós Diario. Consultado o 2022-08-25. 
  9. "Abanca e o galego". Praza Pública. 2015-01-04. Consultado o 2022-08-25. 
  10. Diario, Nós (2021-07-13). "A universidade de Abanca supera o seu último trámite". Nós Diario. Consultado o 2022-08-25. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar