NCG Banco, S.A. é a primeira entidade financeira de orixe galega xurdida o 14 de setembro de 2011 como resultado do proceso de segregación[1] do negocio bancario de Novacaixagalicia.

Cuns activos por un valor de 70.269 millóns de euros, 5.946 profesionais, 2,7 millóns de clientes e unha estrutura composta por 919 oficinas en todo o territorio español e once países de Europa e América,[2] NCG Banco, S.A. é matriz dun dos principais grupos financeiros do mercado español.

En Galicia, Asturias e León operou baixo a denominación comercial Novagalicia Banco ata o cambio por ABANCA, e no resto de España como EVO Banco.

Completa a súa estrutura organizativa a Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), responsable da xestión de activos crediticios con debilidades significativas e activos inmobiliarios, e a banca grosista para operacións en mercados financeiros.[3]

NCG Banco, S.A. participa ademais no accionariado de máis de 220 sociedades,[4] a través do seu brazo industrial NCG Corporación.

Historia

editar

NCG Banco, S.A. ten a súa orixe na entidade bancaria Novacaixagalicia, nacida da fusión o 1 de decembro de 2010 das caixas de aforro Caixa Galicia e Caixanova. As esixencias formuladas no Real Decreto-lei 2/2011[5] levan á transformación de Novacaixagalicia en banco como vía para facilitar a súa capitalización.

O 14 de setembro de 2011 nace NCG Banco, S.A. Na súa nova etapa, José María Castellano é o presidente executivo da entidade e César González-Bueno Mayer[6] o conselleiro delegado. NCG Banco, S.A. constitúese coma a primeira institución,[7] na historia financeira de Galicia en empregar o galego para outorgar a súa escritura fundacional.[8]

O 10 de outubro de 2011 realiza unha ampliación de capital por 2.465 millóns de euros para dar entrada no seu accionariado ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB II).[9] Os novos fondos súmanse aos 1.714 millóns de patrimonio neto achegado por Novacaixagalicia, resultando un patrimonio neto total de 4.180 millóns de euros, un capital principal de 5.275 millóns de euros e un 10,45% de capital sobre os activos ponderados por risco (APR), cun coeficiente de solvencia do 15,67%.[10]

 
Sucursal en Ourense, de Novagalicia Banco, marca comercial (ata o cambio por ABANCA) de NCG Banco.

O 19 de outubro, lanza a marca comercial Novagalicia Banco, baixo o lema Un novo banco cos clientes de toda a vida.[11] A partir do 14 de novembro comeza a operar con dúas marcas diferenciadas e dous modelos de negocio especializados:[12] Novagalicia Banco, en Galicia e o mercado internacional, e NGB, no resto de España. O cambio estratéxico inclúe a creación de dúas novas unidades de negocio: unha especializada na banca grosista; e unha Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), especializada en activos non estratéxicos.

O 12 de xaneiro de 2012 entran no capital do banco 17 empresarios galegos, a través da compra ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria do 2,59% dos 2.682 millóns de euros do capital. Este queda repartido entre o 90,57% do FROB, o 2,59% dos investidores privados e o 6,84% de Novacaixagalicia.[13]

O 12 de marzo comeza a operar fóra de Galicia baixo a denominación comercial EVO Banco e lanza o seu produto estrela a conta intelixente.[14] Nas súas primeiras catro semanas de lanzamento, a conta intelixente capta 8.290 clientes e 70 millóns de euros.

O 22 de marzo NCG Banco, S.A. convértese na entidade financeira pioneria no sector en utilizar medidas de flexibilidade para optimizar persoal e evitar despedimentos forzosos.[15]

O 12 de xullo de 2012 NCG Banco, S.A. presenta unha campaña de publicidade nos medios de comunicación na que pide perdón[16] aos seus clientes polos erros do pasado.[17]

O 18 de decembro de 2013 culmina o seu proceso de privatización coa venda do  88,33% das súas accións ao Banco Etcheverría/Grupo Banesco.[18]

Marcas bancarias

editar

NCG Banco, S.A. mantén dúas sedes operativas. A sede social e fiscal localízase na A Coruña e a sede institucional e dirección efectiva do negocio en Vigo.

Cadro de persoal

editar

O cadro de persoal da entidade está integrado por 5.946 profesionais.

Oficinas

editar

NCG Banco, S.A. dispón dunha rede de 919 oficinas operativas,[19] repartidas da seguinte manera:

  • España: 900
    • Rede Novagalicia: 680
    • Rede EVO/NGB: 220
  • Estranxeiro: 10
  • Representación estranxeiro: 9

Ademais dispón de 1.494 caixeiros automáticos e 36.913 terminais en punto de venda.

Resultados económicos

editar
conta resultados 1º semestre
(en millóns de euros)
marxe de intereses 430,1
neto comisións 120,1
marxe básica 550,3
dividendos 14,3
neto operación financeiras 101,1
resultado posta equivalencia (41,0)
resto (11,6)
marxe bruto 613,1
gastos explotación (443,9)
provisións e saneamentos (1.638,4)
resto neto (12,6)
resultado atribuído ao grupo (1.339,6)
magnitudes de negocio
1º semestre 2012
(en millóns de euros)
activo total 70.269
carteira de valores 14.241
renda variable 1.778
crédito sobre clientes 45.169
depósitos de clientes 43.984
emisións institucionais 7.008

Accionariado

editar
accionistas capital
Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) 90,57%
Novacaixagalicia 6,84%
Investidores privados 2,59%

Clientes

editar

A base de clientes de NCG Banco, S.A. está formada por 2,7 millóns de persoas, das que 338.000 son empresas e autónomos (datos actualizados a decembro de 2011) e 2.367.051 familias. Durante 2011 incorpóranse 171.271 novos clientes activos. En detalle, a base de clientes repártese do seguinte xeito:

  • Grande empresa: 3.802
  • S. público: 2.597
  • Pemes: 32.098
  • Micropemes e asociacións: 115.698
  • Autónomos: 183.450
  • Familias: 2.367.051

Órganos de goberno

editar

Consello de Administración

editar
conselleiro natureza
José María Castellano presidente executivo
César González-Bueno conselleiro delegado
Roberto Tojeiro independente
Carlos González independente
José Manuel Gabeiras independente
Jaime Trebolle independente
Xabier Alkorta independente
Pilar Cibrán dominical (Novacaixagalicia)
Gonzalo Ortiz dominical (Novacaixagalicia)
FROB dominical
Francisco Serna secretario (non conselleiro)
José Eduardo Álvarez-Naveiro vicesecretario (non conselleiro)

FROB: 1 conselleiro con 2 representantes: José Borrue e José Antonio Portugal

comisións dependentes do consello de administración e presidentes
Comisión executiva José María Castellano
Comisión delegada de riscos Xabier Alkorta
Comisión de nomeamentos e retribucións Jaime Trebolle
Comisión de auditoría e cumprimento Carlos González

Participacións

editar
sector sociedade porcentaxe
Financeiro Banco Gallego 49,84%
Banco Etcheverría 44,73%
Ahorro Corporación 6,38%
Automoción Grupo Copo 21,1%
Seguros Caser 10,31%
Energía CLH 5%
Eólica Galenova 100%
Alimentación Sogevinus 100%
Infraestruturas Itinere 23,76%
Elecnor 5,05%
Téxtil Adolfo Domínguez 5,05%
Grupo Tavex 5%
Turismo NH Hoteles 2,71%
Tecnoloxía Tecnocom 20,05%
Inmobiliaria Quabit 3,19%%
Construción Sacyr Vallehermoso 8,65%
General de Alquiler de Maquinaria 4,95%
Transporte Transmonbús 33,96%
Naval Naviera Elcano 12%
  1. La Voz de Galicia, ed. (15-09-2011). "Castellano se marca un objetivo inicial de 700 millones de inversión para NCG". 
  2. Prensa NCG Banco, ed. (31-08-2012). "NCG Banco acelera a súa adaptación á nova normativa, con saneamentos por 1.638 millóns". 
  3. "Informe Goberno Corporativo 2011. Páxina 29" (pdf). NCG Banco. 
  4. Expansión, ed. (27-02-2012). "NCG Banco cambia a sus consejeros en 130 empresas participadas". 
  5. "Real Decreto-lei 2/2011, de 18 de febreiro, para o reforzamento do sistema financeiro" (pdf). BOE. 
  6. NCG Banco (ed.). "Cargo Consejo Administración". 
  7. NCG Banco (ed.). "Estatutos NCG Banco". 
  8. Prensa NCG Banco (ed.). "NCG Banco, primeiro banco en escriturarse en galego". 
  9. "Informe Goberno Corporativo 2011. Páxina57" (pdf). NCG Banco. 
  10. Prensa NCG Banco (ed.). "Novacaixagalicia alcanza un patrimonio de 4.150 millóns, tras a suscripción de capital do FROB". 
  11. La Voz de Galicia (ed.). "De NCG a Novagalicia Banco". 
  12. La Voz de Galicia (ed.). "Novagalicia sacude su estructura, crea dos marcas y separa los activos tóxicos". 
  13. La Opinión de A Coruña (ed.). "Los 17 empresarios gallegos formalizan su entrada en el capital del banco". 
  14. Cinco Días (ed.). "Novagalicia ya opera fuera de Galicia con la marca EVO Bank". 
  15. ABC (ed.). "NCG cierra su primer acuerdo laboral". 
  16. Europa Press (ed.). "Castellano (NCG) pide perdón por preferentes y por "lo que se hizo mal en la etapa anterior"". 
  17. Web O noso compromiso con Galicia (ed.). "O noso compromiso con Galicia". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2012. 
  18. http://www.cnmv.es/Portal/HR/verDoc.axd?t={b86c06db-bed5-46c6-90ff-cfb98fd4ec62}
  19. Prensa NCG Banco (ed.). "NCG Banco acelera a súa adaptación á nova normativa, con saneamentos por 1.638 millóns". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar