La Región

xornal galego fundado en 1910 e publicado na cidade de Ourense

La Región é un xornal galego en lingua castelá fundado en 1910 e publicado na cidade de Ourense que segue a distribuírse na actualidade.

La Región

Editar o valor en Wikidata
Fundación15 de febreiro de 1910 (114 anos)
LinguaCastelán
ISSN1134-7953
Na rede
http://www.laregion.es/
Twitter: laregion Galiciana: 3965 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Saíu á rúa por primeira vez o 15 de febreiro de 1910. O seu primeiro director foi Manuel Cambón, militar. En 1913 pasou a dirixilo Marcial Ginzo Soto. José Fernández Gallego foi o director de 1930 a 1932. Dende ese ano até 1968 estivo dirixido por Ricardo Outeiriño, e polo seu irmán Alejandro Outeiriño Rodríguez até os anos sesenta. Despois foi presidido por Jose Luis Outeiriño Rodríguez ata a súa morte en 2019.

 
Volumes no Arquivo de Galicia.

Conta con seccións dedicadas ás noticias locais das comarcas de Allariz, Baixa Limia, O Carballiño, Celanova, A Limia, Monterrei, Ourense, O Ribeiro e Valdeorras entre outras. Complétase con seccións centradas no resto de Galicia, España, o estranxeiro, Deportes, Economía, Cultura e Sociedade. Ademais conta con delegacións noutras localidades como Verín, Ribadavia, Santiago de Compostela e Madrid.

Segundo o día da semana inclúe suplementos centrados en distintos temas, por exemplo deportes, motor, educación, pasatempos, agricultura e sociedade.

O actual director é Xose Pastoriza Martínez, e Oscar Outeiriño Vila o seu editor.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar