Luis Suárez Miramontes
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña, no barrio de Montealto, o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán. Trátase do único Balón de Ouro galego e español, premio que acadou en 1960.
Luis Suárez | |||
---|---|---|---|
Suárez en 1962. | |||
Información persoal | |||
Nome | Luis Suárez Miramontes | ||
Nacido | 2 de maio de 1935 (85 anos) | ||
Lugar | A Coruña | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1949–1953 | Fabril | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1953–1954 | Deportivo da Coruña | 17 | (3) |
1954–1955 | España Industrial | ||
1955–1961 | Barcelona | 122 | (61) |
1961–1970 | Internazionale | 256 | (42) |
1970–1973 | Sampdoria | 63 | (9) |
Selección nacional | |||
1957–1972 | España | 32 | (14) |
Adestrador | |||
1975 | Internazionale | ||
1975 | Sampdoria | ||
1975–1976 | SPAL | ||
1976–1977 | Como | ||
1977–1978 | Cagliari | ||
1978–1979 | Deportivo da Coruña | ||
1980–1982 | España sub-21 | ||
1988–1991 | España | ||
1992 | Internazionale | ||
1994 | Albacete | ||
1995 | Internazionale | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Os primeiros pasos no fútbol deunos no Perseverancia, equipo da parrroquia de Santo Tomás pero pronto pasou ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Na tempada 1953–54 pasou a formar parte do primeiro equipo en Primeira División, da man de Carlos Iturraspe. O seu debut produciuse na xornada 12, saíndo de titular na derrota contra o Barcelona a domicilio (6–1). O seu primeiro gol como deportivista chegou dúas xornadas máis tarde, anotando o único tanto do seu equipo nunha nova derrota a domicilio, esta vez contra a Real Sociedad (4–1).
O FC Barcelona fixouse nel, e no ano 1954 ingresou nas filas azulgranas. Nesta época viría o seu maior éxito individual, o Balón de Ouro de 1960, premio que se lle outorga ao mellor xogador europeo segundo a revista France Football. Ó ano seguinte recalou no Inter de Milán, sendo no seu momento a fichaxe máis cara da historia, onde gañou dúas Copas de Europa. Neste club aínda fica ata o día de hoxe formando parte do equipo técnico.
Luis Suárez tamén foi adestrador e seleccionador nacional español, sen poder repetir os éxitos que tivera como xogador.
Palmarés:Editar
Títulos internacionaisEditar
- 2 Copa Intercontinental, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
- 2 Copas de Europa, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
- 2 Copas de Feiras, co FC Barcelona.
Títulos en ItaliaEditar
- 3 campionatos da Serie A, co Inter de Milán, en 1963, 1965 e 1966.
- 1 Copa de Italia, co Inter de Milán, en 1965.
Títulos en EspañaEditar
Distincións individuaisEditar
- 1 Balón de Ouro europeo, 1960.
- 2 Balóns de Prata europeos, 1961 e 1964.
- 1 Balón de Bronce europeo, 1965.
Selección españolaEditar
- 31 veces internacional coa Selección española.
- Campión da Eurocopa coa Selección española no ano 1964.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Suárez Miramontes |
BibliografíaEditar
- Xan Fraga, Luis Suárez, fútbol de seda, Baía Edicións, 2010.