Avenida de Hércules (A Coruña)


A avenida de Hércules é unha rúa da Coruña que recibe o seu nome polo heroe mitolóxico Hércules, construtor lendario da torre homónima. Atravesa o barrio de Monte Alto.

Avenida de Hércules
Casa natal de Luis Suárez.
Tipoloxíaavenida
Dimensións
Lonxitude0,96 km
Localización
InicioRúa da Torre
FinRúa Estrada de Circunvalación

Historia

editar

A zona, que noutrora contou con varios muíños, chámabase As Medas, nome que xa se recolle no Catastro do Marqués de la Ensenada.[1][2] A avenida recibiu a actual denominación en 1929.

Datos de interese

editar

Na avenida de Hércules está localizado o mercado municipal de Monte Alto.[3]

  1. García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4. 
  2. Microtoponimia gallega. Un ejemplo coruñés
  3. "Mercado Municipal de Monte Alto". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016.