Rúa da Torre (A Coruña)

rúa da Coruña


A rúa da Torre é unha rúa da Coruña que recibe o seu nome por ser unha das vías que une o centro da cidade coa Torre de Hércules. Atravesa o barrio de Monte Alto.[1]

Rúa da Torre
Tipoloxíarúa
Dimensións
Lonxitude0,57 km
Localización
InicioCampo da Leña
FinPraza do Parque
Igrexa de San Tomé.

Historia

editar
 
Edificio modernista.

A rúa da Torre xa aparece con este nome na división en cuarteis realizada polo concello en 1835.[2]

Entroido

editar

A rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña[3] e nela ten lugar o desfile de choqueiros.[4][5]

Arquitectura

editar
 
Edificio art déco.

Entre os edificios catalogados na rúa da Torre están:[6]

  • Nº 7-9, 15, 19, 21, 23, 25, 27, 37, 39, 41, edificios tradicionais con galerías da primeira metade do século XX.
  • Nº 24, 26, edificios tradicionais con galerías (1900-1936).
  • Nº 16-18, edificios tradicionais con galerías (1875-1902).
  • Nº 35, 46, edificios racionalistas (década de 1940).
  • Nº 36, edificio modernista (1914).
  • Nº 43, edificio de estilo ecléctico.

O edificio na esquina coa rúa de Miguel Servet é un edificio art déco deseñado por Peregrín Estellés (1931).[7]

  1. La calle Marola será este verano la primera peatonal de Monte Alto
  2. Parroquias por cuarteles
  3. O Entroido, unha "festa intocable" da cidadanía coruñesa
  4. El Carnaval de nuestra juventud
  5. Entroido dos choqueiros Arquivado 23 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia
  6. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  7. Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura art déco en Galicia: el modelo coruñés". Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar