Peregrín Estellés
Peregrín Estellés y Estellés,[2] nado en Valencia o 15 de marzo de 1891 e finado en Madrid en 1981 foi un arquitecto español.
Peregrín Estellés | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1891 |
Lugar de nacemento | Valencia |
Falecemento | 1981 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Mentres estudaba na escola de arquitectura de Madrid coñeceu e estableceu amizade co coruñés Antonio Tenreiro, co que fundou un estudio en Madrid. En 1921 ambos os dous establecéronse na Coruña despois de seren contratados para a construción da sede do Banco Pastor. Tempo despois tamén se estableceu na cidade a irmá da súa esposa, que foi nai da matemática María Wonenburger.[3]
En 1930 ingresou no servizo de valoración urbana do Ministerio de Facenda.
En 1969 volveu a Valencia, mais en 1973 trasladouse a Madrid, onde faleceu.
ObrasEditar
Xunto con Antonio Tenreiro deseñou obras destacadas como a casa Barrié, a casa Bailly ou o Gran Cine de Ortigueira.[4] Tenreiro realizaba o labor creativo, mentres que Estellés traballaba nas estruturas.[5]
GaleríaEditar
Casa Barrié (1926)
Casa Balas, na rúa de Ferrol da Coruña (1933)
Casa de Santiago López, na rúa do Orzán da Coruña (1934)
Casa d’Ortega, na praza de Lugo da Coruña (1934)
NotasEditar
- ↑ Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura art déco en Galicia: el modelo coruñés". Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1).
- ↑ Observatorio
- ↑ Souto Salorio, María José; Tarrío Tobar, Ana Dorotea. María Josefa Wonenburger Planells. Mujer y matemática (en castelán). Consultado o 29-8-2017.
- ↑ Ficha en do.co.mo.mo.
- ↑ Ventureira, Rubén (17 de decembro de 2018). "El dúo que transformó la arquitectura coruñesa". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 29 de agosto de 2017.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Agrasar, Fernando, ed. (2007). Antonio Tenreiro 1893-1972 (en castelán). COAG. ISBN 978-84-96712-08-9.