Casa Barrié
A casa Barrié é un edificio de vivendas de 1926 deseñado polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés no Ensanche da Coruña.
Casa Barrié | |
---|---|
Fachada do edificio. | |
Edificio | |
Localización | Linares Rivas 35-40 15005, A Coruña |
Coordenadas | 43°21′45″N 8°24′20″O / 43.3625, -8.4055555555556 |
Uso(s) | residencial |
Construción | |
Inicio | 1926 |
Remate | 1928 |
Dimensións | |
Plantas | 8 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA casa Barrié localízase nun soar de 1178 m2 do Ensanche da cidade da Coruña. Era propiedade de Pedro Barrié de la Maza e fora rexeitado como localización da sede do Banco Pastor.[1]
O primeiro proxecto de urbanización da parcela foi presentado en 1916 por Rafael González Villar e Leoncio Bescansa. Tratábase dun edificio cun perfil composto con torres e pináculos influído pola arquitectura de Antonio Palacios e semellante á casa Molina do propio González Villar situado no paseo do Parrote. A altura do edificio atrasou a concesión da licenza e paralizou o proxecto.[1]
O segundo proxecto, de estilo ecléctico con influencia da escola de Chicago, foi deseñado por Leoncio Bescansa e presentouse en 1922. Tras lograr autorización para a construción dun edificio de oito andares, obtivo licenza no mes de xuño. No seu momento anunciouse como un novo rañaceos e o maior edificio da cidade.[1][2] Con todo, durante a construción derrubouse o forxado do primeiro andar, provocando a morte a dous obreiros. A influencia de Pedro Barrié fixo que o suceso apenas tivese publicidade.[3][4]
Finalmente Barrié retiroulle o encargo a Bescansa, ofrecéndollo a Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés, que estaban a traballar na sede do Banco Pastor.[4]
A magnitude da intervención influíu en que outros promotores creasen edificios da mesma tipoloxía como a casa Jesús Fernández, de Pedro Mariño.[5]
Descrición
editarA casa Barrié está formada por tres bloques que solucionan a forte inclinación da parcela.[6] O edificio é de estilo ecléctico con reminiscencias francesas e dúas cúpulas nas esquinas.[4][7]
A decoración é pouco naturalista e inclúe elementos xeométricos antecedentes do art déco.[8]
A cúpula tivo que ser demolida e reconstruída en 2014 a causa de problemas construtivos.[9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Agrasar 2007, p. 52
- ↑ ’’La Voz de Galicia’’, 24 de setembro de 1924. Páxina 5
- ↑ ’’La Voz de Galicia’’, 1 de febreiro de 1923. Páxina 5 publicou “Resueltas algunas dificultades surgidas, se reanudarán en breve, con actividad, las obras de la casa de don Pedro Barrié, en la calle de Linares Rivas”.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Agrasar 2007, p. 53
- ↑ "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Louzao Martínez, Francisco Xabier (2015). Historia de la arquitectura en Galicia: del Neoclasicismo a la autarquía (PDF) (en castelán). A Coruña: Universidade da Coruña. p. 175. ISBN 978-84-9749-631-5. Consultado o 12-2-2017.
- ↑ "El dúo que transformó la arquitectura coruñesa". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-12-17. Consultado o 2020-01-03.
- ↑ Agrasar 2007, p. 58
- ↑ El extraño caso de la cúpula que aumenta de volumen
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- Agrasar, Fernando, ed. (2007). Antonio Tenreiro. Obra arquitectónica (en castelán). COAG. ISBN 978-84-96712-08-9.
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. p. 154-155. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
editar- Ficha en Turgalicia