Rúa de Ferrol (A Coruña)
A rúa de Ferrol é unha rúa coruñesa situada no Ensanche da cidade. Nun dos seus laterais está a praza de Galicia co Pazo de Xustiza.
Historia
editarA rúa de Ferrol deseñouse no plan do Primeiro Ensanche (1885) proxectado por Juan de Ciórraga.[1]
Arquitectura
editarNa rúa de Ferrol encóntranse algúns edificios destacados, que fan da beirarrúa dos pares unha das máis coñecidas da cidade:[2]
- Nº 8: edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1904).[3] É un edificio de fachada simétrica de 18 metros de fronte, cun patio de nove metros no fondo e tres pequenos patios centrais no centro. A inscrición da fachada indica que se rematou en 1905.[4]
- Nº 10: edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1906).[5] O propietario do terreo, José María Rivera, escolleu este proxecto en lugar do que realizara Ricardo Boán en 1904.[6]
- Nº 12: edificio modernista de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1913).[3][7]
- Nº 14: edificio modernista de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1926).[3][8]
- Nº 16: edificio de estilo ecléctico de Pedro Mariño (1928) reformado con elementos art déco por Santiago Rey Pedreira (1934).[9][10]
- Nº 18 ("Chalé Escudero"): edificio de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1913), que mestura arquitectura francesa con ornamentacións de estilo vienés.[11][12]
Na outra beirarrúa atópase un lateral do Pazo de Xustiza, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, obra de Julio Galán Carvajal e Antonio Palacios e a "Casa Balas", edificio racionalista de 1933 de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés, que ten a súa fachada principal na rúa do Arcebispo Lago.[3]
No tramo máis próximo á praza de Lugo atópanse un lateral da igrexa de Santa Lucía e unha das fachadas da Casa Cortés, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1918).
Galería
editar-
Detalle do edificio número 12
-
Casa Balas
-
Tribunal Superior visto dende a rúa de Ferrol
-
Casa Cortés
Notas
editar- ↑ Quirós Linares, Francisco. Atlas temático de España. p. 158.
- ↑ Pousa, Luís (29 de marzo de 2015). "A beirarrúa perfecta". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de setembro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 01 de setembro de 2015.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 40-41.
- ↑ Barro Rey, Isabel (2014). "Los intereses domésticos de Julio Galán Carvajal en A Coruña". Res Mobilis 3 (4).
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 48-49.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 104-105.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 158-159.
- ↑ Garrido Moreno, Antonio (1998). "La galería gallega" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (21): 390-391. ISSN 1130-7625. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2015.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 168-169.
- ↑ Garrido Moreno, Antonio (2002). Aproximación a la primera arquitectura déco en Galicia. Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 102-103.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
editar- María Carreiro (ed.). Proyecto 1. Diez lecciones (PDF). Universidade da Coruña. Consultado o 1 de setembro de 2015.