Gennaro Rambone
Gennaro Rambone, nado en Nápoles o 1 de abril de 1935 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 2010, foi un futbolista e adestrador italiano.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1935 Nápoles, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 12 de xuño de 2010 (75 anos) Nápoles, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1967) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNacido no Rione Sanità de Nápoles, militou durante a maior parte da súa carreira na Serie A, xogando como extremo no Catanzaro,[1] no Brescia, no Venezia, na Salernitana e no Matera.[2] Na tempada 1959/60 xogou na Serie A coa camiseta do Napoli, disputando 8 partidos e marcando un gol contra o Bari.[3]
Máis tarde desenvolveu unha carreira como adestrador durante máis de 30 anos, dirixindo numerosos equipos, a maioría deles en categorías modestas.[4] Na Serie B adestrou o Como, o Padova e o Catania, e na campaña 1982/83 foi adestrador xunto con Bruno Pesaola do Napoli, na Serie A.[5] Máis tarde tamén foi preparador físico do Olympique de Marsella.[1]
Despois de deixar os bancos de fútbol, comezou a traballar na televisión, como colaborador no programa deportivo Number Two de Telenapoli 34, e máis tarde na emisión satírica de Rai 2 Artù.
Faleceu o 12 de xuño de 2010, no Hospital Cardarelli de Nápoles, despois de 4 días de hospitalización debido a unha grave insuficiencia respiratoria.[5]
Palmarés
editarComo xogador
editar- Cirio
- Promozione (1): 1952/53.
- IV Serie (1): 1954/55.
- Catanzaro
- Serie C (1): 1958/59.
Como adestrador
editar- Sorrento
- Serie D (1): 1968/69.
- Promozione (1): 1967/68.
- Campobasso
- Promozione (1): 1971/72.
- Catania
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Carratelli, Mimmo (12 de xuño de 2010). "E’ morto Gennaro Rambone" (en italiano). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ "Rambone Gennaro". materacalciostory.it (en italiano). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ "Italy 1959/60". rsssf. (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ "Rambone" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 "Calcio, Napoli: Morto Rambone, salvo' squadra dalla B nell'83" (en italiano). 12 de xuño de 2010. Consultado o 7 de abril de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).