Estadio Santiago Bernabéu
O Estadio Santiago Bernabéu é un recinto deportivo, situado no distrito de Chamartín, ó norte da cidade de Madrid, España. Inaugurouse o 14 de decembro de 1947, sendo propiedade do Real Madrid Club de Fútbol. Ten unha capacidade de 80.354 espectadores[1] e en 2007 o Estadio foi nombrado estadio elite pola UEFA.[2]
Santiago Bernabéu | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Epónimo | Santiago Bernabéu e Real Madrid CF ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Localización | Avda. Concha Espina, 1, 28036; Madrid, España | |||
Rúa | Paseo da Castellana ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 14 de decembro de 1947 | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol España 1982 | ||||
Copa do Mundo FIFA de 2030 (pt) ![]() ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 80.354 espectadores | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Real Madrid CF | |||
Operador | Real Madrid CF ![]() | |||
Ocupante | Real Madrid CF ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Real Madrid CF | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | realmadrid.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO estadio inaugurouse o día 14 de decembro de 1947 nun partido entre o Real Madrid e o CF Os Belenenses de Portugal, baixo o nome de Nuevo Estadio Chamartín. A capacidade do estadio era de 75.145 espectadores, 27.645 sentados e o resto de pé.
O 19 de xuño de 1954 inaugurouse a súa primeira ampliación, aumentando a súa capacidade ata os 125.000 espectadores, creando o estadio máis grande de Europa.
O 4 de xaneiro de 1955 cambiouse o nome polo actual Santiago Bernabéu, en honra ó seu presidente.
Dado que en 1982 acollía a Copa do Mundo de Fútbol, volveuse a remodelar o estadio, mellorando os accesos e a comodidade das localidades, cun investimento de 704 millóns de pesetas. A capacidade do estadio reduciuse de 125.000 a 90.800 espectadores.
A finais da década de 1980, a UEFA aplicou novas normas de seguridade nos estadios, suprimindo as localidades que non tiñan asento, e creando máis accesos. Isto levou a unha nova remodelación cun custo final de máis de 5 millóns de pesetas sen ningunha axuda institucional. As obras finalizaron en 1998, creando unha capacidade final de 75.328 espectadores.
Coa chegada do presidente Florentino Pérez, mellorouse o confort e a calidade do estadio, investindo 127 millóns de euros durante cinco anos. A capacidade actual é de 80.354 espectadores.
Notas
editar- ↑ Sitio web do estadio Arquivado 08 de febreiro de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Nombramento do estadio estadio elite
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Santiago Bernabéu |
Ligazóns externas
editar- Sitio web oficial da FIFA Arquivado 05 de abril de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)
- Sitio web oficial do estadio (en castelán)
- Sitio web oficial do Real Madrid (en castelán)
- Artigo da Revista Oficial da UEFA (en castelán)