Chamartín, Madrid
Chamartín[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 144.796 (2023) (15.780,75 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,1754821246593 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 14 de novembro de 1947 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Chamartín | ||||
• Concelleira presidenta | María Yolanda Estrada Madrid (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28002, 28006, 28016, 28036 y 28046 | ||||
Sitio web | madrid.es… | ||||
Limita polo norte co distrito de Fuencarral-El Pardo, polo leste co distrito de Ciudad Lineal, polo sur co distrito de Salamanca, polo suroeste con Chamberí e polo oeste con Tetuán. Ten unha superficie de 9,2 km² e unha poboación de 144.796 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1947.[3]
Datos históricos
editarDelimitado polo Paseo da Castellana, a M-30 e a A-2 (autovía do Nordeste), dos distritos centrais de Madrid é o que tivo un desenvolvemento máis tardío, xa que ata despois da Guerra Civil soamente o Barrio de la Prosperidad e algunhas colonias de hotelitos daban vida urbana ao Distrito.
Con excepción do Casco Rural de Chamartín de la Rosa, practicamente o resto da área estaba formada: ao norte por grandes leiras da nobreza que posteriormente foron cedidas a ordes relixiosas; ao sur produciuse un pequeno desenvolvemento ao redor do Camino de Hortaleza, ao saltarse, no século XIX, as Rondas.
Se outrora o máis destacado foi a praza e o palacio do Infantado, hoxe éo principalmente a espazosa e funcional estación ferroviaria de Chamartín, asentada no que fose campo santo da vila.
No espazo do antigo municipio localízanse agora unha serie de importantes complexos: o Estadio Santiago Bernabéu, El Viso, Ciudad Jardín, Prosperidad, Hispanoamérica e Nueva España.[4]
Barrios
editarVéxase tamén
editarReferencias
editar- ↑ "Distrito de Chamartín (Madrid)".
- ↑ "Características xerais do distrito de Chamartín".
- ↑ "DECRETO de 14 de noviembre de 1947 por el que se dispone la anexión total del término municipal de Chamartín de la Rosa al de Madrid" (PDF) (en castelán). 13 de decembro de 1947.
- ↑ "Datos históricos do distrito de Chamartín".
- ↑ "Mapa Distrito 5 - Chamartín" (PDF). xuño de 2022.
Bibliografía
editar- Montero Alonso, José; Azorín García, Francisco; Montero Padilla, José (1997). Diccionario de Madrid (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 512. ISBN 9788480410946.
- Martínez Canales, Francisco (2018). LA CREACIÓN DEL GRAN MADRID. ANEXIÓN DE MUNICIPIOS LIMÍTROFES (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 251. ISBN 9788494047374.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chamartín, Madrid |