Florentino Pérez
Florentino Pérez Rodríguez, nado en Madrid o 8 de marzo de 1947, é un enxeñeiro de camiños, empresario español, presidente da empresa construtora ACS e actual presidente do Real Madrid.
Florentino Pérez Rodríguez | |
---|---|
![]() Florentino perez no 2009. | |
Nome completo | Florentino Pérez Rodríguez |
Nacemento | 8 de marzo de 1947 (73 anos) |
Madrid, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid |
Ocupación | Empresario |
Cónxuxe | María Ángeles Sandoval |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Política e empresaEditar
Enxeñeiro titulado pola Universidade Politécnica de Madrid. Exerceu como profesor de Fundamentos Físicos das Técnicas. En 1976 pasou a ser delegado de Servizos de Saneamento e Medio Ambiente do Concello de Madrid.
Ingresou en Unión de Centro Democrático en 1979, sendo elixido concelleiro por Madrid e Director xeral de Infraestruturas de Transporte do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1981 pasou a ser subsecretario do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Cesou en 1982 tras a derrota de UCD nas eleccións xenerais.
Real MadridEditar
O 19 de febreiro de 1995 disputoulle a presidencia do Real Madrid a Ramón Mendoza, quen o derrotou nas eleccións por unha estreita marxe. No 2000 presentouse de novo ás eleccións á presidencia do Real Madrid, derrotando por 16.469 votos contra 13.302 ao daquela presidente Lorenzo Sanz. Foi reelixido en 2004 co 94,2% dos votos.
O 1 de xuño de 2009, Pérez é investido como novo presidente do club ao non presentarse ningún candidato, xa que días antes, Juan Onieva e Eduardo García retiraran as súas candidaturas. Un día despois, o 2 de xuño, presenta a súa primeira fichaxe, o ex-adestrador do Villareal CF Manuel Pellegrini.
Predecesor: Lorenzo Sanz |
Presidente do Real Madrid 2000-2006 |
Sucesor: Fernando Martín Álvarez |
Predecesor: Vicente Boluda |
Presidente do Real Madrid 2009-Actualidade |
Sucesor: No cargo |