Lorenzo Sanz

empresario español

Lorenzo Sanz Mancebo, nado en Madrid o 9 de agosto de 1943 e finado na mesma cidade o 21 de marzo de 2020, foi un empresario español. Exerceu como o 14º presidente do Real Madrid, cargo que ocupou entre 1995 e 2000, e foi tamén propietario do Málaga CF.

Infotaula de personaLorenzo Sanz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lorenzo Sanz Mancebo Editar o valor em Wikidata
9 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 2020 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
14º President of Real Madrid CF (en) Traducir Real Madrid Club de Fútbol
26 de novembro de 1995 – 16 de xullo de 2000
← Ramón MendozaFlorentino Pérez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , real estate developer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFernando Sanz (pt) Traducir, Francisco Sanz Durán (en) Traducir, Lorenzo Sanz Durán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na súa mocidade xogou ao fútbol como porteiro en varios equipos modestos de Madrid, entre eles o Puerta Bonita.[1] Como empresario fixo fortuna no sector inmobiliario e da construción. Estivo vencellado a Fuerza Nueva, partido de extrema dereita do que xestionaba a publicidade.[2]

En 2018 foi condenado a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 1,2 millóns de euros pola ocultación a Facenda de ingresos por valor de 6 millóns de euros.[3]

Presidencia do Real Madrid editar

Foi directivo do Real Madrid de 1985 a 1995. O 26 de novembro de 1995 converteuse no 14º presidente do Real Madrid despois de que Ramón Mendoza se vise obrigado a dimitir polos problemas económicos, sociais e deportivos do club. Sanz intentou darlle a volta ao club fichando estrelas como Davor Šuker e Predrag Mijatović. En 1998 o equipo volveu gañar a Liga de Campións 32 anos despois, e repetiu título no ano 2000.[1]

Tras os dous triunfos na Liga de Campións, Sanz celebrou eleccións anticipadas para a presidencia do club en 2000, pero perdeunas ante Florentino Pérez.[4] En 2006 presentouse unha vez máis ás eleccións para a presidencia do Real Madrid, quedando en cuarto lugar, por detrás de Ramón Calderón, Juan Palacios e Juan Miguel Villar Mir.[5]

En xullo de 2006 comprou o Málaga CF e colocou como presidente ao seu fillo Fernando.[6] Vendeu o club en 2010 a un investidor catarí por un importe de 50 millóns de euros.[7]

Vida persoal editar

Casou con María Luz Durán Muñoz, coa que tivo cinco fillos. O maior deles, Lorenzo, foi xogador de baloncesto e membro do Real Madrid, mentres que Paco e Fernando foron futbolistas, chegando a xogar ambos na Primeira División.[8] A súa filla Malula casou co futbolista galego Míchel Salgado.[1]

Faleceu por COVID-19 na noite do 21 de marzo de 2020 aos 76 anos de idade.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ortego, Enrique (21 de marzo de 2020). "Muere de coronavirus Lorenzo Sanz, el presidente de la Séptima y Octava Copas de Europa del Real Madrid". El País (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  2. "Lorenzo Sanz". El Mundo (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  3. "La Justicia condena a Lorenzo Sanz a tres años de cárcel y una multa de 1,2 millones por fraude". El Mundo (en castelán). 7 de novembro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  4. "Lorenzo Sanz, Who Led Comeback of Real Madrid, Dies at 76". The New York Times (en inglés). 22 de marzo de 2020. ISSN 0362-4331. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  5. "Ramón Calderón gana las elecciones del Real Madrid". Cadena SER (en castelán). 2 de xullo de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  6. "Fernando Sanz se presenta a plantilla del Málaga como nuevo presidente" (en castelán). 1 de agosto de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  7. "Málaga readies itself for top table". El País (en inglés). 2 de agosto de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  8. Miguélez, José (7 de xuño de 1999). "Las confesiones de Paco Sanz" (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 28 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar