Abrir o menú principal

Copa do Mundo de Fútbol

torneo deportivo internacional

A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola Fédération Internationale de Football Association — FIFA. O torneo conta con dúas etapas principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 32 seleccións nun período aproximado dun mes.

Copa do Mundo da FIFA
Trofeocopadelmundoant.png Worldcuptrophy.jpg
Trofeos entregados na historia do torneo (á esquerda a Copa Jules Rimet e á dereita o Trofeo da Copa Mundial de Fútbol)
Fundación1930 (Uruguai 1930)
RexiónAfiliados á FIFA
Equipos32 (na fase final)
204 (total en 2014)
Máis laureadoBrasil Brasil (5 títulos)
Sitio webwww.fifa.com
Actual Rusia 2018

A primeira edición do mundial foi en 1930, coa vitoria da selección anfitrioa, e foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á Segunda Guerra Mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou con máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións. Despois do Brasil en título obtidos, seguen a selección de Italia, con catro, Alemaña, con tres, Arxentina, Uruguai e Francia con dous e, cun só título, Inglaterra e España.

O torneo presenta unha forte dominación dos equipos europeos e suramericanos: os primeiros gañaron o título en 11 ocasións, mentres que os segundos en nove. Ademais tan só dous equipos de outras confederacións xeográficas teñen chegado ás semifinais Estados Unidos en 1930 e Corea do Sur en 2002. Ademais, o Brasil (en 1958 e 2002) e España (en 2010) foron até o momento os únicos equipos que conseguiron gañar fóra do seu continente. A fase final da Copa do Mundo é o evento dunha soa disciplina máis seguido do mundo (a edición de 2002 foi vista por máis de 1.100 millóns de espectadores), e o segundo máis seguido en xeral tan só por detrás dos Xogos Olímpicos de verán.

Índice

HistoriaEditar

As primeiras competicións internacionaisEditar

O primeiro amigable internacional de Fútbol foi xogado en 1872, entre a Inglaterra e Escocia, nun momento en que o deporte era raramente practicado fóra da Gran Bretaña. No final do século XIX o fútbol comezou a gañar máis adeptos, e por iso se tornou en deporte de demostración (sen disputa de medallas) nos Xogos Olímpicos de 1900 e 1904, ata se tornar nunha competición oficial nos Xogos Olímpicos de Verán de 1908. Organizada pola Football Association, era un evento para xogadores non profesionais, e na época non foi considerado unha competición, mais si un mero espectáculo. A selección non profesional da Inglaterra foi a campioa nas dúas edicións, 1908 e 1912.

En 1914 a FIFA recoñeceu o torneo olímpico como unha "competición global de Fútbol non profesional", tomando para si a responsabilidade de organizalo. Con iso na edición de 1924 houbo a primeira disputa de Fútbol intercontinental. O Uruguai foi o campión nas dúas edicións, 1924 e 1928. En 28 de maio de 1928 a FIFA tomou a decisión de facer a competición por separado, non sendo máis un deporte dos de Verán. Para celebrar o centenario da independencia do Uruguai en 1930 foi decidido que a sede da competición sería no país suramericano, no mesmo ano.

A primeira Copa do Mundo oficialEditar

 
O Estádio Centenário, local da primeira final da Copa do Mundo, en 1930, na cidade de Montevideo, Uruguai

Só trece seleccións participaron na primeira Copa, sete da América Latina (o Uruguai, a Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Paraguai e o Perú), catro da Europa (Bélxica, Francia, Iugoslavia e Romanía) e dúas da América do Norte (México e EUA). Moitas seleccións europeas acabaron desistindo da competición debido á longa e cansada viaxe polo Océano Atlántico.

Os dous primeiros xogos da Copa ocorreran simultaneamente, sendo vencidas pola Francia e Estados Unidos, que venceron a México por 4x1 e a Bélxica por 3x0, respectivamente. O primeiro gol en Copas do Mundo foi marcado polo xogador francés Lucien Laurent. A final foi entre o Uruguai e a Arxentina, gañando os uruguaios o xogo por 4x2, no Estadio Centenario, en Montevideo, cun público estimado de 93.000 espectadores. O mellor goleador deste torneo foi o Arxentino Guillermo Stábile.

DesenvolvementoEditar

 
Globo en forma de bóla de Fútbol en Nuremberg, Alemaña, como propaganda do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. O torneo creceu ao longo do tempo ata se tornar a maior competición deportiva do planeta.

Os problemas que atopaban as primeiras edicións do torneo eran as dificultades da época para unha viaxe intercontinental. Nas Copas de 1934 e 1938, xogadas na Europa, houbo unha pequena participación dos países sur-americanos. Só a selección brasileira estivo presente nesas dúas edicións. As edicións de 1942 e 1946 foron canceladas debido á Segunda Guerra Mundial.

O Mundial de Fútbol Brasil 1950 foi o primeiro en ter participantes británicos. Estes retiráranse da FIFA en 1920, por rexeita-lo xogo con países cos que recentemente mantiveron unha guerra e por unha protesta da influencia estranxeira no Fútbol, xa que o deporte era unha "invención" británica e eses países consideraban que o mesmo foi deturpado polo modo de xogar estranxeiro. A pesar disto, eles retornarían a ser membros da FIFA en 1946. O torneo tamén contou coa volta da participación do Uruguai, que boicoteara as dúas edición anteriores.

Nas Copas de 1934 ata 1978 había 16 seleccións clasificadas para a fase final (agás nos raros casos onde desistiron algunhas seleccións ). A maioría era da América Latina e Europa, cunha pequena minoría da África, Asia e Oceanía. Esas seleccións normalmente non pasaban da primeira fase, sendo facilmente derrotadas (coa excepción da Corea do Norte, que chegou ata os cuartos-de-final en 1966).

A fase final foi expandida para 24 seleccións en 1982, e 32 en 1998, permitindo que máis seleccións da África, Asia e América do Norte puidesen participar. Nos últimos anos eses novos participantes teñen acadado mellores posicións, como Camerún chegando ata os cuartos-de-final en 1990 e Corea do Sur, Senegal e Estados Unidos pasando aos cuartos-de-final en 2002, e a Corea do Sur acadou o 4º lugar.

SímbolosEditar

TrofeoEditar

De 1930 a 1970 a Copa Jules Rimet era dado aos campións de cada edición. Inicialmente coñecida como Copa do Mundo ou Coupe du Monde (en francés), foi renomeada en 1946 en homenaxe ao presidente da FIFA responsable da primeira edición do torneo, en 1930. En 1970, coa terceira vitoria da selección brasileira a mesma gañou o dereito para ter a posesión permanente do trofeo. Con todo, este foi roubado da sede da CBF en decembro de 1983, e nunca foi atopado. Acredítase que os ladróns o teñan derretido.

Despois de 1970 un novo trofeo, chamado Copa do Mundo FIFA foi creado. A diferenza co Trofeo Jules Rimet este non irá para ningunha selección, independentemente do número de títulos. Arxentina, Alemaña, o Brasil e Italia son os que máis veces acadaron o trofeo. Este so será cambiado ata que a placa no seu pé sexa totalmente enchida cos nomes dos campións de cada edición, o que non ocorrerá ata 2038.

MascotasEditar

Desde o Mundial de 1966 cada edición conta cunha mascota oficial[1]. A primeira mascota da historia da Copa foi World Cup Willie, un león futbolista vestido cunha camisola da bandeira do Reino Unido[2]. Catro anos máis tarde, en 1970, a máscota foi Juanito, un neno cun chapeu típico do país, escrito coas palabras "MÉXICO 70" e vestido coas cores da selección mexicana.[2] En 1974, as mascotas alemás occidentais forom Tip e Tap, dous cativo cos brazos no ombro doutro, un deles cunha camisola onde se le "WM" e na doutro "74".[2] Na Copa de 1978, na Arxentina elixiuse ata o de agora a última mascota humana, Gauchito, un meniño gaucho cun chapeu que contiña "ARGENTINA '78", un pano e un rebenque, que tamén aparecía na camisola da selección arxentina e botas de fútbol[2]

A mascota do Mundial de 1982, foi Naranjito,[3] unha laranxa con faciana humanizada, cun balón e usando botas.[2] En 1986, a mascote foi Pique, unha especie de pemento, cun chapeu mariachi e un balón no seu dereito. En1990, a mascota foi un obxecto de deseño, Ciao, que representou un futbolista coa cabeza en forma de balón de fútbol e corpo con barras que contiñan as cores do país. Os Estados Unidos volveron á mascota animal para a Copa de 1994, Striker era un can vestido coas cores da bandeira dos Estados Unidos cunha camisola na que aparecía escrito "USA 94". Para a Copa do Mundo de 1998, os organizadores escolleron un galo azul chamado Footix, coas palabras "FRANCE 98" no seu peito. En 2002, Xapón e Corea do Sur escolleron as mascotas Ato, Kaz e Nik, inspirados no manga[4]. No Mundial de Fútbol de 2006 o escollido foi Goleo VI, un león peluche, vestido cunha camisola branca co número 06 deseñado na fronte, sempre ao lado da súa compañeira, Pille, unha pelota falante. A mascota da Copa do Mundo de 2010 foi Zakumi, un leopardo de cabelos verdes, vestido cunha camisola branca coas letras "SOUTH AFRICA 2010" e pantalóns verde. O seu nome procede de "ZA", abreviación internacional para Suráfrica e "kumi", unha palabra que significa "dez" en varias linguas do país, en referencia ao ano do Mundial[5]. Para o Mundial Brasil 2014 elixiuse a Fuleco, unha mascota con forma dunha especie de armadillo vunerable endémica do nordés do Brasil.

FormatoEditar

EliminatoriasEditar

 
Bolas e chuteiras das cinco copas vencidas polo Brasil, nunha tenda de Londres

Dende a segunda edición do torneo, e 1934, as eliminatorias teñen sido feitas para diminuír o tamaño da fase final. Estas son disputadas nas seis zonas continentais da FIFA (África, Asia, América do Norte e América Central e Caribe, Europa, Oceanía e América do Sur) organizadas polas súas respectivas confederacións. Antes de cada edición do torneo a FIFA decide cantas prazas terán dereito por cada confederación, tendo en conta factores como número de seleccións nacionais e forza de cada confederación. A presión por cada confederación por ter máis prazas tamén acostuma ser bastante común.

As eliminatorias poden comezar tres anos antes da fase final, e duran un pouco máis de dous anos. O formato de cada eliminatoria difire de acordo con cada confederación. Normalmente unha ou dúas prazas son reservadas para os gañadores de play-offs intercontinentais. Por exemplo, o campión da eliminatoria da Oceanía e o quinto colocado da América do Sur disputaran un play-off para decidir quen ficaría coa praza da fase final 2006.

Dende o mundial de 1938 ata o mundial 2002, o campión era automaticamente clasificado para a próxima Copa, sen precisar pasar polas eliminatorias das súas confederacións. Porén, a partir da edición de 2002 o campión é obrigado a clasificarse normalmente como calquera outra selección. O Brasil, vencedor en 2002, foi o primeiro campión a ter que disputar unha eliminatoria para a Copa seguinte.

A selección do pais anfitrión queda exenta igualmente da disputa destas eliminatorias. No mundial de 2002, as seleccións de Corea do Sur e Xapón foron clasificadas directamente.

Fase finalEditar

A fase final do torneo ten 32 seleccións competindo por un mes no país anfitrión. A fase final é dividida en dúas fases: a fase de grupos e a fase de eliminatorias.

Na primeira fase (grupos) as seleccións son colocadas en oito grupos de catro participantes. Oito seleccións son cabeza de serie de cada grupo (as seleccións consideradas máis fortes) e as outras son sorteadas. Desde 1998 o sorteo é feito evitando que máis dúas seleccións europeas e máis dunha selección da mesma confederación fiquen no mesmo grupo. Na fase de grupos cada selección xoga unha partida contra as seleccións de seu grupo, e as dúas que máis puntuaran se clasifican para a fase de eliminatoria. Desde 1994 a vitoria nun partido vale tres puntos, o empate un e a derrota ningún. Antes, cada vitoria valía dous puntos.

A fase seguinte é unha fase de eliminación rápida. Cada selección xoga unicamente un partido en cada división da fase (oitavos de final, cuartos de final, semi-final e final) e o vencedor pasa para a próxima eliminatoria. En caso de empate no tempo normal o xogo é levado para a prórroga e en caso de empate da mesma hai a disputa de penaltis. As dúas seleccións eliminadas da semi-final fan un partido antes da final para decidir o terceiro e cuarto lugar.

Selección das sedesEditar

 
Mapa das sedes da Copa do Mundo

Nas primeiras edicións as sedes era foron escollidas en encontros nos congresos da FIFA. As designacións eran sempre polémicas debido a longa viaxe da América do Sur a Europa (e viceversa), as dúas grandes potencias futbolísticas da época (e aínda hoxe). A decisión da primeira Copa de ser no Uruguai, por exemplo, levou a participación de soamente catro seleccións europeas. As dúas Copas seguintes foron na Europa. A decisión de designa-la sede de Francia fora outra grande polémica, xa que os países americanos desexaban un sistema rotativo de sedes. Ou sexa, unha edición na Europa e a seguinte na América do Sur. Como o de 1934 fora na Italia, a sede da edición de 1938 tería que ser teoricamente na América do Sur, o que de feito non ocorreu. Iso fixo que tanto o Uruguai e a Arxentina boicoteasen o torneo. Despois da Segunda Guerra Mundial para evitar calquera tipo de boicot ou controversia a FIFA adoptou a rotación das sedes entre a América e a Europa, que foi usado ata o 1998. A edición de 2002, que tivo como sede tanto Xapón como Corea do Sur foi a primeira sede fora deses dous continentes. Xa a edición de 2010 será a primeira na África, en Suráfrica.

En 2003 foi decidido que no 2014 será na América Latina. Ningún país a non se-lo Brasil manifestou interese pola candidatura. O país, de feito, foi sinalado por moitos veciños continentais como a única opción viable para a sede do torneo no continente.

O sistema de elección da sede evolucionou ao longo dos tempos, sendo hoxe escollido polo comité executivo da FIFA, seis anos antes da Copa.

Cobertura dos medios de comunicaciónEditar

A primeira Copa do mundo a ser televisada foi a edición de 1954. Hoxe o evento é a competición deportiva máis seguida en todo o mundo, pasando os Xogos Olímpicos. A audiencia total de 2002 foi estimada en 28.800 millóns de telespectadores, dos que 1.100 millóns presenciaron a final. O sorteo, que decidiu a distribución das seleccións nos grupos, foi visto por máis de 300 millóns de persoas. Cada Copa do mundo ten como símbolo unha mascota. Willie foi a primeira, en 1966. As mascotas de 2006 son Goleo, un león, e Pille, unha bola de fútbol.

Primeira participaciónEditar

En cada Copa do mundo polo menos unha selección participa na competición por primeira vez:

Ano Selección
1930   Arxentina   Bélxica   Bolivia   Brasil   Chile   Estados Unidos   Francia   Iugoslavia (1)   México   Paraguai   Perú   Romanía   Uruguai
1934   Austria   República Checa (2)   Exipto   Alemaña(4)   Hungría   Italia   Países Baixos   España   Suecia   Suíza
1938   Cuba   Indonesia(5)   Noruega   Polonia
1950   Inglaterra
1954   Corea do Sur   Escocia   Turquía   Alemaña Occidental(4)
1958   Irlanda do Norte   Unión Soviética(3)   Gales
1962   Bulgaria   Colombia
1966   Corea do Norte   Portugal
1970   O Salvador   Israel   Marrocos
1974   Australia   Alemaña Oriental   Haití   Zaire(6)
1978   Irán   Tunisia
1982   Alxeria   Camerún   Honduras   Kuwait   Nova Zelandia
1986   Canadá   Dinamarca   Iraq
1990   Costa Rica   Irlanda   Emiratos Árabes Unidos
1994   Alemaña(4)   Grecia   Nixeria   Rusia(3)   Arabia Saudita
1998   Croacia(1)   Xamaica   Xapón   Suráfrica   Iugoslavia(1)
2002   China   Ecuador   Senegal   Eslovenia(1)
2006   Angola   Costa do Marfil   República Checa(2)   Ghana   Serbia e Montenegro(1)   Togo   Trindade e Tobago   Ucraína(3)
2010   Eslovaquia(2)
2014   Bosnia e Hercegovina(1)
2018   Islandia(1)   Panamá(1)
(1): O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Federal Socialista de Iugoslavia (1950-1990) clasificáranse oito veces para a Copa do mundo co nome de Iugoslavia antes da separación das repúblicas en 1992. Esa selección é considerada distinta da que se clasificou en 98, tamén Iugoslavia. Tal selección é considerada a predecesora da selección de Serbia e Montenegro. En 2006 participa a selección de Serbia e Montenegro representando aos territorios que xa se separaran debido ao plebiscito de segregación do Montenegro, polo que nas seguintes Copas do mundo xa actuarán como combinados diferentes. O mesmo caso aplícase ás outras nacións resultantes do proceso de separación: Croacia, Eslovenia, Bosnia e Herzegovina e República da Macedonia.
(2): A Checoslovaquia foi divida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas selección formadas a partir de entón son consideradas distintas da Checoslovaquia.
(3): A URSS foi disolvida en 1991. As 15 repúblicas que formaban as Repúblicas Soviéticas hoxe son consideradas distintas da URSS.
(4): Despois da II Guerra Mundial, a Alemaña foi dividida en Alemaña Occidental e Alemaña Oriental, competindo separadamente de 1949 a 1990, ano no que houbo a reunificación. A Alemaña reunificada clasificouse para súa primeira Copa en 1994. Oficialmente a FIFA incluíu os resultados da Alemaña Occidental, que se clasificou de 1954 a 1990, para a Alemaña, xa que estas tiñan a mesma confederación e ambas representaban a "República Federal Alemá".
(5): Indonesia competiu como as Indias Orientais Holandesas en 1938.
(6): A República Democrática do Congo competiu como Zaire en 1974.

MundiaisEditar

Ano Sede Final Disputa do 3º lugar
Vencedor Marcador Subcampión 3º lugar Marcador 4º lugar
1930
Detalles
Uruguai  
Uruguai
4 - 2  
Arxentina
 
Estados Unidos
s/d(1)
 
Iugoslavia
1934
Detalles
Italia  
Italia
2 - 1
prorr.
 
República Checa
 
Alemaña
3 - 2  
Austria
1938
Detalles
Francia  
Italia
4 - 2  
Hungría
 
Brasil
4 - 2  
Suecia
1942 ---- NON HOUBO
1946 ---- NON HOUBO
1950
Detalles
Brasil  
Uruguai
2 - 1(2)  
Brasil
 
Suecia
3 - 1(2)  
España
1954
Detalles
Suíza  
Alemaña Occidental
3 - 2  
Hungría
 
Austria
3 - 1  
Uruguai
1958
Detalles
Suecia  
Brasil
5 - 2  
Suecia
 
Francia
6 - 3  
Alemaña Occidental
1962
Detalles
Chile  
Brasil
3 - 1  
Checoslovaquia
 
Chile
1 - 0  
Iugoslavia
1966
Detalles
Inglaterra  
Inglaterra
4 - 2
prorr.
 
Alemaña Occidental
 
Portugal
2 - 1  
URSS
1970
Detalles
México  
Brasil
4 - 1  
Italia
 
Alemaña
1 - 0  
Uruguai
1974
Detalles
Alemaña Federal  
Alemaña Occidental
2 - 1  
Países Baixos
 
Polonia
2 - 1  
Brasil
1978
Detalles
Arxentina  
Arxentina
3 - 1
prorr.
 
Países Baixos
 
Brasil
2 - 1  
Italia
1982
Detalles
España  
Italia
3 - 1  
Alemaña Occidental
 
Polonia
3 - 2  
Francia
1986
Detalles
México  
Arxentina
3 - 2  
Alemaña Occidental
 
Francia
4 - 2
prorr.
 
Bélxica
1990
Detalles
Italia  
Alemaña Occidental
1 - 0  
Arxentina
 
Italia
2 - 1  
Inglaterra
1994
Detalles
Estados Unidos  
Brasil
0 - 0
(3 - 2) p.
 
Italia
 
Suecia
4 - 0  
Bulgaria
1998
Detalles
Francia  
Francia
3 - 0  
Brasil
 
Croacia
2 - 1  
Países Baixos
2002
Detalles
Corea do Sur e Xapón  
Brasil
2 - 0  
Alemaña
 
Turquía
3 - 2  
Corea do Sur
2006
Detalles
Alemaña  
Italia
1 - 1
(5 - 3) p.
 
Francia
 
Alemaña
3 - 1  
Portugal
2010
Detalles
Suráfrica  
España
1 - 0  
Países Baixos
 
Alemaña
3 - 2  
Uruguai
2014
Detalles
Brasil  
Alemaña
1 - 0  
Arxentina
 
Países Baixos
3 - 0  
Brasil
2018
Detalles
Rusia  
Francia
4 - 2  
Croacia
 
Bélxica
2 - 0  
Inglaterra
2022
Detalles
Qatar
1 Non houbo disputa de terceiro lugar oficial na Copa do mundo de 1930; Os Estados Unidos e a Iugoslavia perderan nas semifinais.
2 Non houbo unha final oficial na Copa do mundo de 1950. O torneo foi decidido nun grupo final disputado por catro seleccións. Con todo, a vitoria do Uruguai sobre o Brasil por 2 a 1 foi o partido decisivo e que colocou os uruguaios á fronte en puntos e aseguroulles terminar por riba dos outros do grupo como campións mundiais. Tampouco houbo disputa do terceiro e carto posto, e tamén no último partido a vitoria da Suecia por 3 a 1 foi definitiva para acadar ese terceiro posto

GoleadoresEditar

En varias ediciónsEditar

Os máximos goleadores das Copas do Mundo son:

Xogador Selección Goles
  Miroslav Klose Alemaña 16
  Ronaldo Brasil 15
  Gerd Müller Alemaña Federal 14
  Just Fontaine Francia 13
  Pelé Brasil 12
  Jürgen Klinsmann Alemaña 11
  Sándor Kocsis Hungría 11
  Gabriel Batistuta Arxentina 10
  Teófilo Cubillas Perú 10
  Gary Lineker Inglaterra 10
  Grzegorz Lato Polonia 10
  Helmut Rahn Alemaña Federal 10
  Ademir (1) Brasil 9
  Roberto Baggio Italia 9
  Eusébio Portugal 9
  Jairzinho Brasil 9
  Paolo Rossi Italia 9
  Karl-Heinz Rummenigge Alemaña Federal 9
  Uwe Seeler Alemaña Federal 9
  Vavá Brasil 9
  Christian Vieri Italia 9
  Diego Armando Maradona Arxentina 8
  Guillermo Stábile Arxentina 8
  Leônidas Brasil 8
  Oscar Míguez Uruguai 8
  Rivaldo Brasil 8
  Rudi Völler Alemaña Federal 8
  David Villa España 8
1 Hai discusións en canto ao número de goles que anotou o brasileiro Ademir Menezes en 1950, debido a falta de datos con respecto ao partido do cuadrangular final entre Brasil e España (6:1). O primeiro gol fora considerado como autogol do defensa español Parra e o quinto gol brasileiro fora anotado por Jair. Porén, a FIFA acreditou recentemente que ambos goles foran marcados por Ademir, o que o converte no goleador do Mundial de 1950 con 9 anotacións.

Jairzinho (Brasil) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección brasileira en Mexico 1970.

Ghiggia (Uruguai) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección uruguaia en Brasil 1950.

Para este listado téñense en conta tódolos goles convertidos polo xogador nas diferentes versións da Copa do mundo en que participase, o máximo goleador nun so mundial é o francés Just Fontaine ao anotar 13 goles na Suecia.

O gol número dous mil na historia dos mundiais foi anotado polo sueco Marcus Allbäck durante a Copa do mundo de 2006, nun enfrontamento ante a Inglaterra o día 20 de xuño.

Nunha soa ediciónEditar

O premio Bota de Ouro Adidas entrégase dende 1982 ao máximo goleador de cada torneo. Os máximos goleadores de cada Copa do mundo dende 1930 aparecen na seguinte táboa, desde 1982, os gañadores reciben o trofeo da Bota de Ouro.

Copa mundial Goleador Goles
 
Uruguai 1930
  Guillermo Stábile (Arxentina) 8
 
Italia 1934
  Edmund Conen (Alemaña)
 Oldřich Nejedlý (Checoslovaquia)
  Angelo Schiavio (Italia)
4(1)
 
Francia 1938
  Leônidas (Brasil) 8
 
Brasil 1950
  Ademir (Brasil) 9
 
Suíza 1954
  Sándor Kocsis (Hungría) 11
 
Suecia 1958
  Just Fontaine (Francia) 13
 
Chile 1962
  Garrincha (Brasil)
  Vavá (Brasil)
  Flórián Albert (Hungría)
  Valentin Kozmich Ivanov (URSS)
  Drazen Jerkovic (Iugoslavia)
  Leonel Sánchez (Chile)
4
 
Inglaterra 1966
  Eusébio (Portugal) 9
 
México 1970
  Gerd Müller (Alemaña Federal) 10
 
Alemaña Federal 1974
  Grzegorz Lato (Polonia) 7
 
Arxentina 1978
  Mario Kempes (Arxentina) 6
Gañadores da Bota d’Ouro Adidas
 
España 1982
  Paolo Rossi (Italia) 6
 
México 1986
  Gary Lineker (Inglaterra) 6
 
Italia 1990
  Salvatore Schillaci (Italia) 6
 
Estados Unidos 1994
  Oleg Salenko (Rusia)
  Hristo Stoitchkov (Bulgaria)
6
 
Francia 1998
  Davor Šuker (Croacia) 6
   
Corea/Xapón 2002
  Ronaldo (Brasil) 8
 
Alemaña 2006
  Miroslav Klose (Alemaña) 5
 
Suráfrica 2010
  Thomas Müller (Alemaña) 5
 
Brasil 2014
  James Rodríguez (Colombia) 6
 
Rusia 2018
  Harry Kane (Inglaterra) 6
 
Qatar 2022
1 Algunhas fontes[quen?] aseguran que Nejedlý anotou cinco goles, o que o convertería no goleador exclusivo. Con todo, a FIFA considera que anotou so catro goles.

Táboa estatística de fases finaisEditar

A táboa estatística dos Mundiais de Fútbol presenta os datos das 75 seleccións nacionais de fútbol que participaron nas 18 Copas do mundo realizadas pola FIFA, entre 1930 e 2006.

Esta táboa ordena ás seleccións asignándolles unha posición xeral baseándose en tres criterios:

  1. Puntos obtidos. Outórganse 3 puntos por vitoria, 1 por empate e ningún por derrota. Este criterio é utilizado para tódolos partidos ao longo do torneo, a pesar de que foi establecido pola FIFA dende 1994.
  2. Maior diferenza de goles
  3. Maior cantidade de goles obtidos.
Equipo PM Resultados Participación
Pts PX PG PE PP Rnd GF:GC 30 34 38 50 54 58 62 66 70 74 78 82 86 90 94 98 02 06 10
  Brasil 18 206 92 64 14 14 75% 201:84 14º     11º      
  Alemaña[6] 16 182 92 54 20 18 66% 190:112 10º      
  Italia 16 151 77 44 19 14 65% 122:70     10º 10º   12º 15º  
  Arxentina 14 112 65 33 13 19 57% 113:73 13º 10º   11º   10º 18º
  Inglaterra 12 93 55 25 18 12 56% 74:47 11º  
  Francia 12 85 51 25 10 16 56% 95:64 13º 12º   28º
  España 12 78 49 22 12 15 53% 80:57 12º 10º 10º 12º 10º 17º  
  Suecia 11 61 46 16 13 17 44% 74:69 13º 21º 13º 14º
  Países Baixos 8 58 36 16 10 10 54% 59:38 14º 15º 11º
10º   Rusia[7] 9 57 37 17 6 14 51% 64:44 10º 17º 18º 22º
11º   Serbia[8] 10 56 40 16 8 16 47% 62:55 16º 10º 32º
12º   Uruguai 10 55 40 15 10 15 46% 65:57     13º 13º 16º 16º 26º
13º   Polonia 7 50 31 15 5 11 54% 44:40 11º 14º 25º 21º
14º   Hungría 9 48 32 15 3 14 50% 87:57 10º 15º 14º 18º
15º   México 13 45 44 11 12 21 34% 48:84 13º 12º 13º 16º 11º 12º 16º 13º 13º 11º 15º
16º   República Checa[9] 9 41 33 12 5 16 41% 47:49 14º 15º 19º 19º
17º   Austria 7 40 29 12 4 13 46% 43:47 15º 18º 23º
18º   Bélxica 11 39 36 10 9 17 36% 46:63 11º 15º 13º 12º 10º 10º 11º 11º 19º 14º
19º   Portugal 4 34 19 11 1 7 60% 32:21 17º 21º
20º   Romanía 7 29 21 8 5 8 46% 30:33 12º 10º 12º 11º
21º   Suíza 8 28 26 8 4 14 36% 37:51 16º 16º 15º 10º
22º   Chile 7 27 25 7 6 12 36% 31:40 13º 11º 22º 16º
23º   Paraguai 7 25 22 6 7 9 38% 27:36 11º 12º 13º 14º 16º 18º
24º   Dinamarca 3 23 13 7 2 4 59% 24:18 10º
25º   Estados Unidos 8 21 25 6 3 16 28% 27:51 16º 10º 23º 14º 32º 25º
26º   Croacia 3 20 13 6 2 5 51% 15:11 23º 22º
27º   Escocia 8 19 23 4 7 12 28% 25:41 15º 14º 11º 15º 19º 18º 27º
28º   Corea do Sur 7 19 24 4 7 13 26% 22:53 16º 20º 22º 20º 30º 17º
29º   Camerún 4 17 14 4 5 5 40% 13:24 17º 22º 25º 20º
30º   Bulgaria 7 17 26 3 8 15 22% 22:53 15º 15º 13º 12º 15º 29º
31º   Turquía 2 16 10 5 1 4 53% 20:17 11º
32º   Perú 4 15 15 4 3 8 33% 19:31 10º 20º
33º   Irlanda 3 14 13 2 8 3 36% 10:10 16º 12º
34º   Irlanda do Norte 3 14 13 3 5 5 36% 13:23 21º
35º   Nixeria 3 13 11 4 1 6 39% 14:16 12º 27º
36º   Colombia 4 11 13 3 2 8 28% 14:23 14º 14º 19º 21º
37º   Marrocos 4 10 13 2 4 7 26% 12:18 14º 11º 23º 18º
38º   Costa Rica 3 10 10 3 1 6 33% 12:21 13º 19º 31º
39º   Noruega 3 9 8 2 3 3 38% 7:8 12º 17º 15º
39º   Ecuador 2 9 7 3 0 4 43% 7:8 24º 12º
41º   Senegal 1 8 5 2 2 1 53% 7:6
42º   Alemaña Oriental 1 8 6 2 2 2 44% 5:5
43º   Xapón 3 8 10 2 2 6 27% 8:14 31º 29º
44º   Arabia Saudí 4 8 13 2 2 9 21% 9:32 12º 28º 32º 28º
45º   Ucraína 1 7 5 2 1 2 47% 5:7
46º   Alxeria 2 7 6 2 1 3 39% 6:10 13º 22º
47º   Tunisia 4 7 12 1 4 7 19% 8:17 26º 29º 24º
48º   Australia 3 7 10 1 4 5 23% 7:16 14º 16º
49º   Gales 1 6 5 1 3 1 40% 4:4
50º   Ghana 3 6 4 2 0 2 50% 4:6 13º
51º   Suráfrica 2 6 6 1 3 2 33% 8:11 24º 17º
52º   Irán 3 5 9 1 2 6 19% 6:18 14º 20º 26º
53º   Corea do Norte 1 4 4 1 1 2 33% 5:9
54º   Cuba 1 4 3 1 1 1 44% 5:12
55º   Costa de Marfil 3 3 3 1 0 2 33% 5:6 20º
56º   Xamaica 1 3 3 1 0 2 33% 3:9 22º
57º   Honduras 1 2 3 0 2 1 22% 2:3 18º
58º   Angola 1 2 3 0 2 1 22% 1:2 23º
59º   Israel 1 2 3 0 2 1 22% 1:3 12º
60º   Exipto 2 2 4 0 2 2 17% 3:6 13º 20º
61º   Kuwait 1 1 3 0 1 2 11% 2:6 21º
62º   Trindade e Tobago 1 1 3 0 1 2 11% 0:4 27º
63º   Bolivia 3 1 6 0 1 5 6% 1:20 12º 13º 21º
64º   Iraq 1 0 3 0 0 3 0% 1:4 23º
65º   Eslovenia 1 0 3 0 0 3 0% 2:7 30º
66º   Togo 1 0 3 0 0 3 0% 1:6 30º
67º   Canadá 1 0 3 0 0 3 0% 0:5 24º
68º   Indonesia[10] 1 0 1 0 0 1 0% 0:6 15º
69º   Emirados Árabes 1 0 3 0 0 3 0% 2:11 24º
70º   China 1 0 3 0 0 3 0% 0:9 31º
71º   Nova Zelandia 2 0 0 3 0 3 0% 2:12 23º
72º   Grecia 1 0 3 0 0 3 0% 0:10 24º
73º   Haití 1 0 3 0 0 3 0% 2:14 15º
74º   R.D. do Congo[11] 1 0 3 0 0 3 0% 0:14 16º
75º   O Salvador 2 0 6 0 0 6 0% 1:22 16º 24º
Simboloxía
  • PM: Participacións en Copas Mundiais
  • PX: Partidos xogados
  • PG: Partidos gañados
  • PE: Partidos empatados
  • PP: Partidos perdidos
  • Rnd: Rendimento (porcentaxe de puntos obtidos do total dos disputados)
  • GF: Goles a favor
  • GC: Goles en contra

Xogadores galegos en fases finaisEditar

 
Luis Suárez Miramontes.

As participacións de xogadores galegos en fases finais dos Mundiais de Fútbol resultan escasas e limítanse case exclusivamente ás participacións coa selección española de fútbol.

Chegaron a vestir a camisola española na Copa do Mundo un total de dez xogadores. A primeira destas participacións produciuse no Mundial de Italia de 1934 edición na que Chacho interviu nun encontro. Habería que agardar ata o Mundial de Chile de 1962 para encontrármonos con novas participacións galegas, sendo Luis Suárez titular en dous xogos e noutro Reija. Catro anos máis tarde, no Mundial de Inglaterra de 1966, produciuse a maior participación ata agora de xogadores galegos coa selección española, con cinco xogadores que participaron nun total de tres xogos. No primeiro deles participou Luis Suárez e Ufarte (nacido en Pontevedra, mais viviu de novo no Brasil, país onde se iniciou no fútbol), no segundo repetiu Suárez xunto con Reija e Amancio e xa por fin, no terceiro dos encontros, repetiron Reija e Amancio, e uníuselles Marcelino.

Doce anos máis tarde, no Mundial da Arxentina de 1978, Miguel Ángel foi o porteiro titular de España. No Mundial de México de 1986 participou Tomás Reñones e en 1994 no Mundial dos Estados Unidos foi Xurxo Otero o que xogou coas cores españolas. No Mundial da Alemaña de 2006 Michel Salgado converteuse no décimo galego en participar como xogador nunha Copa do Mundo de fútbol coa selección española.

Ademais destes xogadores Acuña e Jiménez foran convocados para o Mundial do Brasil de 1950 e o de España de 1982 respectivamente, se ben ningún deles chegou a participar en ningún xogo.

A única participación dun galego nunha fase final do Mundial cunha selección que non fora a española é a de Ricardo Cabanas (galego de orixe mais de nacionalidade suíza), quen conseguiu chegar aos oitavos de final coa selección suíza no Mundial da Alemaña de 2006. De orixe galega, recoñecida en diversas entrevistas de prensa deportiva [12], Ricardo Rodríguez, participou na edición do Mundial do Brasil superando a súa selección a fase de grupos.

Como adestrador Luis Suárez dirixiu á selección española de fútbol no Mundial de Italia de 1990.

NotasEditar

  1. fifa.com: 'bonde dos'Mascotes de la Copa Mundial de la FIFA (arquivo)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Laurent Campistron, « Mascottes, un vrai « bide-parade » », France Football, nº 3347, 1 de xuño de 2010, p. 74 e 75
  3. as.com: Naranjito, la mascota que cumple 25 años (arquivo)
  4. fifa.com: Les "Spheriks™", mascottes officielles de la Coupe du Monde de la FIFA 2002 (arquivo)
  5. globoesporte.globo.com: Leopardo Zakumi é o mascote da Copa do Mundo de 2010 na África do Sul (arquivo)
  6. Inclúe as participacións da selección de   Alemaña Federal
  7. Inclúe as participacións da selección da   URSS
  8. Inclúe as participacións da selección de   Iugoslavia e de   Serbia e Montenegro
  9. Inclúe as participacións da selección de   Checoslovaquia
  10. Inclúe as participacións da selección das   Indias Orientais Holandesas
  11. Inclúe as participacións da selección de   Zaire
  12. [1]

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar