Thomas Müller

futbolista alemán

Thomas Müller, nado o 13 de setembro de 1989 en Weilheim in Oberbayern, Baviera é un xogador profesional de fútbol internacional alemán que actualmente xoga para o Bayern München da 1. Bundesliga, a máxima categoría do fútbol en Alemaña. Pode desempeñarse en multitude de posicións, como volante ofensivo, segundo dianteiro ou extremo. Ten sido eloxiado polo seu ritmo, técnica e compostura, amosando consistencia tanto na anotación como na creación de goles.

Infotaula de personaThomas Müller

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Weilheim in Oberbayern, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade15 de agosto de 2008 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Liga3. Fußball-Liga (pt) Traducir e Fußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro e centrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo25 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1993-2000 TSV Pähl (en) Traducir
2008-2009 Fußball-Club Bayern München II (pt) Traducir 35(16)
2008- FC Bayern München 475(150) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2004-2005   Alemaña sub-16 6(0)
2007-2007   Alemaña sub-19 3(0)
2008-2008   Alemaña sub-20 1(1)
2009-2009   Alemaña sub-21 6(1)
2010-2024   Alemaña 131(45) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1 de xuño de 2019Liga de Campións da UEFA 2018-19 ../... 25+ Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLisa Müller
Premios

Páxina webesmuellert.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3946522 Facebook: es.muellert Twitter: esmuellert_ Instagram: esmuellert LinkedIn: esmuellert Youtube: UCIn7wtUMkEvDCnLvT15V6aw TikTok: esmuellert FIFA: 321722 UEFA: 250003318 Editar o valor en Wikidata

Produto da canteira do Bayern München, debutou co primeiro equipo da man do adestrador Louis van Gaal durante a tempada 2009-20, pasando a xogar case tódolos partidos nos que conseguiou tanto a liga como a copa de Alemaña, ademais de ser finalista da Liga de Campións. Isto valeulle a súa convocatoria coa selección alemá que participou no Mundial de Suráfrica de 2010 onde marcou cinco goles en seis partidos, acabando a súa selección no terceiro lugar. Müller foi nomeado mellor xogador novo, sendo ademais o máximo goleador do torneo polo que recibiu a Bota de Ouro.

Traxectoria

editar

Müller incorporouse á disciplina do Bayern de Múnic no 2000 con soamente 10 anos de idade. Debutou co equipo filial en marzo de 2008 nun partido contra o SpVgg Unterhaching. Anotou no devandito encontro, e interveu en dúas ocasións máis na tempada 2007-08 antes de ser descartado por unha lesión.

A pesar de que debutou no primeiro equipo bávaro durante a tempada 2008-2009, foi na 2009-2010 cando apareceu con máis notoriedade, ocupando un posto fixo na dianteira do club muniqués grazas ás lesións dos seus compañeiros. O seu debut na Liga de Campións da UEFA tivo lugar o 10 de marzo de 2009, no partido entre o Bayern de Múnic e o Sporting de Portugal, substituíndo aos 72 minutos a Bastian Schweinsteiger. Müller anotou no minuto 90 o 7 a 1 definitivo.

Club País Ano Partidos Goles
FC Bayern München II   Alemaña 2008-2009 35 16
FC Bayern München   Alemaña Dende 2009 38 13

Estatísticas

editar
Club Tempada Bundesliga Copa Champions League Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Bayern München 2008/2009 4 0 0 0 1 1 5 1
2009/2010 34 13 5 4 11 2 50 19
Total 38 13 5 4 12 3 55 20

Selección nacional

editar

Müller foi convocado por Joachim Löw para un amigable contra Chile en novembro de 2009; finalmente devandito encontro tívose que suspender polo falecemento de Robert Enke. Tras esa chamada, Müller volveu ao seleccionado sub-21 para axudarlles nas clasificatorias da Eurocopa Sub-21 de 2011. Finalmente, debutou coa selección absoluta en xaneiro de 2010, nun encontro que enfrontou á Mannschaft con Arxentina.

Foi convocado para representar ao seu país na Copa Mundial de Fútbol de 2010 de Suráfrica a pesar de xogar até ese intre só dous partidos co combinado alemán. Nos oitavos de final desa competición marcou contra Inglaterra o seu primeiro dobrete e foi elixido mellor xogador do partido. En cuartos de final contra Arxentina marcou de cabeza o primeiro gol do seu equipo, aínda que recibiu un cartón amarelo que lle impediu xogar as semifinais. Trala eliminación de Alemaña en semifinais contra España, Müller volvería xogar para a súa selección no partido polo terceiro posto marcando novamente un gol ante Uruguai. Desta maneira, Thomas Müller converteu 5 goles en 5 encontros disputados, converténdose no máximo goleador da Copa do Mundo, do mesmo xeito que o uruguaio Diego Forlán, o neerlandés Wesley Sneijder e o español David Villa. Polo seu gran rendemento na Copa Mundial de Fútbol de 2010, outorgóuselle a Bota de Ouro (xa que a igualdade de goles, defínese por cantidade de asistencias) e o premio ao Mellor xogador novo.

Participacións no Mundial

editar
Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 2010   Suráfrica Terceiro posto

Goles no Mundial

editar
# Día Lugar Rival Marcador Resultado Edición
1 13 de xuño de 2010 Estadio Moses Mabhida, Durban   Australia 3–0 4–0 Suráfrica 2010
2 27 de xuño de 2010 Estadio Free State, Bloemfontein   Inglaterra 3–1 4–1 Suráfrica 2010
3 27 de xuño de 2010 Estadio Free State, Bloemfontein   Inglaterra 4–1 4–1 Suráfrica 2010
4
3 de xullo de 2010
Estadio Green Point, Cidade do Cabo   Arxentina 1–0 4–0 Suráfrica 2010
5 10 de xullo de 2010 Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth   Uruguai 1–0 3–2 Suráfrica 2010

Palmarés

editar

Campionatos nacionais

editar
Título Club País Ano
1. Bundesliga FC Bayern München Alemaña 2010
Copa de Alemaña FC Bayern München Alemaña 2010

Distincións individuais

editar
Distinción Ano
Bota de Ouro da Copa Mundial da FIFA 2010
Mellor xogador novo da Copa Mundial da FIFA 2010