Abrir o menú principal

O Moses Mabhida é un estadio multiusos situado en Durban (Suráfrica), construído para a disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Leva o nome de Moses Mabhida, un ex secretario xeral do Partido Comunista Surafricano (SACP), e está destinado a ser un estadio de usos múltiples de categoría mundial.[1]

Estadio Moses Mabhida
FIFA World Cup 2010 Netherlands Japan.jpg
Flag of South Africa.svg Moses Mabhida-stadion
Datos
LocalizaciónDurban, Suráfrica
Construción
Inauguración24 de novembro de 2009
ArquitectoGMP Architekten
Custo$450 millóns
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións320x280x45
Capacidade70.000
PropietarioeThekwini
Eventos

O estadio ten unha capacidade prevista dunhas 70.000 persoas. Está situado no novo Recinto Deportivo Kings Park, como parte dos plans da cidade para a Copa do Mundo da FIFA. Sitúase xunto ao antigo Estadio Kings Park, que dará paso ao novo complexo que inclúe un pavillón cuberto, un museo do deporte, novos aparcadoiros e unha estación de transporte. O nome previsto nun principio para esta instalación era Estadio King Senzangakhona, e aínda é coñecido con este nome nalgúns ámbitos.

Índice

CaracterísticasEditar

O deseño do estadio foi levado a cabo polo Estudo alemán GMP Architekten, que xa levou a cabo obras similares en distintas partes do mundo. A característica principal do estadio é o arco que se proxecta 105 m sobre o chan, podendo acceder ao alto do mesmo os espectadores por teleférico dende un lateral, ou a través de centos de chanzos desde o outro. Situado xunto ao Océano Índico, o Moses Mabhida Stadium dispón dun teito cuberto que lle converte no máis vistoso dos novos estadios de Suráfrica.[2]

ConstruciónEditar

A súa construción atrasouse trinta e dous meses sobre os prazos previstos, sendo finalizado en outubro de 2009, e inaugurado o 29 de novembro do mesmo ano. O custo da construción foi de máis de 450 millóns de dólares, o segundo máis caro dos construídos para o mundial.[3]

UtilizaciónEditar

Durante a disputa do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, o estadio foi a sede de cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final e unha semifinal. Despois foi destinado a partidos de fútbol da liga de Suráfrica e da selección nacional, así como encontros de rugby e atletismo, entre outros acontecementos.

Copa do Mundo 2010Editar

PartidosEditar

O estadio Moses Mabhida albergou durante o campionato sete encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
13 de xuño Primeira rolda Alemaña  
4 - 0
  Australia
62.660
16 de xuño Primeira rolda España  
0 - 1
  Suíza
62.453
19 de xuño Primeira rolda Países Baixos  
1 - 0
  Xapón
62.010
22 de xuño Primeira rolda Nixeria  
2 - 2
  Corea do Sur
61.874
25 de xuño Primeira rolda Portugal  
0 - 0
  Brasil
62.712
28 de xuño Oitavos de final Países Baixos  
2 - 1
  Eslovaquia
61.962
11 de xullo Semifinal Alemaña  
0 - 1
  España
60.960

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar