Mundial de Fútbol de 2010

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Mundial de Fútbol Suráfrica 2010»)

A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.

Copa Mundial da FIFA 2010™
FIFA World Cup South Africa 2010™
Suráfrica 2010
Suráfrica 2010
España campioa
Detalles do torneo
Organizador Suráfrica
Datas 11 de xuño11 de xullo
Equipos 32 (de 204 participantes)
Sedes 10 (de 9 cidades)
Resultado
Campión España España
Subcampión Países Baixos Países Baixos
Terceiro Alemaña Alemaña
Cuarto Uruguai Uruguai
Semifinalistas
Estatísticas
Partidos 64 (16 de fase final)
Goles 145 (2,27 por partido)
Asistencia 3.178.856 (49.670 por partido)
Goleador Alemaña Thomas Müller
España David Villa
Países Baixos Wesley Sneijder
Uruguai Diego Forlán
(5 goles cada un)
Mellor xogador Uruguai Diego Forlán
Mellor promesa Alemaña Thomas Müller
Mellor xogador novo
Mellor porteiro España Iker Casillas
Xogo limpo España España
◄◄ Alemaña 2006
2014 ►►

Esta edición foi a primeira vez que se celebrou nunha nación africana, despois de que Suráfrica vencese a Marrocos e a Exipto no proceso de elección. Esta decisión fai que a única confederación que aínda non acolleu esta competición sexa Oceanía. O sorteo para a fase final do torneo tivo lugar en Cidade do Cabo o 4 de decembro de 2009.

España proclamouse campioa do mundo por primeira vez na historia, nunha disputada final contra os Países Baixos na que gañou 0-1 cun gol de Andrés Iniesta a cinco minutos do final da segunda parte da prórroga. A selección anfitrioa, Suráfrica, ademais dos anteriores campión e subcampión, Italia e Francia, foron eliminados na fase de grupos, sendo a primeira vez que isto ocorre. As selección de Arxentina, Brasil e Alemaña abandonaron posteriormente o torneo nas roldas eliminatorias. Cómpre destacar que a selección de Nova Zelandia foi a única selección que non perdeu ningún partido en todo o torneo, xa que conseguiu empatar nos seus tres encontros da fase de grupos.

Antecedentes e elección editar

 
Nelson Mandela foi un dos principais promotores da candidatura de Suráfrica.

Desde os anos 1980 comezou a medrar a idea da realización dun torneo en África en resposta ao crecemento e desenvolvemento do fútbol no devandito continente e que se reflectía no progreso das seleccións do mesmo en diversos torneos internacionais. Até a edición de 2002, disputada en Asia, Europa e América organizaran exclusivamente o torneo desde a súa creación en 1930.

Para a elección da sede da Copa Mundial de Fútbol de 1994, Marrocos estivo a tres votos de derrotar aos Estados Unidos, e posteriormente volveu presentar candidaturas para as Copas de 1998 e 2006, sen lograr resultados satisfactorios. Nesta última elección, Suráfrica presentou a súa candidatura co apoio do presidente da FIFA, Joseph Blatter, pero os esforzos foron en balde: Alemaña adxudicouse o evento nunha rifada e polémica votación por un voto de diferenza. Trala derrota surafricana, os dirixentes da FIFA decidiron establecer un criterio de "rotación continental" que permitise asegurar que o certame seguinte sería xogado en África, un dos grandes continentes que non albergara o evento. A FIFA permitiu soamente candidaturas africanas e seis países manifestaron as súas intencións.

 
Fans festexando a elección de Suráfrica.

Xunto a Suráfrica e Marrocos, candidatas en eleccións anteriores, presentáronse Exipto, Libia, Nixeria e Tunisia. Nixeria abandonou a carreira nun comezo sen presentar a súa candidatura oficialmente ante a FIFA. Libia, doutra banda, anunciou que en caso de ser elixida non permitiría que Israel puidese participar no torneo, quedando descualificada;[1] a pesar diso, persistiu coa súa candidatura até a presentación final. A FIFA desestimou a posibilidade de realizar un mundial en conxunto entre dúas nacións, polo que Tunisia, que pensaba nunha asociación cos libios, retirouse días antes da votación.[2]

Así, tres candidaturas quedaron con posibilidades reais, con todo, a pelexa era principalmente entre Suráfrica e Marrocos. Os marroquís presentábanse como unha ponte entre Occidente e o mundo musulmán, e unha alternativa próxima a Europa, mentres os surafricanos baseaban a súa postulación no seu desenvolvemento económico e experiencia en realización de eventos deportivos (como a Copa Mundial de Rugby e de crícket). O 15 de maio de 2004 realizouse a elección na cidade suíza de Zúric. Marrocos contou co apoio de Bélxica, España, Francia, Qatar, Tailandia, Turquía e os catro votos da Confederación Africana de Fútbol, mais ese dez votos foron insuficientes para contrarrestar o catorce votos dos outros representantes latinoamericanos que votaron por Suráfrica; Exipto non recibiu ningunha preferencia. A vitoria surafricana viuse selada con Nelson Mandela, principal figura da candidatura, levantando o trofeo da Copa Mundial.[3]

Resultados da votación
País Votos
  Suráfrica 14
  Marrocos 10
  Exipto 0
  •   Tunisia retirouse o 4 de maio de 2008 despois de facer unha oferta conxunta que non se permitiu
  •   Libia rexeitouse a candidatura por non cumprir os requirimentos e a oferta conxunta non se permitiu

Clasificación editar

Como país organizador, Suráfrica clasificouse automaticamente ao torneo. Con todo, participou de igual xeito nas eliminatorias para o mundial debido a que estas eliminatorias tamén serven como rolda de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2010 de Angola. Por isto, foron a primeira selección organizadora dende o Mundial de 1934 que toma parte desta fase da competición.

Ao igual que pasou na Copa do Mundo de 2006 os campións do anterior mundial non se clasificaron directamente, polo que Italia tivo que xogar a rolda previa. O sorteo para decidir as eliminatorias de clasificación para o Mundial 2010 foi realizado o 25 de novembro de 2007 en Durban, Suráfrica.

Lista de participantes editar

As seguintes 32 seleccións clasificáronse para a fase final.

AFC (4)
CAF (6)
CONCACAF (3)
CONMEBOL (5)
OFC (1)
UEFA (13)
 
     Países clasificados ao Mundial      Países non clasificados ao Mundial      Países que non participaron na clasificación      País non membro da FIFA

Esta é a primeira Copa do Mundo na que non participa ningún equipo que non se teña xa clasificado para edicións anteriores, xa que as dúas novas seleccións de Eslovaquia e Serbia xa se clasificaran formando parte de Estados desaparecidos. No caso de Eslovaquia fixérao competindo como parte da selección de Checoslovaquia, e no caso de Serbia como parte de Iugoslavia e posteriormente de Serbia e Montenegro. En ámbolos casos a FIFA considera que as seleccións manteñen os rexistros das súas predecesoras.

Porén, houbo algunhas controversias na clasificación, as que envolveron aos partidos xogados entre as seleccións de Francia e de Irlanda, de Costa Rica e o Uruguai e de Exipto e Alxeria en novembro de 2009. No segundo encontro da eliminatoria entre Francia e Irlanda, o capitán da selección francesa Thierry Henry, non visto polo colexiado, golpeou o balón ilegalmente coa man dando ao seu equipo o gol da vitoria que clasificaba aos bleus ao mundial. Este incidente provocou un amplo debate sobre como ao partidos de alto nivel debían ser arbitrados. A FIFA rexeitou a petición da Federación Irlandesa de repetir o encontro,[4] así como a petición de incluír aos irlandeses como equipo número 33 do mundial.[5] No caso de América, a selección de Costa Rica queixouse polo da vitoria do Uruguai nesta eliminatoria definitiva para o mundial,[6] mentres o encontro entre Exipto e Alxeria estivo rodeado por informes sobre problemas cos seareiros.

En resposta a todos estes incidentes durante a clasificación, e como arranxo á controversia, o 2 de decembro de 2009 a FIFA convocou unha xunta xeral extraordinaria do seu Comité Executivos. Despois da reunión, a FIFA anunciou o comezo dunha investigación sobre a aplicación da tecnoloxía e novos asistentes durante os encontros, mais non falaron sobre a esperada introdución dos xuíces de gol que xa se usaran durante os encontros de Europa League, reiterando que no Mundial só haberá un arbitro principal cos seus dous asistentes e un cuarto árbitro como é habitual.[7]

Organización editar

Trala elección do país como sede, comezaron os preparativos para a organización do evento. Os principais investimentos, cubertas principalmente polo superávit impositivo, corresponden á infraestrutura tanto deportiva como de transporte e a redución das cifras de criminalidade. Así, máis de 8.400 millóns de rand (aproximadamente 1.100 millóns de dólares) foron destinados orixinalmente á remodelación e construción dos estadios, cuxas obras se iniciarían durante xaneiro de 2007 trala demolición de antigos recintos. A cifra, con todo, era equivalente a 3,5 veces o orzado durante a presentación da candidatura.[8] Adicionalmente, o goberno anunciou que a policía nacional contaría para 2010 con 10.000 efectivos máis que nesa data.

Co paso dos meses, o desenvolvemento dos preparativos foi posto en cuestión e comezaron a xurdir rumores sobre un posible traslado da sede do torneo debido aos atrasos existentes.[9] Franz Beckenbauer, presidente do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 2006 manifestou publicamente a súa preocupación polo estado de avance das obras.[10] Con todo, a FIFA ratificou que a sede non sería cambiada e que só se avaliaría aquilo ante un desastre natural de gran magnitude. Con todo, o 29 de xuño de 2008 o presidente da FIFA dixo ter un "Plan B" listo no caso de que o país africano tivese problemas na organización, aínda que ratificou a Suráfrica como sede para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.[11] Días despois, especuláronse os nomes de posibles organizadores no caso de que Suráfrica non puidese ser anfitrioa do mundial do 2010, Australia, España e Estados Unidos soaron bastante forte, debido a que o Estadio Nelson Mandela Bay de Porto Elizabeth non estaría a tempo para a Copa FIFA Confederacións 2009.[12] O 17 de xullo apareceu en distintos medios de comunicación que Brasil podía adiantar a súa sede en 2014 e realizar o mundial en 2010 e Suráfrica pasaría a organizar o mundial no 2014.[13]

En calquera caso, o Mundial finalmente celebrarase en Suráfrica como estaba previsto, tal e como asegurou Joseph Blatter o 15 de decembro de 2008. Non só confirmou que o campionato se celebraría alí e que se descartou de maneira oficial calquera alternativa, senón que expresou publicamente a satisfacción que lle produce que se celebre este torneo por primeira vez en África.[14]

Sedes editar

En 2005, os organizadores do evento anunciaron unha lista previa de trece sedes para o evento: Xohanesburgo e Pretoria presentaron dúas, mentres que Bloemfontein, Cidade do Cabo, Durban, Kimberley, Nelspruit, Orkney, Polokwane, Porto Elizabeth e Rustenburg, unha. A lista foi reducida ás dez sedes definitivas, sendo anunciada pola FIFA o 10 de marzo de 2006. Cinco estadios, incluíndo o Soccer City (sede do partido de apertura e clausura) serían remodelados, dous estadios serían demolidos e reconstruídos, mentres o tres restantes serían estadios totalmente novos.

Xohanesburgo Durban Cidade do Cabo Xohanesburgo Pretoria
Soccer City Estadio Moses Mabhida Cape Town Stadium Ellis Park Loftus Versfeld
Capacidade: 91.141 Capacidade: 70.000 Capacidade: 69.070 Capacidade: 62.567 Capacidade: 51.760
       
Porto Elizabeth Bloemfontein Polokwane Rustenburg Nelspruit
Estadio Nelson Mandela Bay Estadio Free State Estadio Peter Mokaba Estadio Royal Bafokeng Estadio Mbombela
Capacidade: 48.000 Capacidade: 48.000 Capacidade: 46.000 Capacidade: 44.530 Capacidade: 43.589
         

Mapa das sedes editar

 

Símbolos editar

Zakumi editar

Zakumi é a mascota oficial deste mundial (creada o 16 de xuño de 1994). É un leopardo antropomórfico co cabelo verde, e o seu nome ven de "ZA", a abreviatura internacional para Suráfrica, e "kumi", unha palabra que significa dez en varias linguas africanas.[15] Ademais as cores da mascota reflicten as cores da camiseta de Suráfrica (amarelo e verde) e as manchas teñen a forma do clásico pentágono dos balóns de fútbol.

A data de creación de Zakumi coincidiu cun día coñecido e celebrado como o Día da Xuventude en Suráfrica e o ano 1994 marca as primeiras eleccións non raciais nacionais en Suráfrica. A mascota fixo dezaseis anos o ano da celebración do mundial. O lema oficial de Zakumi é: "O xogo de Zakumi é o Fair Play". O lema foi amosado nos carteis publicitarios dixitais durante a Copa FIFA Confederacións 2009, e tamén durante a propia Copa do Mundo.

Jabulani editar

O balón oficial con que se xogará o campionato será o modelo Jabulani, fabricado pola marca Adidas.[16] O Jabulani (que significa "celebrar" en zulú), deseñado pola Universidade de Loughborough do Reino Unido, ten once cores que representan os once xogadores de cada equipo, os once idiomas oficiais de Suráfrica e as once comunidades surafricanas que darán a benvida ao mundo do primeiro Mundial de fútbol que ten lugar en África.[17] Unha "versión dourada" deste balón, chamado Jo'bulani, será o utilizado na final da copa do mundo.[18]

Vuvuzela editar

 
O Polbo Paul
Artigo principal: Vuvuzela.

Unha vuvuzela é unha clase de trompeta longa utilizada sobre todo no fútbol surafricano para animar aos equipos ao longo de todo o partido. Adoita estar feita de plástico e o son que emite, moi forte, pode lembrar o dun elefante ou, se hai moitas á vez, un enxame de abellas. As vuvuzelas empezaron a ser coñecidas en calquera parte do mundo a partir da Copa Confederacións 2009, disputada en Suráfrica e, especialmente, dende o mundial de fútbol de 2010. Numerosos seareiros sopran vuvuzelas durante a integridade de todos os partidos que se disputan, un feito que provocou as queixas de xogadores, adestradores, comentaristas de radio e televisión e espectadores. Con todo, a FIFA móstrase contraria a prohibilas ao considerar que son un elemento inseparable da cultura futbolística surafricana.

Polbo Paul editar

Artigo principal: Polbo Paul.

Unha curiosidade deste mundial foron os dotes de adiviñación que se lle atribuíron a un polbo chamado Paul. Coñéceselle por prognosticar os resultados dos partidos nos que xogou Alemaña, na Eurocopa 2008 e o Mundial de Suráfrica 2010, no que soamente se equivocou nun dos resultados. Debido ao grande interese dos medios, fixeron que Paul prognosticase o resultado da final do Mundial 2010 aínda que non xogase a selección alemá, prognosticando a derrota da laranxa mecánica ante España, e este, pois, acertou.

Antes de cada partido internacional da selección alemá, a Paul presentáronselle dous colectores idénticos con comida: un deles estaba marcado coa bandeira de Alemaña e o outro coa bandeira do equipo opoñente. A elección de Paul interpretábase co equipo que logrará a vitoria. Desta forma, Paul escolleu correctamente catro do seis partidos que xogou Alemaña na Eurocopa 2008 e no primeiros seis partidos na Copa Mundial de Fútbol de 2010.Tamén predixo que España vencería a Alemaña na semifinal e acertou.[19][20] O fenómeno nos medios protagonizado por Paul fixo que moitos medios de comunicación considerasen que superou en popularidade á mascota oficial do campionato, o leopardo Zakumi.

Grupos editar

A Comisión Organizadora da FIFA aprobou o procedemento para o sorteo final o 2 de decembro de 2009. O sistema estaba baseado na décima clasificación mundial de seleccións FIFA, sendo sete selección elixidas como cabezas de serie mais Suráfrica por ser a organizadora. O comité tamén aprobou a composición dos outros grupos para o sorteo, así como o procedemento para o sorteo final. Finalmente o grupo dous para o sorteo estaba composto por equipos de Asia, Oceanía e América do Norte, o tres cos equipos de África e América do Sur e o catro cos restantes de Europa.

Grupo para o sorteo 1 Grupo para o sorteo 2 Grupo para o sorteo 3 Grupo para o sorteo 4

  Suráfrica
  Brasil
  España
  Países Baixos
  Italia
  Alemaña
  Arxentina
  Inglaterra

  Australia
  Corea do Norte
  Corea do Sur
  Xapón
  Estados Unidos
  Honduras
  México
  Nova Zelandia

  Alxeria
  Camerún
  Costa do Marfil
  Ghana
  Nixeria
  Chile
  Paraguai
  Uruguai

  Dinamarca
  Francia
  Grecia
  Portugal
  Serbia
  Eslovaquia
  Eslovenia
  Suíza

Grupos finais
Grupo A Grupo B Grupo C Grupo D
  Suráfrica   Arxentina   Inglaterra   Alemaña
  México   Nixeria   Estados Unidos   Australia
  Uruguai   Corea do Sur   Alxeria   Serbia
  Francia   Grecia   Eslovenia   Ghana
Grupo E Grupo F Grupo G Grupo H
  Países Baixos   Italia   Brasil   España
  Dinamarca   Paraguai   Corea do Norte   Suíza
  Xapón   Nova Zelandia   Costa do Marfil   Honduras
  Camerún   Eslovaquia   Portugal   Chile

Resultados editar

Os horarios corresponden á hora de Suráfrica (UTC+2)

Primeira fase editar

Grupo A editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Uruguai 7 3 2 1 0 4 0 +4
  México 4 3 1 1 1 3 2 +1
  Suráfrica 4 3 1 1 1 3 5 -2
  Francia 1 3 0 1 2 1 4 -3


Suráfrica 1 - 1 México 11 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.490
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Tshabalala   55' Informe
Márquez   79'
 
Uruguai 0 - 0 Francia 11 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 64.100
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Informe
 


Suráfrica 0 - 3 Uruguai 16 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 42.658
Árbitro: Massimo Busacca (Suíza)
Informe
Forlán   24'   80' (pen.)
Pereira   90+5'
 
Francia 0 - 2 México 17 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 35.370
Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudita)
Informe
Hernández   64'
Blanco   79' (pen.)
 


México 0 - 1 Uruguai 22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 33.425
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Informe
Suárez   43'
 
Francia 1 - 2 Suráfrica 22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 39.415
Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia)
Malouda   70' Informe
Khumalo   20'
Mphela   37'
 

Grupo B editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Arxentina 9 3 3 0 0 7 1 +6
  Corea do Sur 4 3 1 1 1 5 6 -1
  Grecia 3 3 1 0 2 2 5 -3
  Nixeria 1 3 0 1 2 3 5 -2


Corea do Sur 2 - 0 Grecia 12 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 31.513
Árbitro: Michael Hester (Nova Zelandia)
Lee Jung-Soo   7'

Park Ji-Sung   52'

Informe
 
Arxentina 1 - 0 Nixeria 12 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 55.686
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Heinze   6' Informe
 


Arxentina 4 - 1 Corea do Sur 17 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 82.174
Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica)
Park Chu-Young   17' (p.m.)
Higuaín   33'   76'   80'
Informe
Lee Chung-Yong   45+1'
 
Grecia 2 - 1 Nixeria 17 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 31.593
Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia)
Salpigidis   44'
Torosidis   71'
Informe
Uche   16'
 


Nixeria 2 - 2 Corea do Sur 22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 61.874
Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal)
Uche   12'
Yakubu   69' (pen.)
Informe
Lee Jung-Soo   38'
Park Chu-Young   49'
 
Grecia 0 - 2 Arxentina 22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 38.891
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
Demichelis   77'
Palermo   89'
 

Grupo C editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Estados Unidos 5 3 1 2 0 4 3 +1
  Inglaterra 5 3 1 2 0 2 1 +1
  Eslovenia 4 3 1 1 1 3 3 0
  Alxeria 1 3 0 1 2 0 2 -2


Inglaterra 1 - 1 Estados Unidos 12 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 38.646
Árbitro: Carlos Simon (Brasil)
Gerrard   4' Informe
Dempsey   40'
 
Alxeria 0 - 1 Eslovenia 13 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 30.325
Árbitro: Carlos Batres (Guatemala)
Informe
Koren   79'
 


Eslovenia 2 - 2 Estados Unidos 18 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 45.573
Árbitro: Koman Coulibaly (Malí)
Birsa   13'
Ljubijankič   42'
Informe
Donovan   48'
Bradley   82'
 
Inglaterra 0 - 0 Alxeria 18 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 64.100
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
 


Eslovenia 0 - 1 Inglaterra 23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 36.893
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Informe
Defoe   23'
 
Estados Unidos 1 - 0 Alxeria 23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 35.827
Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica)
Donovan   90+1' Informe
 

Grupo D editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Alemaña 6 3 2 0 1 5 1 +4
  Ghana 4 3 1 1 1 2 2 0
  Australia 4 3 1 1 1 3 6 -3
  Serbia 3 3 1 0 2 2 3 -1


Serbia 0 - 1 Ghana 13 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 38.833
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Informe
Gyan   85' (pen.)
 
Alemaña 4 - 0 Australia 13 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.660
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Podolski   8'
Klose   26'
Müller   68'
Cacau   70'
Informe
 


Alemaña 0 - 1 Serbia 18 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 38.294
Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España)
Informe
Jovanović   38'
 
Ghana 1 - 1 Australia 19 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 34.812
Árbitro: Roberto Rosetti (Italia)
Gyan   25' (pen.) Informe
Holman   11'
 


Ghana 0 - 1 Alemaña 23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 83.391
Árbitro: Carlos Eugênio Simon (Brasil)
Informe
Özil   60'
 
Australia 2 - 1 Serbia 23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 37.836
Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai)
Cahill   69'
Holman   73'
Informe
Pantelić   84'
 

Grupo E editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Países Baixos 9 3 3 0 0 5 1 +4
  Xapón 6 3 2 0 1 4 2 +2
  Dinamarca 3 3 1 0 2 3 6 -3
  Camerún 0 3 0 0 3 2 5 -3


Países Baixos 2 - 0 Dinamarca 14 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 83.465
Árbitro: Stephane Lannoy (Francia)
Poulsen   46' (p.m.)
Kuyt   85'
Informe
 
Xapón 1 - 0 Camerún 14 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 30.620
Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal)
Honda   39' Informe
 


Países Baixos 1 - 0 Xapón 19 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.010
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Sneijder   53' Informe
 
Camerún 1 - 2 Dinamarca 19 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 38.704
Árbitro: Jorge Larrionda (Dinamarca)
Eto'o   10' Informe
Bendtner   33'
Rommedahl   61'
 


Dinamarca 1 - 3 Xapón 24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 27.967
Árbitro: Jerome Damon (Suráfrica)
Tomasson   81' Informe
Honda   17'
Endō   30'
Okazaki   87'
 
Camerún 1 - 2 Países Baixos 24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 63.093
Árbitro: Pablo Pozo (Chile)
Eto'o   65' (pen.) Informe
van Persie   36'
Huntelaar   84'
 

Grupo F editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Paraguai 5 3 1 2 0 3 1 +2
  Eslovaquia 4 3 1 1 1 4 5 -1
  Nova Zelandia 3 3 0 3 0 2 2 0
  Italia 2 3 0 2 1 4 5 -1


Italia 1 - 1 Paraguai 14 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 62.869
Árbitro: Benito Archundia (México)
De Rossi   63' Informe
Alcaraz   39'
 
Nova Zelandia 1 - 1 Eslovaquia 15 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 23.871
Árbitro: Jerome Damon (Suráfrica)
Reid   90+3' Informe
Vittek   50'
 


Eslovaquia 0 - 2 Paraguai 20 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 26.643
Árbitro: Eddy Maillet (Seychelles)
Informe
Vera   27'
Riveros   86'
 
Italia 1 - 1 Nova Zelandia 20 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 38.229
Árbitro: Carlos Batres (Guatemala)
Iaquinta   29' (pen.) Informe
Smeltz   7'
 


Eslovaquia 3 - 2 Italia 24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 53.412
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Vittek   25'   73'
Kopúnek   89'
Informe
Di Natale   81'
Quagliarella   90+2'
 
Paraguai 0 - 0 Nova Zelandia 24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 34.850
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Informe
 

Grupo G editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Brasil 7 3 2 1 0 5 2 +3
  Portugal 5 3 1 2 0 7 0 +7
  Costa do Marfil 4 3 1 1 1 4 3 +1
  Corea do Norte 0 3 0 0 3 1 12 -11


Costa do Marfil 0 - 0 Portugal 15 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 37.034
Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai)
Informe
 
Brasil 2 - 1 Corea do Norte 15 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 37.034
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Maicon   59'
Elano   72'
Informe
Ji Yun-Nam   89'
 


Brasil 3 - 1 Costa do Marfil 20 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.455
Árbitro: Stephane Lannoy (Francia)
Luís Fabiano   25'   50'
Elano   62'
Informe
Drogba   79'
 
Portugal 7 - 0 Corea do Norte 21 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 63.644
Árbitro: Pablo Pozo (Chile)
Meireles   29'
Simão   53'
Almeida   56'
Tiago   60'   89'
Liédson   81'
Ronaldo   87'
Informe
 


Portugal 0 - 0 Brasil 25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.712
Árbitro: Benito Archundia (México)
Informe
 
Corea do Norte 0 - 3 Costa do Marfil 25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 34.763
Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España)
Informe
Y. Touré   14'
Romaric   20'
Kalou   82'
 

Grupo H editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  España 6 3 2 0 1 4 2 +2
  Chile 6 3 2 0 1 3 2 +1
  Suíza 4 3 1 1 1 1 1 0
  Honduras 1 3 0 1 2 0 3 -3


Honduras 0 - 1 Chile 16 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 32.664
Árbitro: Eddy Maillet (Seychelles)
Informe
Beausejour   34'
 
España 0 - 1 Suíza 16 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.453
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Informe
Fernandes   52'
 


Chile 1 - 0 Suíza 21 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 34.872
Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudita)
González   75' Informe
 
España 2 - 0 Honduras 21 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 54.386
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Villa   17'   51' Informe
 


Chile 1 - 2 España 25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 41.958
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Millar   47' Informe
Villa   24'
Iniesta   37'
 
Suíza 0 - 0 Honduras 25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 28.042
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Informe
 

Segunda fase editar


Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
                           
Porto Elizabeth, 26 de xuño            
   Uruguai  2
Xohanesburgo, 2 de xullo
   Corea do Sur  1  
   Uruguai  1(4)
Rustenburg, 26 de xuño
     Ghana  1(2)  
   Estados Unidos  1
Cidade do Cabo, 6 de xullo
   Ghana  2  
   Uruguai  2
Durban, 28 de xuño
     Países Baixos  3  
   Países Baixos  2
Porto Elizabeth, 2 de xullo
   Eslovaquia  1  
   Países Baixos  2
Xohanesburgo, 28 de xuño
     Brasil Brasil  1  
   Brasil  3
Xohanesburgo, 11 de xullo
   Chile  0  
   Países Baixos  0
Xohanesburgo, 27 de xuño
     España  1
   Arxentina  3
Cidade do Cabo, 3 de xullo
   México  1  
   Arxentina  0
Bloemfontein, 27 de xuño
     Alemaña  4  
   Alemaña  4
Durban, 7 de xullo
   Inglaterra  1  
   Alemaña  0
Pretoria, 29 de xuño
     España  1   Terceiro posto
   Paraguai  0(5)
Xohanesburgo, 3 de xullo Porto Elizabeth, 10 de xullo
   Xapón  0(3)  
   Paraguai  0    Uruguai  2
Cidade do Cabo, 29 de xuño
     España  1      Alemaña  3
   España  1
   Portugal  0  

Oitavos de final editar

Uruguai 2 - 1 Corea do Sur 26 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 30.597
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Suárez   8'   80' Informe
Lee C-Y   68'
 
Estados Unidos 1 - 2 Ghana 26 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 34.976
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Donovan   62' (pen.) Informe
K. Boateng   5'
Gyan   93'
 


Alemaña 4 - 1 Inglaterra 27 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 32.652
Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai)
Klose   20'
Podolski   32'
Müller   67'   70'
Informe
Upson   37'
 
Arxentina 3 - 1 México 27 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.377
Árbitro: Roberto Rosetti (Italia)
Tévez   26'   52'
Higuaín   33'
Informe
Hernández   71'
 


Países Baixos 2 - 1 Eslovaquia 28 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 61.962
Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España)
Robben   18'
Sneijder   84'
Informe
Vittek   90+4' (pen.)
 
Brasil 3 - 0 Chile 28 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 54.096
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Juan   34'
Luís Fabiano   38'
Robinho   59'
Informe
 


Paraguai 0 - 0
(Penaltis 5 - 3)
Xapón 29 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 36.742
Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica)
Barreto  
Barrios  
Riveros  
Valdez  
Cardozo  
Informe
  Endō
  Hasebe
  Komano
  Honda
 
España 1 - 0 Portugal 29 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 62.955
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Villa   63' Informe
 

Cuartos de final editar

Países Baixos 2 - 1 Brasil 2 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 40.186
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Melo   53' (p.m.)
Sneijder   68'
Informe
Robinho   10'
 
Uruguai 1 - 1
(Penaltis 4 - 2)
Ghana 2 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.017
Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal)
Forlán   55'

Forlán  
Victorino  
Scotti  
Pereira  
Abreu  
Informe
Muntari   45+2'

  Gyan
  Appiah
  Mensah
  Adiyiah
 


Arxentina 0 - 4 Alemaña 3 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 64.100
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
Müller   3'
Klose   68'   89'
Friedrich   74'
 
Paraguai 0 - 1 España 3 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 55.359
Árbitro: Carlos Batres (Guatemala)
Informe
Villa   83'
 

Semifinais editar

Uruguai 2 - 3 Países Baixos 6 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 62.479
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Forlán   41'
M. Pereira   90+2'
Informe
Van Bronckhorst   18'
Sneijder   70'
Robben   73'
 
Alemaña 0 - 1 España 7 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 60.960
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Informe
Puyol   73'
 

Terceiro posto editar

Uruguai 2 - 3 Alemaña 10 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 36.254
Árbitro: Benito Archundia (México)
Cavani   28'
Forlán   51'
Informe
Müller   19'
Jansen   56'
Khedira   82'
 

Final editar

 
Bandeiras dos Países Baixos e España durante a final

A Final do Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010 disputouse o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu infrecuente número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.[21]

Ambos equipos participantes, Países Baixos e España, competían por acadar o seu primeiro título de Campión do Mundo, xa que a selección neerlandesa xogara anteriormente sen éxito as finais de 1974 e 1978 e a española nunca conseguira chegar a unha, sendo o seu mellor posto até ese intre o cuarto acadado no mundial de Brasil 1950. Esta final foi a segunda consecutiva que enfrontaba a equipos europeos e a primeira vez que un equipo dese continente a gañaba fóra do mesmo.


Países Baixos 0 - 1 España 11 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.490
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Informe
Iniesta   116'
 

Premios e recoñecementos editar

Bota de Ouro editar

Para a designación do gañador da bota de ouro, tomáronse en conta en primeira instancia os goles (GF), seguido polas asistencias de goles realizadas (AST) e finalmente a menor cantidade de minutos xogados (MIN).[22].

 
Thomas Müller
Xogador Selección GF AST MIN
  Thomas Müller   Alemaña 5 3 473'
  David Villa   España 5 1 635'
  Wesley Sneijder   Países Baixos 5 1 652'
Diego Forlán   Uruguai 5 1 654'
Gonzalo Higuaín   Arxentina 4 0 341'
Róbert Vittek   Eslovaquia 4 0 353'
Miroslav Klose   Alemaña 4 0 357'
Luis Suárez   Uruguai 3 2 543'
Landon Donovan   Estados Unidos 3 0 390'
Luís Fabiano   Brasil 3 0 418'
Asamoah Gyan   Ghana 3 0 501'

Balón de Ouro editar

O Balón de Ouro, que distingue ao mellor xogador de cada Copa Mundial, foille outorgado ao dianteiro uruguaio Diego Forlán, quen marcou cinco goles no torneo. Recibiu 23,4% dos votos das persoas acreditadas para este mundial, deixando atrás ao centrocampista neerlandés Wesley Sneijder e ao español David Villa.

 
Diego Forlán
Xogador Selección Votos
  Diego Forlán   Uruguai 23,4%
  Wesley Sneijder   Países Baixos 21,8%
  David Villa   España 16,9%
Asamoah Gyan   Ghana
Andrés Iniesta   España
Lionel Messi   Arxentina
Mesut Özil   Alemaña
Arjen Robben   Países Baixos
Bastian Schweinsteiger   Alemaña
Xavi Hernández   España

Equipo das estrelas editar

A FIFA divulgou o equipo ideal do torneo, o cal foi escollido mediante votación polos membros do club en FIFA.com.[23]

Porteiros Defensas Centrocampistas Dianteiros

  Iker Casillas

  Sergio Ramos
  Maicon
  Carles Puyol
  Philipp Lahm

  Wesley Sneijder
  Xavi Hernández
  Andrés Iniesta
  Bastian Schweinsteiger

  David Villa
  Diego Forlán

Outros premios editar

Estatísticas editar

 
Suráfrica - México
 
Inglaterra - Alxeria
 
Brasil - Chile
 
España - Portugal
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
1   España 18 7 6 0 1 8 2 6 85,7%
2   Países Baixos 18 7 6 0 1 12 6 6 85,7%
3   Alemaña 15 7 5 0 2 16 5 11 71,4%
4   Uruguai 11 7 3 2 2 11 8 3 52,4%
5   Arxentina 12 5 4 0 1 10 6 4 80,0%
6   Brasil 10 5 3 1 1 9 4 5 66,7%
7   Ghana 8 5 2 2 1 5 4 1 53,3%
8   Paraguai 6 5 1 3 1 3 2 1 40,0%
9   Xapón 7 4 2 1 1 4 2 2 58,3%
10   Chile 6 4 2 0 2 3 5 -2 50,0%
11   Portugal 5 4 1 2 1 7 1 6 41,7%
12   Estados Unidos 5 4 1 2 1 5 5 0 41,7%
13   Inglaterra 5 4 1 2 1 3 5 -2 41,7%
14   México 4 4 1 1 2 4 5 -1 33,3%
15   Corea do Sur 4 4 1 1 2 6 8 -2 33,3%
16   Eslovaquia 4 4 1 1 2 5 7 -2 33,3%
17   Costa do Marfil 4 3 1 1 1 4 3 1 44,4%
18   Eslovenia 4 3 1 1 1 3 3 0 44,4%
19   Suíza 4 3 1 1 1 1 1 0 44,4%
20   Suráfrica 4 3 1 1 1 3 5 -2 44,4%
21   Australia 4 3 1 1 1 3 6 -3 44,4%
22   Nova Zelandia 3 3 0 3 0 2 2 0 33,3%
23   Serbia 3 3 1 0 2 2 3 -1 33,3%
24   Dinamarca 3 3 1 0 2 3 6 -3 33,3%
25   Grecia 3 3 1 0 2 2 5 -3 33,3%
26   Italia 2 3 0 2 1 4 5 -1 22,2%
27   Nixeria 1 3 0 1 2 3 5 -2 11,1%
28   Alxeria 1 3 0 1 2 0 2 -2 11,1%
29   Francia 1 3 0 1 2 1 4 -3 11,1%
30   Honduras 1 3 0 1 2 0 3 -3 11,1%
31   Camerún 0 3 0 0 3 2 5 -3 0,0%
32   Corea do Norte 0 3 0 0 3 1 12 -11 0,0%

Notas editar

  1. "Libya: Israel not welcome". Arquivado dende o orixinal o 13-10-2007. Consultado o 09-06-2010. 
  2. "Suráfrica e Marrocos disputan sede mundial 2010". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  3. Suráfrica albergará o Mundial de fútbol 2010
  4. "FIFA statement on FAI request". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2009. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  5. "Blatter apologises over comments". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2009. Consultado o 06 de decembro de 2009. 
  6. "Blatter: we need goal line officials at World Cup". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2009. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  7. FIFA reject extra referees proposal
  8. "SA faces R8.4bn stadium bill". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2006. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  9. Doubt over South Africa 2010
  10. Beckenbauer issues 2010 warning
  11. A FIFA ten un "Plan B" para Suráfrica 2010[Ligazón morta]
  12. Australia pode relevar a Suráfrica
  13. "SA will host 2010 World Cup, says Blatter". www.iol.co.za (en inglés). Consultado o 2020-04-04. 
  14. Suráfrica será a sede do Mundial, non hai plan B
  15. A nova mascota do mundial
  16. "Jabulani", presentado en sociedade
  17. Adidas "Jabulani" Official Match Ball of the 2010 FIFA World Cup
  18. O Jo'bulani será o balón da final do Mundial
  19. Mundial Suráfrica 2010: 10 cousas que non sabías do polbo Paul
  20. "Paul predicts Germany loss against Spain". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2010. 
  21. Spain lauded, Dutch castigated for 'brutal' World Cup final
  22. "Resultados da Bota de Ouro". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2010. 
  23. "O once ideal dos usuarios". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar