Selección de fútbol do Uruguai

selección de fútbol do Uruguai

A selección de fútbol do Uruguai é o equipo representativo do Uruguai en diferentes competicións internacionais de fútbol. Está xestionada pola Asociación Uruguaia de Fútbol, membro da Conmebol (Confederación Suramericana de Fútbol), sendo o país máis pequeno asociado a ela. A selección ocupa actualmente o quinto posto na clasificación mundial da FIFA.

Uruguai
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Asociación Uruguaia de Fútbol — AUF
Confederación CONMEBOL (Suramérica)
Código FIFA URU
Alcume Charrúas
Clasificación FIFA 5 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Uruguai Óscar Tabárez
Máis encontros Diego Godín (135)
Máximo goleador Luis Suárez (59)
Estrea internacional
Uruguai Uruguai 2 − 3 Arxentina Arxentina
Montevideo, o Uruguai; 16 de maio de 1901
Maior vitoria
Uruguai Uruguai 9 − 0 Bolivia Bolivia
Lima, o Perú; 9 de novembro de 1927
Maior derrota
Uruguai Uruguai 0 − 6 Arxentina Arxentina
Montevideo, o Uruguai; 20 de xullo de 1902
Copa do Mundo
Participacións 13 (primeira en 1930)
Mellor resultado Campións (1930, 1950)
Copa América
Participacións 44 (1916)
Mellor resultado Campións (1916, 1917, 1920, 1923, 1924, 1926, 1935, 1942, 1956, 1959, 1967, 1983, 1987, 1995, 2011)

O equipo ao longo da súa historia gañou até en dúas ocasión a Copa do Mundo de Fútbol de FIFA, icluíndo a súa primeira edición na que foron o equipo anfitrión e tras vencer a Arxentina por 4 a 2 na final. Vinte anos despois La Celeste (alcume da seleeción, do castelán: A Celeste) no mundial do Brasil 1950, conseguiu de novo o título tras vencer á favorita, o Brasil, por 2-1 na final, nun episodio que se coñece como o Maracanazo. Ademais de dous títulos mundiais os uruguaios tamén acadaron a vitoria nos torneos de fútbol dos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928, celebrados antes da creación dos mundiais. Así pois, en total a selección ten gañado ao longo da súa historia dezanove títulos oficiais (rexistro compartido coa Arxentina): 2 Copa do Mundo de Fútbol, 2 Xogos Olímpicos, 14 Copa América e o Mundialito.

Historia editar

O Uruguai é un dos equipos máis exitosos do mundo, xa que conquistou dezanove competicións oficiais, xa sexan recoñecidas pola FIFA ou por outras Confederacións. Trátase de dúas edicións da Copa Mundial de Fútbol, dúas edicións dos Xogos Olímpicos, unha Copa de Ouro de Campións Mundiais, tamén chamada Mundialito, e catorce edicións da Copa América. Historicamente o fútbol foi un elemento fundamental no que refire ao afianzamento da nacionalidade uruguaia e á proxección internacional da imaxe do Uruguai como país, nos comezos do século XX.[1]

Foi ademais a primeira selección, xunto á da Arxentina, en xogar un partido internacional fóra das Illas Británicas, concretamente o 16 de maio de 1901 en Montevideo, con triunfo arxentino por 3 a 2. Un antecedente indica que habería outro partido anterior, aínda que non coas seleccións de cada país, senón con seleccións de cada capital, Bos Aires e Montevideo, o 15 de agosto de 1889, onde dous equipos representativos das capitais de ámbolos países enfrontáronse en conmemoración do setenta aniversario da raíña Vitoria de Inglaterra. Supostamente o partido tivo lugar no chamado New Ground de La Blanqueada e terminou co triunfo do conxunto arxentino por 3 a 0.[2]

O alcume da selección, "La Celeste" (do castelán: A Celeste), provén da primeira vitoria internacional do equipo o 15 de agosto de 1910 por 3 a 1, sendo este xustamente o primeiro partido no que empregou a súa camiseta celeste, adoptada como emblema nacional en recoñecemento ao triunfo que pouco antes conseguira o River Plate uruguaio ante o poderoso Alumni arxentino por 2 a 1 con eses mesmas cores. Posteriormente, a selección uruguaia sería a primeira campioa do continente derrotando aos arxentinos na final da Copa América 1916, disputada na cidade de Bos Aires.

A nivel mundial, o Uruguai comezou a brillar de xeito temperán cando alcanzou as medallas douradas nos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928. A Selección uruguaia cegou en Europa coas súas presentacións olímpicas e gañouse a admiración e o respecto do universo deportivo, colocando ao fútbol suramericano no máis alto plano de consideración nunha época en que devandito continente era aínda ignorado no mapa internacional do fútbol.[3] Durante 76 anos, o Uruguai foi o único país suramericano en ocupar o máximo sitial olímpico, honra actualmente compartida coa Arxentina que dende Atenas 2004 é medalla de ouro, repetindo o logro nos últimos xogos de Pequín 2008. A diferenza é que desde 1930 os títulos olímpicos do fútbol non valen un campionato do Mundo como aqueles. Por iso, o Uruguai recoñécese a si mesmo como tetra-campión do Mundo, e de aí o mantén as catro estrelas no escudo da súa camiseta.

O Uruguai, como Bicampión olímpico, foi elixido para celebrar a primeira Copa Mundial de Fútbol de 1930. Neste torneo, derrotou novamente á Arxentina, por 4-2, alzándose como o primeiro gañador da Copa do Mundo neste deporte. En 1950, o Uruguai confirmou a súa estirpe triunfal derrotando ó Brasil na final da Copa Mundial de Fútbol de 1950. Este evento mítico é coñecido mundialmente como o Maracanazo, un logro deportivo histórico e un dos momentos máis dramáticos e inesquecibles da historia do fútbol. Anos despois, "La Celeste" volveu estar en semifinais dun Mundial de en 1954 e 1970 mais sen a mesma sorte.

A partir de entón, aínda que a nivel continental o fútbol uruguaio seguiu conquistando títulos até mediados dos anos noventa, a nivel Mundial a selección uruguaia non volveu a acadar os resultados de antaño, aínda que en 2010 volveu a acadar as semininais dun mundial, rematando finalmente no cuarto posto. Así e todo, en 1980, o equipo uruguaio consagrouse campión do único e máximo torneo oficial até o momento, a Copa de Ouro de Campións Mundiais, mellor coñecida como Mundialito, torneo organizado pola FIFA que reuniu a todos os Campións do Mundo, fóra de Inglaterra, que se negou a participar, substituída polos Países Baixos, para celebrar o cincuentenario da primeira edición dos campionatos mundiais, que se desenvolveu no Uruguai en 1930. A selección do Uruguai destacouse futbolisticamente tanto a nivel mundial como a nivel continental, compartindo coa Arxentina o primeiro lugar en cantidade de Copas América, ambos con 14, seguidos polo Brasil, con 8. É un dos equipos con máis trofeos do fútbol mundial, o que é aínda máis destacable nun país cunha poboación que apenas supera o tres millóns de habitantes.

Uniforme editar

Local editar

Desde o primeiro partido internacional, en 1901, até 1910, o Uruguai non tivo un uniforme oficial. O primeiro partido xogouno co uniforme do club montevideano Albion FC. Durante ese tempo "experimentou" cunha gran cantidade de uniformes, ata que en 1910, con motivo de disputarse VI Copa Lipton fronte á selección de fútbol da Arxentina, esta comunicou oficialmente que adoptara o uniforme celeste e branco. Ante isto o delegado do Montevideo Wanderers, Ricardo Le Bas, propuxo que o Uruguai adoptase así mesmo un uniforme oficial, pero quen fixo súa a moción foi Héctor Rivadavia Gómez, quen naquela época era o diregente da liga Uruguaia de Football. Por ese entón o River Plate FC de Montevideo, tras obter por segunda vez o Campionato Uruguaio de Fútbol, venceu ao equipo porteño Alumni, xogando co seu uniforme alternativo de cor celeste. Debido a este logro, a selección uruguaia adquiriu esa cor para o seu uniforme

 
 
 
 
 
 
 
 
1889


 
 
 
 
 
 
1901


 
 
 
 
 
 
1901 – 1910


 
 
 
 
 
1901 – 1910


 
 
 
 
 
 
 
 
1901 – 1910


 
 
 
 
 
 
 
 
1901 – 1910


 
 
 
 
 
1901–1910


 
 
 
 
 
1910–1934


 
 
 
 
 
1935


 
 
 
 
 
1936–1990


 
 
 
 
 
1991–1996


 
 
 
 
 
1997–2009


 
 
 
 
 
 
 
 
Dende 2010


Indumentaria
Período Provedor
1978-1984 Adidas
1984-1987 Le Coq Sportif
1987-1991 Puma
1992-1998 NR
1998-2004 FUF
2004-2006 Uhlsport
Dende 2007 Puma

Visitante editar

A camiseta de alternativa de cor vermella foi utilizada por primeira vez durante o Campionato Suramericano de 1935, tamén coñecido como o Suramericano de Santa Beatriz. O último partido do devandito torneo foi disputado o 27 de xaneiro de 1935 entre a Arxentina, que xogou con camiseta de cor branca; e o Uruguai, con camiseta vermella. Os charrúas lograron a vitoria por 3 a 0 e o título suramericano. A camiseta de alternativa vermella foi adoptada formalmente en 1991.

Anterior a 1991 no mundial de 1970 contra Italia por exemplo, utilizouse unha camiseta de alternativa cor branca. Esta utilizouse tamén no mundial de México 1986, na Copa América 1987, na Copa América 1989, no mundial de Italia 1990 e no mundial de Suráfrica 2010 na vitoria por 3 tantos contra 0 ante o país organizador durante a fase de grupos.

 
 
 
 
 


 
 
 
 
 


Resultados editar

Enfrontamentos en Mundiais editar

Partidos da Copa do Mundo (por equipo)
Total: 47 partidos xogados – 18 vitorias – 12 empates – 17 derrotas – 76 goles favor – 65 goles contra
Equipo PX V E D GF GC Equipo PX V E D GF GC Equipo PX V E D GF GC
  Francia 3 1 2 0 2 1   Colombia 1 1 0 0 2 1   Israel 1 1 0 0 2 0
  Suecia 3 1 0 2 3 6   Unión Soviética 2 1 0 1 2 2   Perú 1 1 0 0 1 0
  Alemaña Federal 3 0 1 2 1 6   España 2 0 2 0 2 2   Senegal 1 0 1 0 3 3
  Corea do Sur 2 2 0 0 3 1   Italia 2 0 1 1 0 2   Bulgaria 1 0 1 0 1 1
  Escocia 2 1 1 0 7 0   Países Baixos 2 0 0 2 2 5   Ghana 1 0 1 0 1 1
  Inglaterra 2 1 1 0 4 2   Dinamarca 2 0 0 2 2 8   Alemaña 1 0 0 1 2 3
  México 2 1 1 0 1 0   Bolivia 1 1 0 0 8 0   Hungría 1 0 0 1 2 4
  Arxentina 2 1 0 1 4 3   Romanía 1 1 0 0 4 0   Austria 1 0 0 1 1 3
  Brasil 2 1 0 1 3 4   Suráfrica 1 1 0 0 3 0   Bélxica 1 0 0 1 1 3
  Iugoslavia 2 1 0 1 7 4   República Checa 1 1 0 0 2 0

Xogadores editar

Máis partidos disputados editar

Actualizado a 13 de novembro de 2017

# Nome Período Partidos Goles
1 Maximiliamo Pereira 2005-Presente 124 4
2 Diego Godín 2008-Presente 113 8
3 Diego Forlán 2002-2014 112 36
4 Diego Pérez 2001-Presente 84 1
5 Diego Lugano 2003-Presente 82 8
6 Rodolfo Rodríguez 1976-1986 78 -
7 Fabián Carini 1999-2009 74 -
8 Enzo Francescoli 1982-1997 73 17
10 Sebastián Abreu 1996-2013 70 26
9 Álvaro Recoba 1995-2007 69 11
Ángel Romano 1911-1927 69 28
11 Pablo García 1997-2007 66 2

Máximos goleadores da selección editar

Actualizado a 13 de novembro de 2017.

 
Luis Suárez, xogador con mellor media anotadora da selección.
# Xogador Período Goles (partidos) Media
1 Luis Suárez 2007-Presente 49 (99) 0,50
2 Edison Cavani 2008-Presente 40 (96) 0,50
3 Diego Forlán 2002-2014 36 (112) 0,33
4 Héctor Scarone 1917-1930 31 (52) 0,60
5 Ángel Romano 1911-1927 28 (69) 0,41
6 Óscar Míguez 1950-1958 27 (39) 0,69
7 Sebastián Abreu 1996-2013 26 (70) 0,37
8 Pedro Petrone 1923-1930 24 (29) 0,83
9 Fernando Morena 1971-1983 22 (53) 0,42
Carlos Alberto Aguilera 1982-1997 22 (64) 0,34
10 José Piendibene 1909-1921 20 (40) 0,50

Adestradores editar

Período Adestrador
1916   Jorge Pacheco
  Alfredo Foglino
19171918   Julián Bértola
19191920   Severino Castillo
19201922   Ernesto Fígoli
19221923   Pedro Olivieri
19231924   Leonardo De Lucca
19241926   Ernesto Meliante
1926   Andrés Mazali
  Ernesto Fígoli
19271928   Luis Grecco
19281932   Alberto Supicci
19321933   Raúl Blanco
19331941   Alberto Supicci
19411942   Pedro Cea
19421945   José Nasazzi
19451946   Aníbal Tejada
1946   Guzmán Vila Gomensoro
Período Adestrador
19461955   Juan López
1955   Juan Carlos Corazzo
19551957   Hugo Bagnulo
19571959   Juan López
1959   Héctor Castro
19591961   Juan Carlos Corazzo
19611962   Enrique Fernández
19621964   Juan Carlos Corazzo
19641965   Rafael Milans
19651967   Ondino Viera
19671969   Enrique Fernández
19691970   Juan Hohberg
19701973   Hugo Bagnulo
19741974   Roberto Porta
19741975   Juan Schiaffino
19751977   José María Rodríguez
1977   Juan Hohberg
Período Adestrador
19771979   Raúl Bentancor
19791982   Roque Máspoli
19821987   Omar Borrás
19871988   Roberto Fleitas
19881990   Oscar Tabárez
19901993   Luis Cubilla
19931994   Ildo Maneiro
19941996   Héctor Núñez
19961997   Juan Ahuntchaín
19971998   Roque Máspoli
19982000   Víctor Púa
20002001   Daniel Passarella
20012003   Víctor Púa
20032004   Juan Ramón Carrasco
20042006   Jorge Fossati
2006   Oscar Tabárez

Notas editar

  1. "www.auf.org.uy Selección nacional". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2008. Consultado o 22 de xullo de 2010. 
  2. "Historia do Fútbol Arxentino". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2010. Consultado o 22 de xullo de 2010. 
  3. Centenario da AUF: 100 anos de gloria[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar