Xogos Olímpicos de 1928
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Os Xogos da IX Olimpíada realizáronse en 1928 na cidade de Ámsterdan (Países Baixos), nun clima de paz e prosperidade que viría a anteceder vinte anos de guerras e incertezas económicas, entre o 17 de maio e o 12 de agosto, coa participación de 3014 atletas, entre eles 290 mulleres, representando a 46 países, dous máis que os Xogos anteriores, disputando dezasete modalidades deportivas.
![]() | |
Sede | Ámsterdam, Países Baixos |
---|---|
Nacións | 46 |
Atletas | 2 883 (2 606 homes, 277 mulleres) |
Eventos | 109 en 14 deportes (20 disciplinas) |
Apertura | 28 de xullo de 1928 |
Clasura | 12 de agosto de 1928 |
Inaugurado por | Henrique de Mecklemburgo-Schwerin[1] |
Estadio | Olympisch Stadion |
Nestes Xogos, as mulleres puideron finalmente competir no Atletismo.
O nivel de competividade aumentou, coa volta ós Xogos Olímpicos dos países derrotados na primeira guerra mundial e até entón prohibidos de participaren: Alemaña, Austria, Hungría e Bulgaria.
Os Xogos de Ámsterdan marcan os primeiros Xogos sen a presenza e a lideranza de Pierre de Coubertin, que, doente, non compareceu, permanecendo no seu refuxio en Suíza.
A cerimonia de apertura foi realizada de maneira grandiosa no belo estadio Olympisch, construído para os Xogos, con lugar para 65.000 espectadores. O mundo viu por primeira vez a chama olímpica no estadio, traída de Olímpia especialmente para a ocasión.
Modalidades disputadasEditar
Cadro de medallasEditar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 22 | 18 | 16 | 56 |
2 | Alemaña | 10 | 7 | 14 | 31 |
3 | Finlandia | 8 | 8 | 9 | 25 |
4 | Suecia | 7 | 6 | 12 | 25 |
5 | Italia | 7 | 5 | 7 | 19 |
6 | Suíza | 7 | 4 | 4 | 15 |
7 | Francia | 6 | 10 | 5 | 21 |
8 | Países Baixos | 6 | 9 | 4 | 19 |
9 | Hungría | 4 | 5 | 0 | 9 |
10 | Canadá | 4 | 4 | 7 | 15 |
NotasEditar
- ↑ "Factsheet – Opening Ceremony of the Games f the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de 1928 |