Hóckey sobre herba

deporte de equipo practicado sobre herba
(Redirección desde «Hóquei sobre herba»)

O hóckey sobre herba[1] é un deporte practicado por dous equipos de once xogadores. Un partido divídese en catro tempos de 15 minutos, con 15 minutos de intervalo na metade, dous minutos despois dos primeiro e terceiro tempo; dispútase sobre un rectángulo cunha portería en cada extremo. O obxectivo do xogo é tentar marcar o maior número de goles posíbeis, conducindo a bóla por medio dun stick.

Xogo de hóckey nos Xogos Olímpicos de 1908.

Historia

editar

O deporte foi creado polos ingleses a finais do século XIX, aínda que a tradición remonta a súa orixe á Persia de hai milenios. Por iso o deporte se popularizou nas colonias británicas, a mediados do século XX, mesmo sendo prohibido por interferir no adestramento dos arqueiros, responsábeis da defensa nacional.[2][3]

As seleccións masculinas da India e Paquistán foron ata o inicico da década de 1980 as grandes potencias do hóckey. Dende entón o deporte pasou a ser máis populares nos cinco continentes e algunhas nacións que destacan son Alemaña, Australia, a Arxentina, a China e os Países Baixos.[4]

Regras

editar
 
Campo oficial de hóckey sobre herba

Un partido de hóckey sobre herba consiste en catro tempos de 15 minutos cada un, durante os ques dous equipos de once xogadores tentan marcar o maior número de goles posíbel. Os goles márcanse cando a bóla, que só pode ser tocada co lado plano do stick, atravesa totalmente a liña do gol adversario despois de ser tocada polo taco dun atacante dentro da área de chute (un semicírculo marcado a 15 metros do gol).[5][6]

O stick

editar

O taco é xeralmente moi longo, xeralmente feito de madeira ou de fibra de carbono. Os sticks poden pesar ata 7,374 quilogramos-forza, variando de lonxitude, tipo de construción e curvatura de acordo coa preferencia do xogador.

A bóla

editar

A bóla está feita de plástico e cortiza con 7 cm de diámetro e pesa 170 gramos.

O campo

editar

O campo ten 91,40 metros de lonxitude e 55 metros de largura, dividido por unha liña central e con outra a 23 metros de cada liña de fondo. A portería ten 2,14 metros de altura e 3,66 metros de largura.[7]

Regras

editar

Unha característica única do hóckey sobre herba é a regra de obstrución. Na maioría dos outros deportes protexer a bóla co corpo non só está permitido senón que forma parte da estratexia do xogador. No hóckey sobre herba, pola contra, protexer a bóla co corpo só se permite cando a bóla está en movemento. Desta forma todos os xogadores teñen a mesma oportunidade de ter o control da bóla cando hai un caneo ou un pase.

Outras infraccións inclúen tocar a bóla con algunha parte do corpo (só se lle permite ao porteiro tocar a bóla coas mans ou coas pernas), empregar o stick de maneira perigosa e lanzar a bóla perigosamente na dirección dalgún xogador.[5]

Penalidades

editar

Normalmente, cando se marca unha infracción, o equipo que a sufriu ten dereito a un tiro libre do lugar onde esta foi marcada. No entanto, se a falta acontecer dentro da área de chute, ou se tratar dunha falta intencional da defensa, atrás da súa liña de 23 metros, márcase un penalti-córner.

O penalti-córner é un tiro libre do ataque, batido da liña de fondo a unha distancia de 10 metros do poste do gol, debendo todo atacante estar fóra da área de chute. Soamente cinco defensores poden ficar atrás da liña de fondo, mentres que os outros deben ficar atrás da liña do medio de campo. A vantaxe é toda do ataque, que precisa só que a bóla saia da área de remate antes de lanzala ao gol e para tal realiza unha serie de xogadas previamente ensaiadas para eludir os defensores.[5]

Calquera falta intencional marcada dentro da área de chute resulta en penalti a favor do ataque. O penalti lánzase a unha distancia de 6,4 metros do gol e o xogador só poderá dar un paso para empurrar a bóla (non se permite batela no penalti) en dirección ao gol, despois de autorizado polo árbitro.

Con relación ás faltas, os árbitros poden punir os xogadores con tres tipos de tarxetas, que se aplican de acordo coa gravidade da infracción cometida. A tarxeta verde serve para advertir un xogador pola súa conduta antideportiva. O seguinte nivel é o tarxeta amarela, que leva a unha suspensión temporal do xogador, correspondendo ao árbitro determinar a duración desta. Os xogadores suspendidos deben saír do campo e non poden ser substituídos. En casos extremos o árbitro emprega a tarxeta vermella, que exclúe o xogador para o resto do partido.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hóckey.
  2. "History of Field Hockey | Surfers Field Hockey". www.surfersfieldhockey.com. Arquivado dende o orixinal o 25-11-2020. Consultado o 11-03-2018. 
  3. "Where was field hockey invented? The history of hockey as we know it!". A Hockey World (en inglés). 08-01-2017. Consultado o 11-03-2018. 
  4. "Los Leones y Las Leonas debutarán ante Bélgica en enero venidero por la Pro League". La Nación (en castelán). 06-02-2018. Arquivado dende o orixinal o 24-06-2018. Consultado o 11-03-2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Field Hockey Rules" (PDF). FIH. Consultado o 11-03-2018. 
  6. "How to Choose a Field Hockey Sticks from Longstreth". www.longstreth.com (en inglés). Consultado o 11-03-2018. 
  7. "Hockey Pitches – Basic Information" (PDF). Great Britain Hockey. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12-07-2018. Consultado o 11-03-2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar