Man

extremidade do corpo humano

A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados.

Man
Man esquerda humana
Vea rede venosa dorsal da man
Nervio(s) nervio ulnar, nervio mediano, nervio radial
MeSH Hand

Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.

Tal como nos restantes órganos pares, as mans son simétricas.

A man do ser humano editar

Tamén chamada de Quirodáctilo (debido aos dedos), a man cun dedo oposto aos restantes -o polgar - foi unha adquisición evolutiva (segundo a teoría da evolución) extremadamente importante, pois permitiu a utilización de instrumentos, cos cales poder defenderse máis facilmente e modificar o ambiente que os rodean para sobreviviren mellor.[1].

A man ten 27 ósos principais: 8 no carpo, 5 no metacarpo e 14 falanxes, máis un número variábel de pequenos ósos sesamoides.

Os movementos da man humana débense a dous conxuntos de músculos: os intrínsecos, ou sexa, que se encontran na propia man, e os extrínsecos -os flexores e extensores longos-, que se encontran no antebrazo. Os músculos intrínsecos son os tenares e hipotenares, respectivamente ligados ao 1º e 5º dedos, os músculos interóseos (entre os metacarpianos), catro dorsais e tres volares e os músculos lumbricais. Estes músculos teñen a súa orixe no flexor profundo e caracterízanse por non teren orixe nos ósos.

Os músculos extrínsecos son os dous flexores longos, localizados na parte interna do antebrazo e que se unen por tendóns ás falanxes (moi visíbeis no dorso da man). O flexor profundo únese ás falanxes distais e o flexor superficial ás falanxes medias. Estes músculos son responsábeis da flexión dos dedos. O polgar ten un flexor longo e un curto no grupo de músculos tenares, alén dos músculos opoñente, abdutor e rotador.

Proporción áurea editar

 
O polgar en oposición ós demais dedos permite coller obxectos con facilidade.

A proporción áurea é unha razón presente en varios aspectos da natureza, e equivale aproximadamente a 1,618033. Esta proporción está presente tamén nas mans humanas nas relacións entre :

  • O tamaño dos dedos e a medida da dobra central até a punta
  • A medida da dobra central até a punta dividido e da segunda dobra até a punta.

A man e a cultura humana editar

 
Man, Paolo Monti

A gran capacidade de movementos da man permitiulle ao ser humano desenvolver a lingua de sinais, non só para mellorar a comunicación entre xordos, senón tamén para utilizar en situacións especiais, como no teatro e entre navíos ou persoas que se encontran fóra do alcance do ouvido, mais que se poden ver entre si.

Outra posibilidade (tamén existente nos restantes primates) é a utilización da man como arma, non só fechada nun puño, senón tamén noutras posicións, como nas artes marciais.

A man na cultura popular galega editar

A importancia da man na cultura está patente en moitas expresións como, por exemplo:

  • Coñecer [algo] como a palma da miña man.
  • De segunda man, que xa tivo outro posuidor.
  • Gobernar con man de ferro ou con pulso de ferro.

Notas editar

  1. Edgar Morin, no seu "O Paradigma Perdido" refírese á dialéctica "pé - man - cerebro"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar