Nervio mediano
O nervio mediano é unha rama terminal do plexo braquial. Está formado por dous feixes, un externo que procede do tronco secundario superior, e un interno que procede do tronco secundario inferior. O nervio fórmase na axila, vai pola parte interna do brazo e chega ata o cóbado pola corredoira bicipital. Despois diríxese á rexión anterior do antebrazo e ocupa o espazo entre o flexor común superficial e o flexor común fondo dos dedos. Chega á man entre ambos flexores e pasa a través da corredoira flexora interna. Xa na man dá lugar a seis ramas terminais.
Nervio mediano | |
---|---|
Diagrama da Gray's Anatomy, representanto os nervios periféricos do membro superior, aparecendo o nervio mediano entre outros | |
Latín | nervus medianus |
Gray: | subject #210 938 |
Innervación | Compartimento anterior do antebrazo (con dúas excepcións), Eminencia tenar, lumbricais, pel da man |
Proveniente de: | Fascículo lateral e Fascículo medial |
MeSH | Median+Nerve |
Ramas colaterais
editarSaen do nervio dende axila ata a man.
- Rama sensitiva anastomótica co nervio musculocutáneo.
- Rama sensitiva articular para o cóbado.
- Rama sensitiva cutánea para a parede externa da man.
- Rama motoras: o nervio mediano innerva mediante ramas colaterais motoras aos seguintes músculos:
- Pronador redondo.
- Palmar maior.
- Palmar menor.
- Flexor común superficial dos dedos da man.
- Fascículo externo do flexor común dos dedos.
- Flexor longo do I dedo.
- Pronador cadrado.
Estas ramas constitúen o eixo neuromuscular do nervio mediano no antebrazo.
Ramas terminais
editarAs seis Ramas distribúense pola man:
- Primeira rama: motora pura, innerva aos músculos da eminencia tenar (abdutor curto do I dedo, flexor curto do I dedo, opoñente do I dedo).
- Segunda rama: sensitiva, dá a primeira colateral palmar.
- Terceira rama: dá a segunda colateral palmar.
- Cuarta rama: é mixta, cun compoñente motor para o primeiro músculo lumbrical e cun compoñente sensitivo que son a terceira colateral palmar e dorsal.
- Quinta rama: é mixa, cun compoñente motor para o segundo músculo lumbrical e cun compoñente sensitivo que son a cuarta e quinta colaterais palmares e dorsais.