Cóbado
En anatomía, o cóbado[1] é unha articulación do membro superior. Artella tres ósos: úmero, radio e cúbito. Funcionalmente permite movementos de flexión e extensión.
Cóbado | |
---|---|
cubitus ![]() | |
Instancia de | tipo de subdivisión de organismo quiral e clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | entidade anatómica particular e rexión libre das extremidades superiores ![]() |
Parte de | extremidade superior ![]() |
Irrigado por | arteria interósea recorrente ![]() |
Inervado por | nerve to elbow joint (en) ![]() ![]() |
Composto por
| |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Identificadores | |
MeSH | D004550 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A01.1.00.023 |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Superficies articulares
editar- Úmero: cóndilo umeral, canle cóndilo-troclear e tróclea.
- Radio: cavidade e rebordo glegnoideo.
- Cúbito: apófise coronoide e olecraniana. Tamén cavidades sigmoides maior e menor.
Articulacións do cóbado
editar- Articulación umerocubital: é a articulación establecida entre o cóndilo e canle cóndilo-troclear umerais e a cavidade e rebordo glegnoideo do radio.
- Articulación umerorradial: é a articulación que establecen a tróclea umeral e a epífise superior do cúbito.
Ligamentos articulares
editar- Cápsula articular: bordea todas as superficies articulares.
- Ligamento anterior: recobre a parte anterior da epífise caudal do úmero e chega ata o radio e o cúbito.
- Ligamento posterior: recobre a parte posterior da epífise caudal do úmero e chega ata as apófises coronoidea e oleocraniana do cúbito.
- Ligamento lateral interno: insírese na epitróclea umeral e chega ata o cúbito.
- Ligamento lateral externo: insírese no epicóndilo umeral e chega ata o cúbito.
- Ligamento anular: insírese no cúbito, bordea a cabeza radial e regresa ao cúbito.
- Ligamento de Weitbrecht
Mecánica funcional
editarAs dúas articulacións do cóbado son trocleares funcionalmente, é dicir, poden realizar movementos de flexión e extensión.
Músculos que moven o cóbado
editar- Extensores: tríceps braquial, músculo ancóneo.
- Flexores: braquial anterior, músculo supinador longo e bíceps braquial.
Patoloxía
editarUnha doenza típica do cóbado é a epicondilite.
Imaxes adicioniais
editar-
Radiografia
-
Cápsula do cóbado (distendida). Visión frontal.
-
Cápsula do cóbado (distendida). Visión traseira.
-
Diagrama anatómico.